27.11.06

CaCa De VaCa

Hoxe estou cabreada, así que non vou escribir moito. Teño que entregar un traballo o venres e resulta que aínda non sei como se fai, porque certa profesora dixo que me mandaba un mail explicando todo o venres pasado e... SIGO ESPERANDO!
Así que nada, sen estrés, a respirar profundo e a esquecerse da xente impresentable...
Grazas a todas/os as que vos ides incorporando a este Blog. Alégrame que leades o que escribo. Un bico especial a Chuni e Serxiño!! Bótovos de menos! Aprendede ben que temos que montar unha empresa de animación! Porque non creo que vaia ganar a vida como comunicadora audiovisual (se algún día remato...)
Como estou aínda de mal humor, porque ademias aquí xa chegou o frío e aínda non neva (pq polo menos así sería bonito!), póñovos a continuación un mail qeu me mandou un amigo de Ávila:

Pues sí... Voy a contaros lo que he hecho:
Hoy he buscado un gato, he cogido uno que he visto por la Rambla, lo he tenido encerrado a oscuras en mi habitación durante un tiempo, para cabrearlo. Al rato, lo he sacado a un patio interior que tengo, para que no pudiese escapar y ha estado correteando por el patio un buen rato. Yo lo dejaba, para que se cansara y no diera mucho el coñazo. Como veía que tenía más reflejos, más habilidad... vamos, que la cosa iba para largo, le he empezado a clavar unas agujas de estas de coser... a ver si las heridas conseguían pausarlo.
El caso es que sí, se ha empezado a cansar, está claro que esas heridas en el lomo y esa sangre cansan a cualquiera, así que antes de que muriera y cuando he visto que su agonía era la justa como para no enterarse de quien estaba cerca, he cogido un hierro afilado y ZAS! he acabado con su vida atravesándolo. Me siento muy orgullosa, me he divertido mucho.
Antes de que me llaméis de todo, por favor leed: Si cambias gato por toro, en vez de una hija de puta maltratadora de animales, sin sentimientos ni escrúpulos, ¿que sería? ¿un maestro?¿me sacarías a hombros?
El toreo es una forma más de asesinato animal!!! PÁSALO!


Aí volo deixo, para que reflexionedes. O mellor é que ven dunha persoa de Gavilanes (Ávila), unha rexión plagada de prazas de touros. Por pequena que sexa a vila sempre hai unha praza. E ven a darnos leccións a nós, que deixamos que monten espectáculos vergonzosos coma ese na nosa cidade cada ano, sen ser nin tan se quera unha tradición nosa. Sendo tradición non é menos horrible, pero sen selo é máis patético permitilo, non?

Moitos bicos e quérovos a todas/os! Incluso cabreada...

15.11.06

1º día de clase + 1ª visita á pisci… Primeiras veces!

