
Ola amiguiñ@s!
Como vai? Xa sei, levo máis dun mes sen actualizar. Son un desastriño. Pero é que despois do éxito da última actualización... non sabía que poñer. Non podo facer un blog sobre Virita, por moito que algúns queirades!! jejeje. Porque hai moitos temas que tratar nesta vida...
E aproveitando que hoxe é o super debate entre o señor ese que precisa un foniatra e moitas clases de educación para a cidadanía e o señor que compra-vende votos pola tele, voulle dedicar o post ás eleccións e aos probemas que realmente nos preocupan á xente da rúa.
Parece ser que o debate de hoxe pode ser decisivo para o resultado das eleccións. Pese a ser un debate absolutamente pactado, preparado e que vai amosar unicamente as posturas dos dous partidos maioritarios, porque todos sabemos que o que importan son as maiorías. As minorías mellor ignoralas, facer coma que non existen e, se é posible, aplastalas. Para que ter 10 opinións se podemos reducilas a dúas. Do mesmo xeito que para que imos falar dúas linguas se podemos falar só unha.
Por sorte para todas e todos os cidadáns existen xa un par de plataformas que se ocupan polos verdadeiros problemas dos ciddáns. Por fin alguén fala claro e defende ás persoas discriminadas da sociedade, ás persoas que ven día a día como se vulneran e se pisotean os seus dereitos: os castelán falantes en Galiza.
Realmente debe ser difícil falar castelán neste país, educar a un fillo/a en castelán, intentar empregar o castelán en todos os ámbitos (no traballo, na administración pública, na escola, na universidade, no Corte Inglés...). Debe ser moi duro. Debe ser unha loita continua contra prexuízos e discriminacións porque o castelán é de toda a vida a lingua mal vista e peor valorada neste país. Imaxino aos pobres que van a calquera sitio e tentan expresarse en castelán e reciben sempre a resposta en galego e notan que os miran mal ou que comentan polo baixo "este seguro que vota ao PP". Pobres... Basta xa de discriminación!! Liberdade lingüística xa!! Que cada un fale o que queira!! Pode falar castelán e ser boa persoa igual!! Non sexades cabróns e non obriguedes a esa pobre xente a escolarizar aos seus fillos cun 50% de aulas en galego!! Que aberración!
En fin, non sei onde imos parar. Sorte, como dicía, que xa hai plataformas en Galiza que protexen os dereitos de todas e todos nós e reivindican un país máis xusto e igualitario. Oxalá chegue un día en que calquera poida falar castelán en calquera sitio e non sexa discriminado nin sinalado pola lengua empregada. Oxalá...
Por certo, hoxe estiven a ver os spots publicitarios dalgúns partidos. Hainos graciosos, hainos ben feitos, hainos cutres e hainos que dan medo. Gustoume o de Esquerda Unida (que podedes ver se pinchades aquí). Gustoume máis que nada porque resume a súa ideoloxía sen necesidade de nomear a ningún outro partido. Os do PP e os do PSOE non parecen ter ideas propias para amosar nos seus spots, nin sequera unha mensaxe clara. Pobres... como se anunciaría cada un se non existise o outro partido??
A próxima actualización tardará menos dun mes, prometido.
Coidádevos moito e pensade que ides facer o día das eleccións que, como escoitei por aí, algún día os vosos fillos/as preguntaranvos que fixestes para mudar as cousas que non vos gustaban.
Moitos biquiños!! E até outra!
Mariana
25.2.08
Os problemas da cidadanía
16.1.08
Por algunhas non pasan os anos…
Hoxe dedícolle o blog a unha das persoas máis importantes na miña vida: Elvira. Unha muller que como se adoita dicir: “se non existise habería que inventala”.
Non vou dicir de quen é nai, que xa o sabedes todas. E se hai algo que entendín dende o principio é que a Viri non se lle coñece por ser “nai de” senón por ser Ela.
Dedícolle hoxe estas liñas en compensación polo despiste destes días que foi o seu cumpreanos e non a felicitei. Foron os seus 2 cumpreanos, porque a xente realmente especial ten 2, jeje. E ademais ela non celebra o día que completa unha volta ao sol, non, ela celebra o día que un señor a anotou no rexistro. Éche así a Viri.
Pouco podo dicir que non saibades xa as que a coñecedes. É unha persoa única (un regalo do ceo, din) que non alberga no seu pequeno corpo máis que bondade. Xenerosa como ela soa, traballadora como a que máis e preocupada por todas e cada unha das persoas que entran na súa vida (e é moi doado entrar, así que imaxinade canta xente ten na cabeciña e no corazón esta muller!!). Dá sempre o máximo dela mesma, en todo, e nunca agarda recibir nada. Quen ten a sorte de cruzarse con ela no camiño queda abraiada por tanta bondade, xenerosidade e humildade xunta!
Elvira é unha das persoas coa mente máis aberta que coñezo e sorpréndome cada vez que falamos coa súa visión do mundo, que é do máis actual, do máis tolerante, do máis humana que vos poidades imaxinar.
Xunto co seu pai e os seus dous fillos son as persoas máis boas e con mellor corazón que atopei ata agora. Abríronme as portas da súa casa e acolléronme na súa familia dende o principio como a unha máis. Estarei eternamente agradecida por iso e creo que saben que me teñen aquí para o que queiran, SEMPRE.
Ela sabe canto a quero e sabe tamén que a querería moitísimo máis se ela mesma se quixese un pouquechiño e se fixese respetar e lle plantase cara aos conflictos da vida. Porque incluso as persoas de mellor corazón atopan obstáculos cara a súa felicidade e a Elvira ás veces hai que empurrala para que os salte. Gustaríame que se armase de valor e que saltase moi moi alto e que os obstáculos tremesen ao poñerse ao seu lado. Rozaría a perfección. Gustaríame tanto...
Eu seguirei estando ao pé dela e empurrarei cando haxa que empurrar. Porque as persoas que viven preocupadas por facer felices aos demais merecen que haxa xente que se ocupe da súa felicidade. Sei que hai moitas persoas que participan desta tarefa, cada unha á súa maneira. Hai persoas que a fan feliz a diario, hai persoas que lle axudan a saltar os obstáculos, hai persoas que lle ensinan camiños alternativos, máis doados... Eu, á miña maneira, tamén tento axudar. Berro ante a impasividade, turro contra ás inxustizas e discuto ás veces máis do que me gustaría.
Non lembro os cumpreanos, Viri. Se cadra porque para min tampouco son tan importantes. Preferiría saber as datas nas que perdiches seres queridos para lembralas e estar ao teu lado. Ou prefiro falar contigo na cociña e dicirche que estás facendo algunhas cousas mal e que mereces ser feliz máis que ninguén.
Sinto que onte che faltara unha mensaxe. Síntoo de verdade. O que che aseguro que non vai faltar nunca é a miña man para collerte e saltar un obstáculo, nin as miñas orellas para escoitar todo o que teñas que dicir, nin os meus ollos para dicirche coa mirada o contenta que estou de formar parte da túa familia. Cada parte de min vai estar aí para procurar a túa felicidade e a das persoas que máis queres, que tamén son as que quero eu.
Un bico enooooooorme e feliz cumpreanos!!
Foto: Virita en Alemaña. Se ata o boneco ficou namorado!!!
7.1.08
Outro ano sen Colacao
Feliz 2008 a todas! Outra volta ao sol completada. Ben por nós!
Estiven desaparecida pero...xa estou aquí. Hoxe breve. De verdade.
Foto: eu en Berlín, cando axudei a deconstruír o muro.
Lin hai pouco no fotolog dunha amiga:
"Harta de no estar ni con quien ni donde yo quiero, ir a donde no me apetece, escuchar lo que no deseo, ver aquello que me desagrada (...)".
