Hoxe, se hai sorte e Valentina conseguiu entradas, poderei escoitar durante 85 minutos falar a este home. Oxalá...
A ver se vexo a David Trueba e lle pido traballo ;-)
Un bico para todas/os! E feliz día do pai!
Mariana
19.3.09
9.3.09
Cine
Unha recomendación, por se queredes ir ao cine nestes días:
Non deixedes de ir vela, de verdade. É un peliculón. Facía tempo que non vía un filme así. Daquela, se tedes ocasión e cartos... paga a pena. Guión magnífico. E Clint fai un papelazo. Rin moitísimo e non agardaba pasalo tan ben nunha peli deste home.
Pois ala, ao cine! Biquiñoooos!

4.3.09
Triste
O mundo é un pouco máis feo dende a última vez que escribín no blog. E a batería interior que me fai estar sempre alegre, sempre sorrindo, está nestes días algo esgotada. Cando pensas que as cousas non poden ir peor, van e empeoran. É a lei de Murphy, non? Por iso non me vou queixar demasiado porque aínda pode poñerse máis negro o futuro.
Supoño que todos imaxinades porque estou triste. E creo que moitas e moitos, que xa sentiades vergonza allea ao escoitar falar a Touriño nos medios, estades tremendo coma min ao imaxinar o que nos agarda nos vindeiros catro anos... unha sucesión de patadas ao dicionario da RAE e da RAG, demagoxias, barbaridades, insultos, calumnias, afirmacións neofascistas (como esta), intentos de destrución da cultura galega, manipulación de símbolos, personaxes, toponimia, historia do pobo etc etc. E seguro que se cumpre a lei de Murphy e a cousa empeora cando pense que xa non me podo avergonzar máis do país...
A única sorte que teño é que non vou estar aquí para velo en directo. E cando sinta que me afecta demasiado poderei saír a pasear en bici polos parques ou polas rúas limpas de Tübingen, e convencerme de que algún día as vilas galegas poderían ser así, poderían ser limpas, sustentables, con casas fermosas e con xente educada.
O mundo é tamén un sitio máis feo porque morreu unha desas persoas que facían rir e que achegaban optimismo e humor a un mundo que parece afogarnos con tantas inxustizas.
Déixovos cuns vídeos, para que riades un pouco neste tempo de crise (máis que económica, espiritual):
Biquiños a centos!! E forza para seguir coa loita!! Nada de quedar caladas e calados, eh!!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)