30.10.07

Gemmis Geburtstag


Puxen o título en alemán porque hoxe lle dedico o blog a esta muller de mundo, esta muller internacional (polo menos de corazón e mente, que é o que importa): GEMMA. Ten moitos ouros alcumes pero hoxe non me quero enrollar. Esta preciosidade que tedes na foto cumpre hoxe 24 anos. E está feliz, ceando nalgún restaurante de Madrid, con novos e vellos amigos. Celebrando o seu aniversario na emigración, jeje.
Gemmis: só quero desexarche feliz cumpreanos e ogallá fagas todas esas cousas que sempre quixeches facer e que disfrutes todo o que poidas (e te deixen) e que o pases ben.
En fin, non che queda nada para os 30, e xa se sabe, en breve: voda, fillos... así que vai planeando. Xa sabes que vestido vas levar ese día tan especial?? jejeje! Quérote moito e estou moi orgullosa de ter unha amiga coma ti, aínda que agora sexas madrileña... jeje.

Cambio de tema:
Non quero estragar este momento tan emotivo pero... levo tempo querendo facer unha protesta: en que mundo putrefacto vivimos??? Por que teño que escoitar na miña clase que lle chamen "conguito" ou "chimpancé" a Hamilton e ao seu pai? Por que teño que apoiar a Alonso? Por que teño que preocuparme de que o fulano que máis cobra en toda España sexa ben tratado ou mal tratado no seu traballo?? Que lle dean! A el e a todos os que cobran máis cartos dos que nunca poderán gastar. Dame igual esa xente. Como se se espetan Alonso, Hamilton e todos os da fórmula 1 contra un muro!!
Quero preocuparme e indignarme pola xente que non sae na tele. A xente que ten problemas reais. E quero que lle dean os papeis aos inmigrantes pobres tan rápido coma lla dan aos ricos (futbolistas). E quero que alguén lle diga a todos eses que chaman "conguito" a Hamilton que Ronaldinho e Etoo son da mesma cor e que despois non se sorprendan cando vexan que un IMBÉCIL coma eles lle dá unha patada na cabeza a unha ecuatoriana no tren, porque eles tamén son violentos cos seus comentarios e hai un paso moi pequeno da violencia verbal á física.
Cada día teño menos ganas de ser mestra, só con pensar que todos estes idiotas poden reproducirse e que terei que coeducar aos seus fillos.
Resulta que os máis racistas no van coa cabeza rapada e pantalóns pitillo senón co pelo engominado e aspecto impecable. Que noxo de sociedade!

En fin, sinto ter estropeado a felicitación de aniversario. Pero estou cabreada co mundo e isto é a miña vía de escape. O paso previo antes de poñerme a berrar na rúa, jeje.

Un bico para todos e todas!!
E a ver se somos felices e DEIXAMOS SER FELICES AOS DEMÁIS!

Mariana

8.10.07

Cumpreanos e despedidas



Hoxe quero dedicar o meu blog a algunhas das persoas que saen nesta foto. Non é a mellor foto da historia nin na que mellor saiamos pero é a máis recente que teño delas e na que mellor saen.
Ben, comecemos polas irmás Yáñez, que dentro dunhas horas están de cumpreanos. (Na foto, a da esquerda de todo é María e a que está ao outro lado do barbudo é Ana, jeje, bueno e o barbudo é Carlos, pero el non é Yáñez). Deséxovos o mellor para este ano que comezades e espero que se cumpran todos os vosos desexos e plans. Sei que estades ben porque de cando en vez entro no voso fotolog e me entero dalgunha novidade, aínda que non podo comentar por non formar parte desa “selecta comunidade”. Afortunadamente en blogger aínda deixan comentar a todo o mundo, incluso sen identificarse, así que cando queirades vide por aquí e deixádeme un saúdo para saber que todo vos vai ben.
Alégrome de que o esteades a pasar ben, polo que vin nas fotos, e de que ampliedes o grupo de amigos incluso internacionalmente. Sempre se dixo que canta máis xente mellor, así que veña, a disfrutar ata que o corpo aguante!! Que aínda somos novas rapazas!!
Sabedes que vos quero moito e que aínda que ao estar aquí non poida facer un bo seguimento das vosas vidas máis que polo fotolog, porque mails non escribides, ejem, ejem, jeje, pois estou presente en espíritu e lémbrome a cotío de vós.
Espero que sexades moi moi felices e que cumprir anos non vos cambie se non é para mellor. Disfrutade todo o que poidades e reservade algo de festa porque a semana que vén estou aí e quero celebralo!! Chego o 13 de outubro.
Aproxímanse épocas de cambio na Puti Pandi. Xa somos tres as putis emigradas que marchamos por distintos motivos da Coru. Os cambios case sempre son difíciles, sobre todo se un estaba contento coa situación anterior. Pero de todos os cambios se aprende e se enriquece unha/un. Estou segura de que este será un bo cambio para todas. Sobre todo porque é un cambio desexado, polo menos pola protagonista. Estoume a referir ao novo traballo de Gemma (na foto, a que está entre Ana –a mulata– e eu) en Madrid. Gemmis emigrou hai uns días á capital para traballar do que quería. Como dicía Xabi: “valente, Gemma!”.
Gémminis: que dicirche? Xa sabes o que penso. Alégrome un montón de que te botases á aventura. Deséxoche tamén o mellor e estou segura de que todo che vai ir ben. Creo que Madrid é un pouco mellor dende hai uns días porque ten a unha auténtica pofesional currando, vivindo, paseando e disfrutando desa gran cidade.
Un bico moi moi grande para as tres!!! As do cumpreanos vounas ver dentro duns días e xa lles dou o bico en persoa. E a madrileña xa llo darei en breve cando vaia visitala.
Coidádevos moito, sede felices e seguide facendo felices aos que vos rodean!! E nos esquezades que vos quero moito!!

Mariana

PS: Moitos biquiños tamén para outras dúas madrileñas recientes ás que xa lles dedicarei un post: Chuni e Dolo. Noraboa polos respectivos traballos e polo cambio de vida!! Moita sorte en todo o que fagades e oxalá nos poidamos ver pronto! Quérovos!