Eu tamén estou farta. Farta de que o bo acabe. De ter que deixar de estar con quen quero e onde quero e ir onde non me apetece a escoitar o que non desexo e a ver cousas que me desagradan. Pois si, "que pare el mundo que yo me bajo".
Uf, que razón tiñas Cuchu... "Si la envidia fuera tiña, cuánto calvo habría..." Canta envexa hai no mundo. Canta xente apodrece por dentro. Como fede! ggrrrrr....
E xente que consideraba intelixente, sorpréndeme actuando con violencia. Pensei que a violencia era a resposta cando non hai palabras. Pero non.
Os capullos seguen a ser capullos, pero os listos fan o capullo máis a miúdo do que adoitaban...
Non quero saír da bóla de neve. Non quero. Non axites que caio. Voume amarrar forte a ver se o consigo...
Para rematar, algo gracioso: unha cita bíblica modificada unha noite no Antonio "de risas, nenooooooo", jejeje:
"El que esté libre de argot que diga la primera movida".
Si, si. Discusión da noite: a ver se aprendemos a falar, que é vergonzoso escoitar como falan as profesoras/es da Universidade por non falarmos das alumnas/os.
Coa pandilla fala como queiras pero para levantar a man e preguntar en clase... pensa o que vas dicir antes e compra un dicionario de sinónimos.
Un bico para todas!! Coidádevos e que todo vos vaia ben neste ano que comeza!!
Mariana
13.12.07
Mensaxe de esperanza, porque estamos en Nadal
Ola xente!
Hoxe voulle dedicar o meu blog a dúas persoas ás que quero moito e coas que teño pasado moi bos momentos. O outro día tivemos unha conversa moi divertida por internet con cámara web incluída. O lado máis positivo das novas tecnoloxías: a comunicación con calquera parte do planeta. Sentirte aínda máis preto da xente á que queres e botas de menos.
Esta parella son Juanjo e Montse e escollín esta foto porque me encanta e porque no fondo son boa persoa e non quería poñer as que nos sacamos o outro día en pixama, jeje. Perdón, Montsiña (como di Aitor) en bata, que é unha señora, jeje.
Montse e Juanjo son unha proba de que existe o amor e de que dúas persoas poden complementarse de tal xeito que sexan aínda mellor xuntas que por separado. Son o equipo perfecto e para min un exemplo de parella. Quérense, respétanse e cóidanse un ao outro, como deberían facelo todas, aínda que por desgraza moitas veces non sexa así. Teñen unha relación sa (que xa é moito dicir nestes tempos) e ademais relaciónanse co resto do mundo (que tamén é raro, jeje).
Por sorte cada vez atopo máis parellas deste tipo. Máis relacións igualitarias, nas que ningún membro somete ao outro. E máis relacións maduras nas que non hai discusións diarias por calquera chorrada de adolescentes de tipo “que facías falando con esa?” ou “como non te lembraches de que hoxe é San Valentín?? Non me queres??”.
Alégrome de ver que a hai xente que quere, que sabe querer e que ademais se deixa querer. Nunha sociedade que tende ao individualismo (no sentido negativo da palabra), ao egocentrismo e ao egoísmo, dá gusto atopar xente que dá sen esperar recibir e que ama sen medo, sen inseguridades, sen barreiras.
Dende aquí un bico moi grande a este par de dous, cos que seguramente coma as uvas un ano máis (con piscina climatizada incluída, espero!!)
Coidádevos moito e seguide queréndovos tan ben!
Apertas a centoooooooos,
Mariana
PS: Recoméndovos unha canción preciosa que fala do amor a primeira vista. Pedro Guerra e Chico Cesar: http://mx.youtube.com/watch?v=aSAjaDCLRtI
9.12.07
Visitas e descubrimentos
Ola amiguiñ@s!
Como andades? Eu ben. Cansa, pero feliz. Estes días tivemos visita. Primeiro Rober, que xa repite. (A ver se algúns e algunhas vos aplicades o conto! Que xa hai xente que está na segunda ronda!!). Pasámolo ben aínda que a visita foi algo accidentada porque Aitor estaba moi liado e tiven que ensinarlle eu soa Alemaña. En fin, para os que me coñecedes isto xa non precisa máis aclaración. Sentido da orientacón nulo, torpeza, mala memoria e pouco dominio do idioma, jeje... así que houbo varias confusións de trens e non sei nin que lle ensinei de cada cidade. Pero Rober é moi abnegado e non protestou nada. Incluso cando se borraron as fotos da súa cámara... Síntoo Rober... Está visto que os aparatos eléctricos me odian así que non sei que fago en Comunicación Audiovisual...
Despois a miña familia veu coñecer Tübingen. E moi ben. Gustoulles todo. Marcharon contentos sobre todo porque viron que estou ben e que é verdade todo o que lles contaba. Alemaña é un gran país.
E a semana que vén: Simposio sobre Rosalía de Castro, así que estaremos atendendo aos convidados/as.
Vida social intensa neste mes.
Sigo na burbulla. Na bóla de neve. Ás veces alguén axita e caen as folerpas. Voan sobre as casas. E sobre min. E ninguén pode romper o cristal. Ninguén. Iso espero...
E nestes días descubrín algunhas cousas. Que dá medo ser tan feliz. Que boto de menos a algunha xente. Que necesito a outra. Que o teléfono marca case sempre os mesmos números. Que podes mirar a alguén sen roupa e desexar pintalo. Que rir deitada presta máis ca rir de pé. Que podo facer que a alguén lle saia o zume de laranxa polo nariz e que é moi desagradable (o que demostra, como di a nai de Santi, que o nariz é un burato só de saída e non de entrada). E que a poesía pode ser divertida. Moi divertida. Déixovos cuns poemas do Colectivo Ronseltz:
Neotrovadorismo (II)
(cantiga de amigo, escarnio e mal dizer)
Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre
Teño na miña man escreber
as palabras máis sublimes.
Teño na miña boca pronunciar
as palabras máis fermosas.
Pero ti... ti nunca me miras,
ti nunca me escoitas.
(Último poema de Maiquel Llordan antes de adicarse definitivamente
ao baloncesto).
Suicidio
Colles o teléfono
Marcas o teu número
Falas contigo mesmo:
Decididamente, non te podes ver.
Antes de discutir
Prefires colgarte.
Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.
Bicos e apertas para tod@s!!
Coidádevos moito e que vos coiden!!
Mariana
Foto: con Rober (das poucas que sobreviviron) nun restaurante elegantísimo en Baden Baden, osea!
PS: As putis xa teñen fotolog!!! Estades todas/os convidadas/os.
30.10.07
Gemmis Geburtstag

Puxen o título en alemán porque hoxe lle dedico o blog a esta muller de mundo, esta muller internacional (polo menos de corazón e mente, que é o que importa): GEMMA. Ten moitos ouros alcumes pero hoxe non me quero enrollar. Esta preciosidade que tedes na foto cumpre hoxe 24 anos. E está feliz, ceando nalgún restaurante de Madrid, con novos e vellos amigos. Celebrando o seu aniversario na emigración, jeje.
Gemmis: só quero desexarche feliz cumpreanos e ogallá fagas todas esas cousas que sempre quixeches facer e que disfrutes todo o que poidas (e te deixen) e que o pases ben.
En fin, non che queda nada para os 30, e xa se sabe, en breve: voda, fillos... así que vai planeando. Xa sabes que vestido vas levar ese día tan especial?? jejeje! Quérote moito e estou moi orgullosa de ter unha amiga coma ti, aínda que agora sexas madrileña... jeje.
Cambio de tema:
Non quero estragar este momento tan emotivo pero... levo tempo querendo facer unha protesta: en que mundo putrefacto vivimos??? Por que teño que escoitar na miña clase que lle chamen "conguito" ou "chimpancé" a Hamilton e ao seu pai? Por que teño que apoiar a Alonso? Por que teño que preocuparme de que o fulano que máis cobra en toda España sexa ben tratado ou mal tratado no seu traballo?? Que lle dean! A el e a todos os que cobran máis cartos dos que nunca poderán gastar. Dame igual esa xente. Como se se espetan Alonso, Hamilton e todos os da fórmula 1 contra un muro!!