O luns comecei as clases de alemán. Xa sabedes que me custa facer amigos, así que… jejeje, estouno pasando xenial!! Cóntovos dende o comezo: o 1º e importante é que vou en bici a clase. Ir en bici en Alemaña non é como ir na Coru, onde eres un hippie-alternativo (ou multiculti-antiglobi, como di Santi F.). Aquí as vellas de 70 anos adiantante a toda leche!! (pq eu vou lentísima, claro). Polas mañás a rúa parece un tour de Francia pero como se a meta estivese en moitos sitios diferentes, pq hai mil bicis en todas as direccións, correndo, cruzando, nenas con mochilas, xente de todas as idades… E alí vou eu, no medio, tentando non esnafrarme co 1º bordillo. O que máis medo dá é cando tes que ir pola rúa, por onde van os coches, e hai un bus pisándote os talóns. Por sorte debe notárseme que son principiante ou aquí respetan moito ás bicis pq non te adiantan, e os coches só o fan se hai sitio de sobra.
Chego a clase (ás 8:30 da mañá!!! Sabedes o que me custa madrugar, non? Pois imaxinade…), empapada en suor pq aínda non vai moito frío e a bici… é o que ten. Sorte que aquí os desodorantes son baratos (a que sí, Muri?).
As miñas compañeiras/os proceden de: Nova Zelandia, Venezuela, Thailandia, Senegal, Cuba, Kenia, Australia, Corea, Brasil e Turquía. Hoxe incorporouse unha señora de Kosovo. Como podedes imaxinar é divertidísimo intentar comunicrase con toda esta xente. Tantas nacionalidades diferentes e conseguimos chorar da risa nas clases. Tocoume un grupo ben divertido, ou cun humor ben parecido ao meu, non sei. Pasámolo en grande!! Son xente moi interesante e estou aprendendo moito, así que non só vou saír falando algo de alemán. Sairei con algunhas nocións de xeografía, antropoloxía e espero que con algunha amiga. Son xeniais, de verdade!
Mirade cantas persoas diferentes e resulta que somos 3 casi-Marianas en clase: hai unha Marian (Venezuela) e outra Mariama (Senegal). O resto xa saben distinguirnos, pero as profes teñen un lío… hoxe senteime ao lado de Marian e para mandarnos ler eran as risas. O coreano chámase Eun Hong Choi (polo que dixo “Choi” é o apelido), pero dixo que podemos chamalo Paul, jeje. E onte cantou o abecedario en alemán acompañado da percusión que facía coas unllas! Non o podedes imaxinar… Cos que mellor me levo é con Justin (New Zeland), Robert (Brasil) e Marian. Rímonos moito, o que pasa é que teño que andar cambiando do galego-portugués ao español e ao inglés, pero é moi divertido. En canto saibamos algo máis de alemán será mellor, porque xa nos puteamos entre nós sen dominar a lingua do outro… imaxinade cando falemos o mesmo, jeje!
Remato xa, contando o da pisci. Fomos onte Aitor e eu e é ben diferente ás de alá (Ana iba flipar…). Para comezar non hai rúas, co cal cada unha nada por onde quere, chocas con todo o mundo… en fin, que iso de que os alemáns son organizados é un mito máis. Non levan gorro, van co pelo solto (super guarrada, pq vas comendo os pelos da xente) e vin a unha rapaza maquillada!! Dentro da auga!!! Os vestiarios son mellores que os de alá. Nas duchas podes regular a temperatura e sae con moita forza e auga abundante.
Outra curiosidade [non ten q ver coa pisci, (ou sí…) pero acabo de lembrarme]: aquí non hai tampóns con aplicador! Non existen, non os coñecen. Xa sei que hai xente que prefire “sen”, pero que non haxa “con”... E polo de agora só vin “o.b.”, non debe haber outra marca…
Outro día cóntovos máis.Voume facer os deberes de alemán que senón mañá…
Máis nada: bicos a todas as guapas!!! (ás feas non, pq non coñezo ningunha que entre neste blog) e a todos os guapos!!
Coidádevos moito e botádeme de menos! Muaaaa!!
Mariana

11.11.06

Respondendo e máis parvadas...

Ola guapas! (bueno, e algún guapo, que tamén haberá...) jeje
Antes de nada, grazas a todas por escribirme. Faime moita ilusión atopar comentarios novos cada vez que me conecto. Non é necesario que fadagades o de "identifícome: maripuri". Chega con que o final poñades o voso nome ou, se tedes máis tempo, creades un usuario en blogger.com e xa poderedes identificarvos en todos os blogs!
Respondendo á xente brevemente:
Viri: que alegría ver dous comentarios teus. Bótote de menos. Aínda hai prazas na nosa pensión para a ponte. Oxalá veñades. Trae ao abuelo!!! E a Hadri!! E non te preocupes, que Aitor e eu coidamos moi moi ben o un do outro.
Montsiña: grazas tamén por escribir. Neste blog aceptamos filóloga como animal de compañ..., ups! perdón, como amiga, jeje. Que remedio! Sodes unha plaga! Incluso en Alemaña! Isto está cheo! En fin, sinto non ter estado cando viñestes de visita. Unha mágoa! Tería disfrutado moito indo por aí de viaxe con vós. Aitor non para de contar anécdotas dos días que pasastes aquí. As miñas amigas preguntaban: "pero cantos días estiveron Montse e Juanjo???", jejeje!!
Marquiños: alégrome de que che gustase o libro. É moi empregado nese tipo de actividades. Os CD's dese home son estupendos, entre a voz, o acento e as historias que conta... dá para reflexionar e relaxarse ao mesmo tempo, non si? PD: Anima aos compis a participar no blog!
Lore: aínda non entrei no teu. O outro día non me deixaba pq dicía que estaban en obras, reparando non sei que e non volvín ter tempo. En canto poida... Ei! Por que escribes tan estraño? No móbil vale, pero aquí non cobramos por caracteres! jeje. QT!
Raquel: as túas colaboracións como enviada especial en Portugal son esenciais! Grazas por escribir. Bótote de menos!
Mónica: grazas polo mail. Puf! Non tiven tempo de respostar, pero fareino. Sorte nas prácticas!

