20.12.06

Hai 23 anos naceu unha pequerrecha en Buenos Aires...


Hallo Leute! Ola xente!
Hoxe é o meu primeiro cumpreanos alemán. Só quería dicirvos que me lembro moito de todas e de todos vós. E que aí vos poño unha foto na que estou feliz co home máis guapo do mundo, para que vos fagades unha idea de como estou. É do ano pasado pero estou case igual, con 23, sigo feliz e sorrinte, con Aitor.
En fin, que grazas a toda a xente que me mandou mensaxe, mail ou postal para felicitarme. Dá gusto sentirse querida.
Vémonos dentro duns días, en concreto, o venres! A ver se me dá tempo a ver a todo o mundo...
Moitos bicooooooooooooooooooooos!!
E como Montsiña estaba tímida xa canto eu...
CUMPREANOS FELIZ, CUMPREANOS FELIZ, DESEXÁMOSTE TODAS, CUMPREANOS FELIZ...
A ver se me ve algunha discográfica, como dis...
Ata o venres! Bo Nadal e feliz 2007!!
Mariana

7.12.06

E segue sen nevar....

Ola xentiña!
Que tal esta super ponte que vos estades pegando? Ben, só algunhas, porque supoño que as miñas amigas enfermeiras están currando a tope coma sempre... E os que estamos no estranxeiro seguimos co ritmo normal. É o que ten estar fóra, que non che deixan celebrar os festivos do teu país, jeje. Aínda que o día da Constitución non me parece como para tirar foguetes, porque xa onde vai que había que reformala, pero...
Non me enrollo con bobadas que teño moitas novidades:
1º Xa rematei o traballo. Eva, acertaches seguro coa profe. En fin, é a tónica da nosa facultade. En xeral son tod@s uns impresentables e despois esixen coma se fosen os mellores.
2º Teño un Tandem. Non sei se sabedes o que é iso. Non me refiro ao das bicis. Aquí cando unha persoa sabe un idioma e quere aprender ou practicar outro que controla menos pon un anuncio dicindo a lingua que ofrece e a que pide, alguén chama e quedan, por exemplo, unha vez á semana, para falar e tomar algo, dúas horas, a primeira nun idioma e a segunda noutro. A que é unha boa idea? Pois eu non puxen anuncio e xa vou ter 2 tandems, jeje. Unha becaria encantadora que coñecín a través de Aitor propúxomo e aceptei. E a semana pasada escoitounos na cafetería un rapaz e quere tamén facer Tandem comigo. Estou aprendendo cousas do alemán que non se aprenden na escola de idiomas, collendo "soltura", e corrixindo a pronuncia... en fin, son como pasantías gratuitas e eu a cambio tomo un café falando en español unha hora. Mola!
3º En Tübingen celébrase estes días o festival internacional do Chocolate. Que? A que vos estades arrepentindo de non vir visitarme na ponte como vos dixen? Pois iso, que podo comer chocolate de todas partes do mundo e degustalo gratuitamente incluso nalgún stand. O outro día fun coas compis e os compis de clase de excursión ao festival e pasámolo moi ben. Hai ata unha exposición de obras de arte feitas con chocolate. E a fin de semana que ven é o mercado de Nadal. Todo un evento neste país. Chuni, Carmiña e Viri xa os coñecen, va que si?
4º E como puxen no título: aínda non nevou! Non entendo por que! Aquí a xente está contentísima porque normalmente nesta época do ano vai un frío de morrer, e agora temos sol e días un frescos, pero ben. Eu quero que neve!!! (volverei ler este post cando estea ata o cú da neve... jeje)
5º O día 22 vou para Galiza. Chego a Vigo porque viaxo con airfrance, pero supoño que ese mesmo día ou ao seguinte estarei na Coru. Pero non sei se me veredes moito o pelo porque meus pais están con "marianitis" e xa me avisaron que non me van deixar pisar a rúa sen eles, jeje. Dicídeme cando podemos vernos (cada unha e un de vós, quero un mail ou mensaxe dicindo cando podedes quedar! e quero saber cando é esa cea de clase!) e así organízome.
Creo que nada máis. Só lembarrvos que quedan 13 días... si, o 20 cumpro 23 aniños!!! Aviso para aquelas/es que sempre vos liades coas datas dos aniversarios.
Moitos bicooooooooos para todas/os!!! Quérovos!!!
Mariana