Quero preocuparme e indignarme pola xente que non sae na tele. A xente que ten problemas reais. E quero que lle dean os papeis aos inmigrantes pobres tan rápido coma lla dan aos ricos (futbolistas). E quero que alguén lle diga a todos eses que chaman "conguito" a Hamilton que Ronaldinho e Etoo son da mesma cor e que despois non se sorprendan cando vexan que un IMBÉCIL coma eles lle dá unha patada na cabeza a unha ecuatoriana no tren, porque eles tamén son violentos cos seus comentarios e hai un paso moi pequeno da violencia verbal á física.
Cada día teño menos ganas de ser mestra, só con pensar que todos estes idiotas poden reproducirse e que terei que coeducar aos seus fillos.
Resulta que os máis racistas no van coa cabeza rapada e pantalóns pitillo senón co pelo engominado e aspecto impecable. Que noxo de sociedade!
En fin, sinto ter estropeado a felicitación de aniversario. Pero estou cabreada co mundo e isto é a miña vía de escape. O paso previo antes de poñerme a berrar na rúa, jeje.
Un bico para todos e todas!!
E a ver se somos felices e DEIXAMOS SER FELICES AOS DEMÁIS!
Mariana
8.10.07
Cumpreanos e despedidas
Hoxe quero dedicar o meu blog a algunhas das persoas que saen nesta foto. Non é a mellor foto da historia nin na que mellor saiamos pero é a máis recente que teño delas e na que mellor saen.
Ben, comecemos polas irmás Yáñez, que dentro dunhas horas están de cumpreanos. (Na foto, a da esquerda de todo é María e a que está ao outro lado do barbudo é Ana, jeje, bueno e o barbudo é Carlos, pero el non é Yáñez). Deséxovos o mellor para este ano que comezades e espero que se cumpran todos os vosos desexos e plans. Sei que estades ben porque de cando en vez entro no voso fotolog e me entero dalgunha novidade, aínda que non podo comentar por non formar parte desa “selecta comunidade”. Afortunadamente en blogger aínda deixan comentar a todo o mundo, incluso sen identificarse, así que cando queirades vide por aquí e deixádeme un saúdo para saber que todo vos vai ben.
Alégrome de que o esteades a pasar ben, polo que vin nas fotos, e de que ampliedes o grupo de amigos incluso internacionalmente. Sempre se dixo que canta máis xente mellor, así que veña, a disfrutar ata que o corpo aguante!! Que aínda somos novas rapazas!!
Sabedes que vos quero moito e que aínda que ao estar aquí non poida facer un bo seguimento das vosas vidas máis que polo fotolog, porque mails non escribides, ejem, ejem, jeje, pois estou presente en espíritu e lémbrome a cotío de vós.
Espero que sexades moi moi felices e que cumprir anos non vos cambie se non é para mellor. Disfrutade todo o que poidades e reservade algo de festa porque a semana que vén estou aí e quero celebralo!! Chego o 13 de outubro.
Aproxímanse épocas de cambio na Puti Pandi. Xa somos tres as putis emigradas que marchamos por distintos motivos da Coru. Os cambios case sempre son difíciles, sobre todo se un estaba contento coa situación anterior. Pero de todos os cambios se aprende e se enriquece unha/un. Estou segura de que este será un bo cambio para todas. Sobre todo porque é un cambio desexado, polo menos pola protagonista. Estoume a referir ao novo traballo de Gemma (na foto, a que está entre Ana –a mulata– e eu) en Madrid. Gemmis emigrou hai uns días á capital para traballar do que quería. Como dicía Xabi: “valente, Gemma!”.
Gémminis: que dicirche? Xa sabes o que penso. Alégrome un montón de que te botases á aventura. Deséxoche tamén o mellor e estou segura de que todo che vai ir ben. Creo que Madrid é un pouco mellor dende hai uns días porque ten a unha auténtica pofesional currando, vivindo, paseando e disfrutando desa gran cidade.
Un bico moi moi grande para as tres!!! As do cumpreanos vounas ver dentro duns días e xa lles dou o bico en persoa. E a madrileña xa llo darei en breve cando vaia visitala.
Coidádevos moito, sede felices e seguide facendo felices aos que vos rodean!! E nos esquezades que vos quero moito!!
Mariana
PS: Moitos biquiños tamén para outras dúas madrileñas recientes ás que xa lles dedicarei un post: Chuni e Dolo. Noraboa polos respectivos traballos e polo cambio de vida!! Moita sorte en todo o que fagades e oxalá nos poidamos ver pronto! Quérovos!
26.9.07
Despedidas
Hoy le quiero dedicar el blog a Javi porque hace tiempo que se lo prometí y porque el viernes regresa a Graná, su tierra, y es probable que no volvamos a vivir en la misma ciudad JAMÁS (que trágicoooo), aunque nunca se sabe…
Le conocí en Tübingen, no sé muy bien hace cuanto tiempo, a veces me parece que le conozco de toda la vida. Ocurre cuando encuentras gente con la que conectas. Con Javi tengo ese tipo de relación basada en un “puteo mutuo” muy sano y muy divertido, que permite que hablemos de cualquier tema y aunque opinemos de forma muy diferente no nos enfademos.
Es una de las personas más trabajadoras e inteligentes que conozco. Rompe con el estereotipo popular de español: madruga sin problema para trabajar, incluso cuando ha salido de fiesta la noche anterior, es muy puntual y responsable. En fin, un partidazo!!
Es la primera persona que conocí, junto con Ana, con una beca post-doctoral. Debido a mi edad no tengo muchos amigos doctores, pero post-doctores menos! Jeje.
El doctor Valls es, además de todo esto, un pedazo de pan, siempre dispuesto a echar una mano y a dar una oportunidad a aquellos que le decepcionan una y otra vez. Es sincero, de buen corazón, generoso, de ideas firmes y con mucho carácter. Algunas personas detestan que siempre esté haciendo bromas y chistes de contenido sexual o que emplee lenguaje más o menos vulgar en determinadas ocasiones. Para mí esa es una de sus virtudes: saber emplear el lenguaje adecuado a cada tipo de conversación. Porque es importante saber hablar con corrección pero también lo es saber decir un taco bien dicho, jeje.
Sé que después de esta super descripción tan requete aduladora, estaréis todas deseando conocerle. Pues os informo de que en la actualidad tiene novia, que si la conocéis veréis que también dice mucho de él y de su forma de ver la vida.
“Yo soy yo y mis circunstancias”. Javi forma parte de mis circunstancias actuales y espero que lo siga haciendo en el futuro, aunque sea en la distancia.
Javierín: te esperamos en Galicia, para descubrir muchas cosas que seguramente te quedaron por ver y probar en esa tierra maravillosa. Y te esperamos en Tübigen o en donde sea que vivamos siempre que quieras.
Foto: Javi y persona anónima en el Ammerschlag, un bar de Tübingen
Próximamente: Gémminis emigra a Madrid!! Este ano imos ter case máis amigos en Madrid que en Galicia!! Ej que…
1.8.07
CARNEIRO AO ESPETO
Amiguiñ@s!!
Xa estou de volta. E vou facer unha breve actualización só para contarvos q este domingo pasado estivemos na festa do Carneiro ao Espeto en Moraña e que o pasamos xenial.
Como vedes na foto, puxémonos como o kiko!!! jeje. Pasámolo en grande. 21 amiguiños e amiguiñas xuntos ao redor dun xantar riquísimo. Espero que repitamos.
E despois bañámonos no río/estanque que había preto. Todas e todos en roupa interior porque non levabamos bañador, pero foi moi divertido. A intrépida de Gemma foi a primeira que conquistou o teito dunha casa afundida no río e despois fomos tod@s nadando ata alí. Toda unha aventura.
