8.2.07

Estou vendo a TV = Estou estudando!!

Ola blogueiras/os!
Aquí estou, despois dunha dura loita contra o antivirus, para que me deixase entrar en Blogger e meter unha foto... buf, un lío.
Hoxe escollín esta, que amosa o que era a miña pandi na Volkshochschule (escola de idiomas, onde estudei alemán ao chegar). Aínda non puxera ningunha e quería poñérvola para que coñecerades a unha parte dos meus compis, cos que eu máis andaba. Comezando pola esquerda, despois de min (facendo a paiasa, coma sempre) está Justin (New Zeland), despois Yama (ou Mariama, de Senegal), Robert (Brasil) e Marian (Venezuela). A que son todas/os guapísimas/os?
Coa que máis sigo en contacto é con Marian e ao resto teño que escribirlles un mail, pero non sei ben en que idioma facelo, porque entre nós falabamos nunha mestura de todo o que sabiamos, jeje. A ver estes días se me poño con iso. A verdade é que as/os boto de menos... paseino moi ben con elas/es durante o curso e quedamos algunhas veces en horario "extra-escolar", jeje, para tomar algo. De feito Aitor deume unha sorpresa e tróuxome a Marian o día do meu cumpre. Estivo guai, non o esperaba... Justin creo que aínda anda pola súa terra e do resto non sei… teño que escribirlles.
Agora vexo moito a Leo, que non sae na foto, pero é o italiano. Moi divertido. Traballa comigo e cando se enterou de que marchaba un mes case chora, jeje. Pobre, é que o pasamos realmente ben traballando xuntos.
Pouco máis. Despois do exame con preguntas de trivial que fixemos o luns e do non-exame que fixen onte (ao final non me presentei. Unha longa historia…), esto á espera de que a señoriña de dereito me resposte o mail para quedar e que me dea as sentenzas para comentar.
Malas novas: non podo pedir o erasmus para o ano que ven. Polo visto a facultade de Tübingen de Comunicación Audiovisual non ten ese convenio e ademais hai unhas probas de selección que nin en OT! Así que nada, teño que buscar outra solución, porque non sei canto máis vou aturar os mamoneos da Coru. Non quero acabar aquí a carreira, a menos que esgote todas as outras posibilidades, así que xente: A BUSCAR! Que alguén averigüe se hai medienwissenschaft en Stuttgart ou calquera cidade preto de Tü. E se non, estou disposta a aprender catalán e rematar a carreira pola UOC. Se entrades na páxina e ledes o programa de estudos… en fin, aí si que parece unha carreira seria. Seguro que non preguntan por CSI e House en ningún exame, ou pola elfa do señor dos aneis. Unha verghonsa!
Sorte a todas/os as que estades con exames e moito ánimo! Se queredes verme chamádeme antes do 24! Eu andarei por aquí, facendo trámites, falando con profes e vendo á xente.
Biquiños a centos!!! Quérovos!!!

1.2.07

Mafalda

Ola amigas/os!

Aquí estou, tentando actualizar o blog máis a miúdo para agradecer dalgunha forma ás fieis lectoras/es que entran sempre que poden a ver se escribín algo novo.


Hoxe decidín poñer esta viñeta de Mafalda porque, ademais de que me encanta Quino e como boa arxentina adoro as súas bandas deseñadas, acabo de atopar un fotolog de alguén que pon cada día unha viñeta diferente de Mafalda. Pareceume unha idea estupenda, que non vou copiar, agás hoxe. Fíxome moita graza esta e quero poñela. Non van ser sempre fotos miñas e de Alemaña, non si?


En fin, este mundo está cada vez máis violento. A xente di "non á guerra" pero en canto poden lle pegan o veciño. Estamos en contra do maltrato das mulleres pero cando un nos chama "fillo de puta" hai que pegarlle!! Porque insultou á miña nai (gran excusa. Seguro que a túa nai está contentísima de que defendas así a súa honra, aínda que despois te cagues todo o que queiras nela ou fagas exactamente o contrario do que che tentou ensinar...).


Neste mundo hipócrita ás veces vai ben un pouco de humor, para decatarnos de como funcionan as cousas, para pinchar á xente e que reaccione ante as inxustizas. Pero non só ante as inxustizas evidentes e lonxanas. Esas son moi doadas de ver. As que hai que cambiar, se realmente queremos facer algo (porque polo de agora ningún de nós ten o poder de deter guerras, catástrofes naturais, hambrunas, enfermidades...), son as inxustizas que ocorren ao noso redor.


Bueno, deixovos con esta pequena reflexión. Non sei porque me puxen tan seria hoxe, pero como sempre escribo chorradas tiña ganas de dicir algo serio. Tamén para felicitarvos o día de Don Bosco, que foi onte. Noraboa a todas/os as que tivestes a sorte, coma min, de coñecer a algún salesiano que vos ensinou a ser máis humanas/os. E síntoo moito por todas/os as que estudastes nun colexio de curas ou monxas e por iso deixastes de crer en Deus. Unha pena. E unha gran contradición, non?


Quérovos! Un bicaso!!