E ás demais... só dicirvos que me lembro moito de todas e que agardo a vosa visita. Aquí xa comeza a facer moito moito frío. Todo se prepara para a neve. Eu case teño ganas de que chegue... É tan bonita, tan bucólica a paisaxe... snif, snif...
Estes días ando algo cansa e algo depre. Cousas hormonais... así que non teño moito máis que contar ou, mellor dito, non teño moitas ganas de escribir. Así que ata o vindeiro post.
Bicos a centos, incluso para os cheirentos! (a rima da semana patrocínaa... Afri-Cola!)
Mariana

7.11.06

Bisbal e outras cousas...

Hallo Freundinen!! Ola amigas!
Que alegría ver todos os comentarios! Que éxito o primeiro día! Supoño que dentro duns meses só quedaremos as mellores, jeje!
Ei! Pídovos un favor! Firmade os comentarios, que senón teño que adiviñar quen escribiu cada un. A única que firmou foi Lore. A que escribe en portugués é Raquel e o que fala de Italia sei que é Carlos, pero non mola que teña que andar deducindo quen me escribe! Cunde que firmedes as intervencións, vale? Tamén para que o resto da xente saiba quen fala. Por certo, quen é a de "ola neni!", pq é o típico que diría Muri pero ela xa estivo aquí así que non poría o que pon... IDENTIFICAIVOS!!!
Ben, cóntovos. Onte descubrín que aquí se despiden dicindo "bis bald!" que é como "ata logo!", e claro, tendo a cultura televisiva española que teño eu respostei "Busta!!!", jejeje. E partinme de risa eu, Javi (de Graná) e Fernando (de Valencia). É unha parvada, pero creo que é a primeira palabra alemá que non se me vai esquecer, pola graza que me fixo! Terei que aprender rápido alemán para facer chistes, porque é un rollo que só os pillen dúas ou tres persoas! Javi dí que debería montar un clube da comedia en canto saiba falar ben, que seguro que ten éxito.
Xa teño número de teléfono alemán, fixo e móbil no mesmo aparatiño, así que se queredes chamarme só tedes que pedirmo. Daréivolo por mail, que é algo máis privado, e senón despois acósanme admiradores secretos e non teño tempo para tonterías, jeje!
Aquí a xente en xeral é encantadora. Iso de fríos e serios non sei de onde o sacaron, porque non paran de sorrir, pola rúa, as veciñas, os dependentes, as camareiras... dá gana de abrazalas a todas! Estoume contendo porque o de fríos si que son un pouco, é dicir, non se soban tanto como alá e tampouco vou facer amigas/os sobando á xente á forza, non? Xa cando cheguei de Arxentina tiven que facer exercicios de autocontrol porque a xente é menos cariñosa, pero aquí vou ter que facer un autocontrol moi grande! jeje.
Pois nada. Por hoxe xa chega. Mañá cóntovos máis. Por certo, non sei se sabedes que o 8 de novembro, ou sexa mañá, van parar as aulas nos institutos galegos para pedir que o ensino sexa en galego. Por se vos interesa fixeron un video que xa está colgado en youtube. Chámase "dillo a Laura" (este é o enlce: http://www.youtube.com/watch?v=x9D4ofmwXhk)
Disfrutade do día a día e tentade facer felices ás demais! Quérovos!!!
Biquiños mil!!!
Mariana

6.11.06

Willkommen!! Benvidas!!

Ola xentiña!
Que tal vos vai a vida? Eu por aquí, en Deutschland, adaptándome. Aínda estou aterrizando, porque aos 2 días de chegar xa tiña aquí a Gemminis e a Muri de visita, así que dediquei a primeira semana en Alemaña a pasear por todo o sur deste bonito país, de arriba a abaixo, ata non poder case mover unha perna! jeje. Pasámolo en grande e teño mil anécdotas para contarvos, pero será noutros post porque o 1° non quero que sexa tan longo.
Estes días dende que marcharon as amiguiñas, como di Olalla foron "muy sin más". Estiven arranxando cousas típicas de cando un se instala nun sitio, papeis, cousas da casa, do banco, da universidade... en fin, burocracia. Agora xa está case todo no seu sitio e comezo a vivir en Tübingen. Estou coñecendo a xente moi interesante e máis que coñecerei, porque a semana que vén comezo un curso intensivo de alemán onde coñecerei xente de todas as etnias imaxinables e aprenderei o básico para comunicarme neste idioma tan chungo, que non hai quen o fale! jeje.Bótovos moito de menos a todas e a todos. Pero xa queda pouco para o Nadal así que en nada tédesme aí outra vez dando a vara...
Un bico moooooooooi grande para os que me botades de menos!! E un bico moderado para os que só vos lembrades de cando en vez de min!
Mariana