Peti, o can do meu irmán, disfrutou como nunca. Nadou, retozou na herba e xogou todo o que puido.
Rober: manda máis fotos coma esta!!! Quéroas todas!! As do baño incluídas!!! (Rober foi o reporteiro gráfico oficial da festa).
O ano que ven iremos preparados, con neveiras, tortillas, ensalada, crema de augardente (para que non teñan que regalárnola os da mesa do lado - que riquiños!!-) e con bañador e toalla, para botar uns largos no río!!!
Un bico para todas/os e a ver se o ano que ven vos animades e imos 40!! Que non sabedes o que perdestes!!!
Especial mención e agradecemento @s da Coru que viñeron: Gemma, Anita, Peti e meu irmán, que son @s que sempre se apuntan a un bombardeo e non me deixan quedar mal, pq se non nunca levaría amiguiñ@s aos eventos!!!
PRÓXIMAMENTE: Post dedicado ao Licenciado en Dereito máis guapo e simpático con bolsa Post-doutoral en Tübingen que coñezo!!! JAVIERÍN, PREPÁRATE....
8.7.07
En veran: Festichan + Rapa das Bestas

Ola amiguiñ@s!
Había tempo que non actualizaba. As opos téñenme aillada do mundo real. E total pá ná, pq entreguei unha programación sen "arcoiris" na portada así q non creo q aprobe, jeje. Os de infantil teñen a fama q teñen por algo...
Prometín actualizacións frecuentes e breves. O primeiro non o cumprín moito pero tentarei cumprir o segundo.
O venres estivemos no Festichán no Chan da Arquiña (Península do Morrazo). Escoitamos a "Los Remendaos", "Dios que te Crew" e a "Obrint Pas". Estivo guai, pero ao final non quedamos a durmir. Había moitísima xente. Supoño que todos e todas as que non foron a Ortigueira.
A foto é da Rapa das Bestas en Sabucedo. Estivemos onte no primeiro curro Laura, Dolo, Carlos, Rober, Aitor e mais eu. Unha pasada!! Xa vos digo que o plan para o ano que vén é ir alí e acampar para pasar uns días en Sabucedo, pq había un ambientazo. Paga a pena ir ver unha rapa. En serio, é incrible!! Se queredes saber máis entrade en
http://www.riasbaixas.org/
Outras novidades:
- só me queda un exame das opos.
- Gemmis abandonou o seu encerro (pero aínda non a vin).
- Olalla está en Uganda, de misión humanitaria. E como di David, o do antiguo Moncho, "vuestra amiga salvando vidas y vosotras aquí, trujeando". Pozí. Enviémoslle ondas positivas a Lali para que todo saia ben por alá e esperemos que sexa unha experiencia que lle cambie a vida.
- Aitor está por aquí uns días para facer a defensa das opos.
Na pandi de Vigo tamén hai algunhas novidades pero non sei se estou autorizada a facelas públicas así que deixámolo para máis adiante.
E nada, hoxe domingo estaremos na casa, de preguiceiros, e ao mellor imos ao cine. Sen máis déixovos até o próximo post, desexándovos un feliz mes de xullo e que disfrutedes do voso tempo libre, por escaso que sexa para algunhas e algúns.
Biquiños a centos!!! Coidádevos!!!
14.6.07
Teatro + circo
13.6.07
Na radio, na verbena e na rúa
Aquí estamos, na Radio Galega. A foto está feita por Rober, que se vos fixades ben veredes o seu reflexo no cristal (ía cunha chaqueta laranxa), jeje. E ao fondo están comezando pola esquerda: Marisa, madrileña residente en Tübingen, alumna de galego; Mariajo, a xornalista máis escoitada nas noites da galega; Aitor, o mellor profe e o máis guapo do mundo mundial; Andreas, alemán, alumno de galego, e fala o que lle botes (alemán, francés e español perfectamente), incluso linguas q algúns nin saberedes q existen (occitano, retrorromanche...), o típico vamos. A de diante un pouco chunga son eu, o que está de costas é o técnico, q non lembro como se chamaba e ao espírito do espello é o marabilloso Rober (un partidaso: intelixente, divertido, carreira rematada e actualmente opositor, pero dos q estudan, non dos q van e deixan os libros na bilbio e xa saen a tomar o 1º café, q parece q se entrenan de verdade para ser funcionarios, jeje.)
Máis cousas: onte á noite festa na Agra do Orzán. Orquestra: París de Noia. Atracción nas q montamos: Saltamontes e Noria (a máis grande España, polo visto). Pasámolo xenial. Aínda q a festa foi breve pq as amiguiñas traballan e eu teño moito q estudar.
Para rematar, déixovos cunha video-reflexión: http://www.youtube.com/watch?v=-AlZnPZyHls&mode=related&search que me mandou o meu amigo Víctor nun mail. Que opinades??? Cantas veces non fixemos o mesmo?? Que noxo! En que nos estamos a convertir??!
Bicos e apertas para todas e todos!
11.6.07
Paridade = desigualdade
28.5.07
Peti, o novo integrante da familia
Ola xente!
Como vai ese final de mes? Eu ando agobiada preparando exames e oposicións. En fin, que non dou feito e estudo todos os días mais non avanzo nos apuntamentos. Será unha paranoia miña, pero teño a sensación de estar atascada nos primeiros temas...
Póñovos a foto aquí dun canciño que dende hai uns días entrou no meu corazón para non saír nunca. É o novo integrante da familia e chámase Peti. Adoptouno meu irmán haberá como un mes nunha clínica veterinaria que recolle cans abandonados. Calculan que ten un ano e debéronlle pegar bastante os seus antigos donos porque anda con medo e asústase cos movementos bruscos ou cos ruidos. Pobechiñoooooo... Canta mala xente anda por aí solta. Pero agora xa está nun bo fogar onde o imos coidar e querer moito. Máis ben a miña familia, porque eu só o verei as fins de semana cando estea en Galiza.
É o can máis tranquilo e bo que vin nunca. Non ladra, non molesta e en xeral obedece, sobre todo ao meu irmán, claro. Só mexa e caga no campo e non se pon coma un tolo cando pasa outro can. É unha marabilla. Dígovos que é educadísimo e creo que por iso pode convivir coa miña nai, que agora xa o acaricia incluso por pracer (o nunca visto!).
E cambiando de tema... hoxe estiven con Carliñoooooos!!! O noso enviado especial en Milán. Non o vira dende que marchara para alá, así que me fixo moitísima ilusión!!! Foi un dos primeiros en visitar este blog e escribiu algunha experiencia dende Italia. Aínda que só ven por uns días e estamos liadísimos tod@s coas historias da facul, espero que quedemos coma hoxe e botemos unhas risas. No xantar: Raquel, Lu, Carlos e máis eu. Logo chegaron Erika e Jose. Como nos vellos tempos! (vaaaale, o ano pasado, pero é que o tempo pasa tan rápido... jejeje). Foi xenial. E hoxe ata conseguimos falar con Pepelu sen facer o idiota (unha longa historia...).
Máis cousas: O sábado chegou o meu querido mozo cos seus alumnos/as alemáns a Santiago. Pasearon cun bo guía turístico (Rober) e disfrutaron da gastronomía galega. Pola noite concerto de Adriana Calcanhoto. Realmente marabilloso. Despois bailoteo e os que conseguimos chegar espertos ás 3 da mañá fomos á radio galega, ao programa de Mariajo, "Quedamos na galega", que polo visto é o programa de radio máis escoitado nesta terra. Vese que a xente en Galiza non durme, jeje. Alí falaron Aitor, unha alumna madrileña e un alemán. Tiñades que escoitar que ben falaban en galego. O alemán tamén falou en catalán, occitano, francés e retrorromanche, vamos, o típico, jejeje. E eu con Rober, na cabina co técnico de son, morrendo coa risa. Despois durmimos tres horiñas na casa de Mariajo e logo marchamos cada un para a nosa cidade.
O domingo eleccións. Votei co meu irmán e con Peti. Bueno, a él non o deixaron, jeje. E logo fomos de paseo. Por sorte o PSdG perdeu a maioría absoluta. Aínda que o PP gañou votos. Sempre unha de cal e unha de area... Unha vergonza porque non había un partido decente ao que votar. (En Vigo librástesvos da Porro, non si???)
Ben, pois nada. Non teño moito máis que contar. Seguirei estudando e poreivos fotos que teña no meu arquivo pq agora mesmo estou sen cámara, que ma ten o churri.
Biquiños para todas/os!!! E xa sabedes, se me queredes ver... estou na biblioteca da facul de socioloxía (agora tamén nosa) todo o día... q triste... jejeje
A coidarse! Saúde e amor para cada unha/un de vós!
15.5.07
Aber Natürlich! Grecia é moooooi bonitaaaaaa
Xa sei que hai moito que non actualizo, é unha vergonza! Pero este mes foi un "no parar" de cousas, novidades, clases, traballos... Xa nin lembro que foi o último que vos contei... Pero para compensar a vosa espera póñovos aquí unha foto idílica de Grecia, tomada por Ariadna nunha das fermosas praias ás que fomos. Ía algo de frío cando chegamos abaixo, pero xa sabedes que teño un mozo do norte, de sangue quente, que nunca sinte frío, e que porsuposto se bañou nestas augas turquesas e cruzou ata a illa (que parece que é pouca distancia pero hai que nadar contracorrente e camiñar bastante). Pero bueno, despois do baño no Lago Ness isto non foi nada, jeje!
Grecia ten unhas paisaxes impresionantes. Recoméndovos a todos que vaiades e que merquedes a Lonely Planet antes de ir, para visitar todos estes paraísos perdidos, aos que se chega sempre despois de moito andar e de meternos por unhas pistas peores cás do Courel! (que xa é dicir...).
Ben, novidades por aquí: pois estou a facer un curso de alemán intensivo, nivel B1. Xa rematei outro hai pouco, saquei un sobresaliente no exame final e teño un diplomiña que o certifica, ja! O alemán évos moi complicado, pero con esfrozo e paciencia... sego sen falalo ben! Que kk! En fin, a ver se a finais de ano...
Que máis? Estou traballando algúns días tamén de babysitter. Coido a unha nena preciosa e ao seu irmán. Son os rapaces máis educados que vin nunca e ademais aprendo alemán con eles. Vamos, que case tiña que pagar eu por ir, jeje!
No coro da facultade ben. O outro día houbo a noite da cultura de Tübingen (Kulturnacht) e cantamos nunha barca no río. Foi moi divertido, aínda que moi improvisado, para ser Alemaña. Subímonos nunha barca que non era nosa, montamos o espectáculo e marchamos.
Estou tamén nun grupo de teatro. Encántame e dame moita pena non poder quedar aquí este mes porque me ían dar o papel dunha das protagonistas da obra (“Historia de una escalera”) e sería xenial. Ademais actuaría con Gisela, que é un encanto de rapaza e tiña moitas ganas pero... que se lle vai facer. Agora teñen que buscar sustituta porque como vou ir as opos... Ah! Que non volo dixen? Pois vou. Unha longa historia. Pero vou. Miña nai, pobre, tivo que encher todos aqueles papeis soíña. En fin, iso creo que é o que máis me motiva para ir, jeje!
O venres pasado tiven unha boda. Casou unha amiga miña Venezolana, que sae nunha foto neste blog. Chámase Marian e casou co seu mozo alemán. Pasámolo en grande e fixemos un pequeno grupo latino que foi o máis divertido da festa, claro está. Xa vos contarei outro día como son as bodas alemás, que dende logo non se semellan moito as galegas.
Estiveron por aquí de visita a mami de Aitor (Viri para os amigos), Jose, Hadri e Adriana. Creo que lles gustou e a nós encantounos telos aquí. Foi breve pero intenso. Xa porei algunha foto tamén. O único que entristeceu eses días foi que faltou o abuelo. Pero bueno, outra vez será. A vida ás veces dá unhas voltas inexplicables e os traballadores dos aeroportos están deshumanizados de todo!
E por aquí pouco máis. O día 22 estou na Coru e a partir de aí teño tanto que facer que é mellor que comecedes a reservar cita como nos médicos, jeje. Irei ao concerto de Adriana Calcanhoto o sábado en Santiago e despois estudarei e estudarei ata que volva a Alemaña. Teño ganas de vervos a tod@s pero creo que me vai faltar tempo para facer tantas cousas. Haberá que organizarse. A ver se se me pega algo deste apís, concho!
Moitos biquiños e coidádevos! Até a próxima!
11.4.07
Don’t worry, we want to pay!
Xa estou aquí. Volvín de Grecia hai uns días, pero non puiden escribir até hoxe.
Paseino realmente ben na viaxe. E supoño que escribirei máis dun post sobre ela. Pero para comezar póñovos unha foto do máis coñecido de Grecia, o Partenón, que resulta que é tal e como sae nos libros de historia. En dúas palabras: IM – PREZIONANTE! Toda a Acrópole é incrible. Moito me lembrei de Chelo paseando polo medio daquelas pedras caídas… En fin, en Grecia teñen todo así, a medio caer, pero émoi bonito de ver eh!
Estivemos 4 días en Atenas e despois fomos de illa en illa, descubrindo a Grecia profunda. En Atenas durmimos nun albergue. Bastante ben, quitando que as duchas ían con moedas de 50 céntimos e duraban 7 minutos, así que tiñas que correr en pelotas dende a máquina das moedas ata a ducha para que che dese tempo a lavar o pelo, jeje. Tamén foi interesante descubrir que hai xente á que nunca lle ensinaron que nos albergues hai que usar chanclas nos baños ou ver como unha parella de canadienses que durmían na nosa habitación pasaron 3 días sen moverse da cama. Hai que estar tolo para quedar na cama en ATENAS!!! Da cidade non vos conto nada porque xa o estudiastes todo BUP e porque calquera cousa que vos diga non é nada comparado con estar alí, diante do Erecteion ou paseando pola Ágora Antiga…
A primeira parada nas illas foi en Paros, precioso e diminuto paraíso deserto (porque en marzo non hai un alma neset bendito lugar) no que atopamos un aloxamento estupendo, cunha caseira que falaba inglés con acento de Cambridge. Alí foi onde Antón pronunciou unha das frases da viaxe. Chamou á señora por tlf para dicirlle que lle queriamos pagar e ela dixo que tardaría uns minutos en chegar porque estaba na casa pero que xa saía para alí. Antón, moi amable, quixo tranquilizala, dicirlle que non se preocupase, que non se apurase, que non había présa, pero o que lle saiu foi: “Don’t worry, we want to pay”. A señora estaba aí en menos de 2 minutos! Jejeje.
Despois fomos a Naxos, unha illa un pouco máis grande pero tamén desértica. En Grecia cada ano montan as cidades para os turistas, así que todos estaban con reformas, pintando e levantando outra vez as casas que nalgúns sitios parecían de mentira. En Naxos vimos montañas de mármore, impresionantes, e alugamos un minicoche co que percorrimos toda a illa. Taén vimos unha manifestación, moi divertida, contra a ampliación do porto, e metímonos no medio e repetimos os cantos (que a saber que dicían…) ata percorrer media vila.
A seguinte parada foi Santorini. Supoño que agora tod@s a coñecedes dende que afundiu un ferry de turistas hai unhas semanas. Por sorte nós non estabamos. Pero por pouco… En Santorini estivemos “pechados” 4 días, porque non había barcos ata o venres e chegamos un martes. Alugamos un coche, tamén pequeño, no que pasamos unha noite (e NUNCA MÁIS! Jeje). E visitamos praias de diferentes cores: negra, vermella, branca… e algunha con pedras lilas. En fin, supoño que non me credes pero xa veredes as fotos. O último día fomos de excursión ao volcán e saltamos dende o barco ao mar e fomos nadando a unhas supostas augas termais. Xa vos contarei noutra ocasión, con fotos e tal…
E finalmente Creta. Ten moito que contar, é espectacular. Só dicir que estiven en praias que pensei que só existían nas fotos retocadas con photoshop e disfrutei moito da idiosincrasia grega.
Comemos de marabilla en todos os restaurantes (exceptuando un chamado “Faca” en Hania, que xa avisaba coa carta dos prezos que puña “timocatálogo”, jeje). E tamén comemos ben cando cociñabamos no apartamento, pq Antón é un artista. Grazas a Ariadna tivemos unha dieta equilibrada os días de bocadillo, con moita froita e pasas enerxéticas.
Foi xenial. Teño moito que contar pero non quero facer post tan longos así que vou rematar cun “to be continued…”.
Efjaristó aos compis de viaxe por 19 días incribles. Sodes xeniais.
Bicos para tod@s!
19.3.07
Sonche ben rara
Hallo leute!
Farei unha breve introdución das novidades destes días:
Hoxe fun ao dentista e ao volver da viaxe a Grecia teño que operarme para quitar as catro moas de xuízo. Mein Gott! (meu Deus!). Non quero nin pensalo. Ao mellor non volvo nunca de Grecia, pq co medo que me dan os médicos...
Comecei a colaborar en Campus TV, que é unha canle de tv da universidade que comezará a emitir por internet e por unha canle das de pago o 2 de Abril. Xa vos darei o enderezo. O primeiro día encargáronme que fixese a reportaxe e as entrevistas as directoras/es de cine e actrices/actores que veñan para o festival de Cine Latino en Abril. Que pasada, eh? Vou facer tele! E seguramente me meta nalgún curso dos que comezan no semestre de verán para aprender a empregar as cámaras, etc. En fin, aínda haberá xente que se pregunte que fago aquí...
Agora póñovos un texto que entreguei como presentación nunha materia nova que estou a facer na Coru. Vai en parte dedicado a Isaac, polo tema do feminismo (que se eu che contase as barbaridades que escoitei nos debates de clase en maxisterio... e pensar que esa xente van ser profesoras/es algún día. Dan ganas de chorar) e tamén dedicado a todas as raras e raros que andades polo mundo e sodes felices así como sodes. Quérovos!
<< O que máis me gusta da xente son as súas rarezas. Se cadra porque son rara, ou iso me gusta crer. Son rara dende que teño uso de razón. Ao mellor pensades que esaxero. Pode ser. Porque son rara pero tamén moi esaxerada. O que podo facer é pór uns exemplos para que vos fagades unha idea.
Non me gusta fumar, nin beber, nin as drogas, nin o fútbol, nin a velocidade, nin os coches deportivos, nin as cousas caras, nin a gomina, nin a nata, nin a crema pasteleira, nin o café de cafetería, nin os deportes de risco, nin os zapatos de punta.
Porén, gústame viaxar. Gústame moito. Podo soportar o peso da miña mochila por unhas escuras fragas en Croacia e mais a inquedanza de saber onde durmirei se teño como recompensa unha fermosa paisaxe na compaña dos meus amigos. Tamén me gusta falar con descoñecidos nos transportes públicos e intercambiarmos os teléfonos. Adoro mesturar as cousas doces coas salgadas e polas mañás, ben cedo, podería papar un prato de lentellas, porque é a hora do día na que máis fame teño.
Non son especialmente boa en ningunha actividade nin en ningún deporte, pero podo durmir case en calquera situación, e mesmo cheguei a facelo sen deixar de camiñar por todo o paseo marítimo de Santander unha vez (con soños incluídos).
Non teño grupo de música favorito nin ganas de coñecer a ningún famoso, pero tiven un móbil que saltou ao váter dende o meu peto, un tritón como mascota e amigos e amigas de máis de trinta anos cando eu era só unha adolescente.
Son muller. E para min isto non supón ningunha diferenza –máis alá das físicas–con respecto a un home. Pero socialmente, grazas a que tiven a sorte de recibir unha educación non sexista, resulta que non son moi “feminina” (segundo o pensamento popular). Non son observadora, nin detallista, nin delicada (só de saúde), non son rancorosa, non sei cociñar, non levo tacóns, non me maquillo, non me importa variar de peso, non me peiteo a maior parte dos días e non teño vergonza para facer o oficio do pallaso. Tampouco me identifico coas características que aparecen a seguir das frases “as mulleres son…” ou “as mulleres sempre…”, nin tampouco coas supostas preocupacións que debería ter, segundo din as “revistas femininas”.
Son arxentina, de nacemento e de corazón, pero falo galego. A maioría da xente que quero vive en Galiza, pero eu vivo en Alemaña.
Adoro as singularidades nas persoas: un xeito de moverse, unha palabra que alguén repite moito, a maneira de pronunciar un fonema, un xesto, unha manía, unha prenda, un lunar, unha gargallada… calquera particularidade que para min fai diferente a esa persoa. Esas anomalías son as que fan que cada día teña algo de insólito e pague a pena vivir.
Gústame saír da normalidade pero son moi feliz coa monotonía. Atráeme o insólito pero tamén gozo co predicible. Creo que a miña maior peculiaridade é que son feliz con facilidade e que teño unha capacidade infinita de amar. Se cadra son dúas cousas moi normais –pode que non–, pero para min son o meu “lunar”, as que me fan especial. >>
8.3.07
Alemaña-Galiza-Catalunya... jet lag...
8.2.07
Estou vendo a TV = Estou estudando!!
Ola blogueiras/os!
Aquí estou, despois dunha dura loita contra o antivirus, para que me deixase entrar en Blogger e meter unha foto... buf, un lío.
Hoxe escollín esta, que amosa o que era a miña pandi na Volkshochschule (escola de idiomas, onde estudei alemán ao chegar). Aínda non puxera ningunha e quería poñérvola para que coñecerades a unha parte dos meus compis, cos que eu máis andaba. Comezando pola esquerda, despois de min (facendo a paiasa, coma sempre) está Justin (New Zeland), despois Yama (ou Mariama, de Senegal), Robert (Brasil) e Marian (Venezuela). A que son todas/os guapísimas/os?
Coa que máis sigo en contacto é con Marian e ao resto teño que escribirlles un mail, pero non sei ben en que idioma facelo, porque entre nós falabamos nunha mestura de todo o que sabiamos, jeje. A ver estes días se me poño con iso. A verdade é que as/os boto de menos... paseino moi ben con elas/es durante o curso e quedamos algunhas veces en horario "extra-escolar", jeje, para tomar algo. De feito Aitor deume unha sorpresa e tróuxome a Marian o día do meu cumpre. Estivo guai, non o esperaba... Justin creo que aínda anda pola súa terra e do resto non sei… teño que escribirlles.
Agora vexo moito a Leo, que non sae na foto, pero é o italiano. Moi divertido. Traballa comigo e cando se enterou de que marchaba un mes case chora, jeje. Pobre, é que o pasamos realmente ben traballando xuntos.
Pouco máis. Despois do exame con preguntas de trivial que fixemos o luns e do non-exame que fixen onte (ao final non me presentei. Unha longa historia…), esto á espera de que a señoriña de dereito me resposte o mail para quedar e que me dea as sentenzas para comentar.
Malas novas: non podo pedir o erasmus para o ano que ven. Polo visto a facultade de Tübingen de Comunicación Audiovisual non ten ese convenio e ademais hai unhas probas de selección que nin en OT! Así que nada, teño que buscar outra solución, porque non sei canto máis vou aturar os mamoneos da Coru. Non quero acabar aquí a carreira, a menos que esgote todas as outras posibilidades, así que xente: A BUSCAR! Que alguén averigüe se hai medienwissenschaft en Stuttgart ou calquera cidade preto de Tü. E se non, estou disposta a aprender catalán e rematar a carreira pola UOC. Se entrades na páxina e ledes o programa de estudos… en fin, aí si que parece unha carreira seria. Seguro que non preguntan por CSI e House en ningún exame, ou pola elfa do señor dos aneis. Unha verghonsa!
Sorte a todas/os as que estades con exames e moito ánimo! Se queredes verme chamádeme antes do 24! Eu andarei por aquí, facendo trámites, falando con profes e vendo á xente.
Biquiños a centos!!! Quérovos!!!
1.2.07
Mafalda
Aquí estou, tentando actualizar o blog máis a miúdo para agradecer dalgunha forma ás fieis lectoras/es que entran sempre que poden a ver se escribín algo novo.
Hoxe decidín poñer esta viñeta de Mafalda porque, ademais de que me encanta Quino e como boa arxentina adoro as súas bandas deseñadas, acabo de atopar un fotolog de alguén que pon cada día unha viñeta diferente de Mafalda. Pareceume unha idea estupenda, que non vou copiar, agás hoxe. Fíxome moita graza esta e quero poñela. Non van ser sempre fotos miñas e de Alemaña, non si?
En fin, este mundo está cada vez máis violento. A xente di "non á guerra" pero en canto poden lle pegan o veciño. Estamos en contra do maltrato das mulleres pero cando un nos chama "fillo de puta" hai que pegarlle!! Porque insultou á miña nai (gran excusa. Seguro que a túa nai está contentísima de que defendas así a súa honra, aínda que despois te cagues todo o que queiras nela ou fagas exactamente o contrario do que che tentou ensinar...).
Neste mundo hipócrita ás veces vai ben un pouco de humor, para decatarnos de como funcionan as cousas, para pinchar á xente e que reaccione ante as inxustizas. Pero non só ante as inxustizas evidentes e lonxanas. Esas son moi doadas de ver. As que hai que cambiar, se realmente queremos facer algo (porque polo de agora ningún de nós ten o poder de deter guerras, catástrofes naturais, hambrunas, enfermidades...), son as inxustizas que ocorren ao noso redor.
Bueno, deixovos con esta pequena reflexión. Non sei porque me puxen tan seria hoxe, pero como sempre escribo chorradas tiña ganas de dicir algo serio. Tamén para felicitarvos o día de Don Bosco, que foi onte. Noraboa a todas/os as que tivestes a sorte, coma min, de coñecer a algún salesiano que vos ensinou a ser máis humanas/os. E síntoo moito por todas/os as que estudastes nun colexio de curas ou monxas e por iso deixastes de crer en Deus. Unha pena. E unha gran contradición, non?
Quérovos! Un bicaso!!
25.1.07
NEVE, NEVE, NEVEEEE!!

Ola a todas/os!
Por fin, nevou! Comezou antonte pola tarde e non parou ata hoxe. A cidade está fermosa con tanta neve.Vai un poicp de frío pero paga a pena, porque agora sí que me parece vivir dentro dun conto! (exceptuando a parte en que esvaras pola rúa ou a parte en que chegas a casa coas botas cheas de lama... pero en fin, é o que hai).
A foto que poño é a da nosa rúa, coa nosa casa ao fondo. Sinalei cunha frechiña o noso balcón, para que vexades exactamente onde vivo. Que didáctica son, eh!
Pois nada, en cuestión de tres horas estaba todo cuberto de neve. O primeiro día foi guai porque podías ir pisando neve virxe, xa que a esas horas (10 da noite) pouca xente había pola rúa, por non dicir ninguén. Só atopei un par de pegadas de camiño a casa e unhas resultáronme curiosas porque eran de botas de punta con tacón. Parece que aquí as rapazas "antes muertas que sencillas", porque co frío que vai, ir con taconazo hai que ser... Pero bueno, é o que teñen os pijos e pijas do mundo, que son moito máis homeotermos que os demais. As pijas, en pleno inverno, cando ti levas tantas capas de roupa que case non podes camiñar e vas coas pernas medio abertas como o boneco de Michelín, elas con mini-saia. E os pijos, en pleno verán, cando estás dentro dun pub en camiseta de tirantes que xa non sabes que máis sacarte para deixar de suar, eles co xersei de Lacoste e se tal cunha cazadoriña posta, por se acaso. Pois sí, son unha raza superior, jeje, en todas partes!
21.1.07
Sobrevivindo a un furacán...
20.12.06
Hai 23 anos naceu unha pequerrecha en Buenos Aires...

Hallo Leute! Ola xente!
Hoxe é o meu primeiro cumpreanos alemán. Só quería dicirvos que me lembro moito de todas e de todos vós. E que aí vos poño unha foto na que estou feliz co home máis guapo do mundo, para que vos fagades unha idea de como estou. É do ano pasado pero estou case igual, con 23, sigo feliz e sorrinte, con Aitor.
En fin, que grazas a toda a xente que me mandou mensaxe, mail ou postal para felicitarme. Dá gusto sentirse querida.
Vémonos dentro duns días, en concreto, o venres! A ver se me dá tempo a ver a todo o mundo...
Moitos bicooooooooooooooooooooos!!
E como Montsiña estaba tímida xa canto eu...
CUMPREANOS FELIZ, CUMPREANOS FELIZ, DESEXÁMOSTE TODAS, CUMPREANOS FELIZ...
A ver se me ve algunha discográfica, como dis...
Ata o venres! Bo Nadal e feliz 2007!!
Mariana
7.12.06
E segue sen nevar....
Ola xentiña!
Que tal esta super ponte que vos estades pegando? Ben, só algunhas, porque supoño que as miñas amigas enfermeiras están currando a tope coma sempre... E os que estamos no estranxeiro seguimos co ritmo normal. É o que ten estar fóra, que non che deixan celebrar os festivos do teu país, jeje. Aínda que o día da Constitución non me parece como para tirar foguetes, porque xa onde vai que había que reformala, pero...
Non me enrollo con bobadas que teño moitas novidades:
1º Xa rematei o traballo. Eva, acertaches seguro coa profe. En fin, é a tónica da nosa facultade. En xeral son tod@s uns impresentables e despois esixen coma se fosen os mellores.
2º Teño un Tandem. Non sei se sabedes o que é iso. Non me refiro ao das bicis. Aquí cando unha persoa sabe un idioma e quere aprender ou practicar outro que controla menos pon un anuncio dicindo a lingua que ofrece e a que pide, alguén chama e quedan, por exemplo, unha vez á semana, para falar e tomar algo, dúas horas, a primeira nun idioma e a segunda noutro. A que é unha boa idea? Pois eu non puxen anuncio e xa vou ter 2 tandems, jeje. Unha becaria encantadora que coñecín a través de Aitor propúxomo e aceptei. E a semana pasada escoitounos na cafetería un rapaz e quere tamén facer Tandem comigo. Estou aprendendo cousas do alemán que non se aprenden na escola de idiomas, collendo "soltura", e corrixindo a pronuncia... en fin, son como pasantías gratuitas e eu a cambio tomo un café falando en español unha hora. Mola!
3º En Tübingen celébrase estes días o festival internacional do Chocolate. Que? A que vos estades arrepentindo de non vir visitarme na ponte como vos dixen? Pois iso, que podo comer chocolate de todas partes do mundo e degustalo gratuitamente incluso nalgún stand. O outro día fun coas compis e os compis de clase de excursión ao festival e pasámolo moi ben. Hai ata unha exposición de obras de arte feitas con chocolate. E a fin de semana que ven é o mercado de Nadal. Todo un evento neste país. Chuni, Carmiña e Viri xa os coñecen, va que si?
4º E como puxen no título: aínda non nevou! Non entendo por que! Aquí a xente está contentísima porque normalmente nesta época do ano vai un frío de morrer, e agora temos sol e días un frescos, pero ben. Eu quero que neve!!! (volverei ler este post cando estea ata o cú da neve... jeje)
5º O día 22 vou para Galiza. Chego a Vigo porque viaxo con airfrance, pero supoño que ese mesmo día ou ao seguinte estarei na Coru. Pero non sei se me veredes moito o pelo porque meus pais están con "marianitis" e xa me avisaron que non me van deixar pisar a rúa sen eles, jeje. Dicídeme cando podemos vernos (cada unha e un de vós, quero un mail ou mensaxe dicindo cando podedes quedar! e quero saber cando é esa cea de clase!) e así organízome.
Creo que nada máis. Só lembarrvos que quedan 13 días... si, o 20 cumpro 23 aniños!!! Aviso para aquelas/es que sempre vos liades coas datas dos aniversarios.
Moitos bicooooooooos para todas/os!!! Quérovos!!!
Mariana
27.11.06
CaCa De VaCa
Hoxe estou cabreada, así que non vou escribir moito. Teño que entregar un traballo o venres e resulta que aínda non sei como se fai, porque certa profesora dixo que me mandaba un mail explicando todo o venres pasado e... SIGO ESPERANDO!
Así que nada, sen estrés, a respirar profundo e a esquecerse da xente impresentable...
Grazas a todas/os as que vos ides incorporando a este Blog. Alégrame que leades o que escribo. Un bico especial a Chuni e Serxiño!! Bótovos de menos! Aprendede ben que temos que montar unha empresa de animación! Porque non creo que vaia ganar a vida como comunicadora audiovisual (se algún día remato...)
Como estou aínda de mal humor, porque ademias aquí xa chegou o frío e aínda non neva (pq polo menos así sería bonito!), póñovos a continuación un mail qeu me mandou un amigo de Ávila:
Hoy he buscado un gato, he cogido uno que he visto por la Rambla, lo he tenido encerrado a oscuras en mi habitación durante un tiempo, para cabrearlo. Al rato, lo he sacado a un patio interior que tengo, para que no pudiese escapar y ha estado correteando por el patio un buen rato. Yo lo dejaba, para que se cansara y no diera mucho el coñazo. Como veía que tenía más reflejos, más habilidad... vamos, que la cosa iba para largo, le he empezado a clavar unas agujas de estas de coser... a ver si las heridas conseguían pausarlo.
El caso es que sí, se ha empezado a cansar, está claro que esas heridas en el lomo y esa sangre cansan a cualquiera, así que antes de que muriera y cuando he visto que su agonía era la justa como para no enterarse de quien estaba cerca, he cogido un hierro afilado y ZAS! he acabado con su vida atravesándolo. Me siento muy orgullosa, me he divertido mucho.
Antes de que me llaméis de todo, por favor leed: Si cambias gato por toro, en vez de una hija de puta maltratadora de animales, sin sentimientos ni escrúpulos, ¿que sería? ¿un maestro?¿me sacarías a hombros?
El toreo es una forma más de asesinato animal!!! PÁSALO!
Aí volo deixo, para que reflexionedes. O mellor é que ven dunha persoa de Gavilanes (Ávila), unha rexión plagada de prazas de touros. Por pequena que sexa a vila sempre hai unha praza. E ven a darnos leccións a nós, que deixamos que monten espectáculos vergonzosos coma ese na nosa cidade cada ano, sen ser nin tan se quera unha tradición nosa. Sendo tradición non é menos horrible, pero sen selo é máis patético permitilo, non?
Moitos bicos e quérovos a todas/os! Incluso cabreada...
15.11.06
1º día de clase + 1ª visita á pisci… Primeiras veces!
O luns comecei as clases de alemán. Xa sabedes que me custa facer amigos, así que… jejeje, estouno pasando xenial!! Cóntovos dende o comezo: o 1º e importante é que vou en bici a clase. Ir en bici en Alemaña non é como ir na Coru, onde eres un hippie-alternativo (ou multiculti-antiglobi, como di Santi F.). Aquí as vellas de 70 anos adiantante a toda leche!! (pq eu vou lentísima, claro). Polas mañás a rúa parece un tour de Francia pero como se a meta estivese en moitos sitios diferentes, pq hai mil bicis en todas as direccións, correndo, cruzando, nenas con mochilas, xente de todas as idades… E alí vou eu, no medio, tentando non esnafrarme co 1º bordillo. O que máis medo dá é cando tes que ir pola rúa, por onde van os coches, e hai un bus pisándote os talóns. Por sorte debe notárseme que son principiante ou aquí respetan moito ás bicis pq non te adiantan, e os coches só o fan se hai sitio de sobra.
Chego a clase (ás 8:30 da mañá!!! Sabedes o que me custa madrugar, non? Pois imaxinade…), empapada en suor pq aínda non vai moito frío e a bici… é o que ten. Sorte que aquí os desodorantes son baratos (a que sí, Muri?).
As miñas compañeiras/os proceden de: Nova Zelandia, Venezuela, Thailandia, Senegal, Cuba, Kenia, Australia, Corea, Brasil e Turquía. Hoxe incorporouse unha señora de Kosovo. Como podedes imaxinar é divertidísimo intentar comunicrase con toda esta xente. Tantas nacionalidades diferentes e conseguimos chorar da risa nas clases. Tocoume un grupo ben divertido, ou cun humor ben parecido ao meu, non sei. Pasámolo en grande!! Son xente moi interesante e estou aprendendo moito, así que non só vou saír falando algo de alemán. Sairei con algunhas nocións de xeografía, antropoloxía e espero que con algunha amiga. Son xeniais, de verdade!
Mirade cantas persoas diferentes e resulta que somos 3 casi-Marianas en clase: hai unha Marian (Venezuela) e outra Mariama (Senegal). O resto xa saben distinguirnos, pero as profes teñen un lío… hoxe senteime ao lado de Marian e para mandarnos ler eran as risas. O coreano chámase Eun Hong Choi (polo que dixo “Choi” é o apelido), pero dixo que podemos chamalo Paul, jeje. E onte cantou o abecedario en alemán acompañado da percusión que facía coas unllas! Non o podedes imaxinar… Cos que mellor me levo é con Justin (New Zeland), Robert (Brasil) e Marian. Rímonos moito, o que pasa é que teño que andar cambiando do galego-portugués ao español e ao inglés, pero é moi divertido. En canto saibamos algo máis de alemán será mellor, porque xa nos puteamos entre nós sen dominar a lingua do outro… imaxinade cando falemos o mesmo, jeje!
Remato xa, contando o da pisci. Fomos onte Aitor e eu e é ben diferente ás de alá (Ana iba flipar…). Para comezar non hai rúas, co cal cada unha nada por onde quere, chocas con todo o mundo… en fin, que iso de que os alemáns son organizados é un mito máis. Non levan gorro, van co pelo solto (super guarrada, pq vas comendo os pelos da xente) e vin a unha rapaza maquillada!! Dentro da auga!!! Os vestiarios son mellores que os de alá. Nas duchas podes regular a temperatura e sae con moita forza e auga abundante.
Outra curiosidade [non ten q ver coa pisci, (ou sí…) pero acabo de lembrarme]: aquí non hai tampóns con aplicador! Non existen, non os coñecen. Xa sei que hai xente que prefire “sen”, pero que non haxa “con”... E polo de agora só vin “o.b.”, non debe haber outra marca…
Outro día cóntovos máis.Voume facer os deberes de alemán que senón mañá…
Máis nada: bicos a todas as guapas!!! (ás feas non, pq non coñezo ningunha que entre neste blog) e a todos os guapos!!
Coidádevos moito e botádeme de menos! Muaaaa!!
Mariana

