Como vai ese final de mes? Eu ando agobiada preparando exames e oposicións. En fin, que non dou feito e estudo todos os días mais non avanzo nos apuntamentos. Será unha paranoia miña, pero teño a sensación de estar atascada nos primeiros temas...

Póñovos a foto aquí dun canciño que dende hai uns días entrou no meu corazón para non saír nunca. É o novo integrante da familia e chámase Peti. Adoptouno meu irmán haberá como un mes nunha clínica veterinaria que recolle cans abandonados. Calculan que ten un ano e debéronlle pegar bastante os seus antigos donos porque anda con medo e asústase cos movementos bruscos ou cos ruidos. Pobechiñoooooo... Canta mala xente anda por aí solta. Pero agora xa está nun bo fogar onde o imos coidar e querer moito. Máis ben a miña familia, porque eu só o verei as fins de semana cando estea en Galiza.
É o can máis tranquilo e bo que vin nunca. Non ladra, non molesta e en xeral obedece, sobre todo ao meu irmán, claro. Só mexa e caga no campo e non se pon coma un tolo cando pasa outro can. É unha marabilla. Dígovos que é educadísimo e creo que por iso pode convivir coa miña nai, que agora xa o acaricia incluso por pracer (o nunca visto!).
E cambiando de tema... hoxe estiven con Carliñoooooos!!! O noso enviado especial en Milán. Non o vira dende que marchara para alá, así que me fixo moitísima ilusión!!! Foi un dos primeiros en visitar este blog e escribiu algunha experiencia dende Italia. Aínda que só ven por uns días e estamos liadísimos tod@s coas historias da facul, espero que quedemos coma hoxe e botemos unhas risas. No xantar: Raquel, Lu, Carlos e máis eu. Logo chegaron Erika e Jose. Como nos vellos tempos! (vaaaale, o ano pasado, pero é que o tempo pasa tan rápido... jejeje). Foi xenial. E hoxe ata conseguimos falar con Pepelu sen facer o idiota (unha longa historia...).
Máis cousas: O sábado chegou o meu querido mozo cos seus alumnos/as alemáns a Santiago. Pasearon cun bo guía turístico (Rober) e disfrutaron da gastronomía galega. Pola noite concerto de Adriana Calcanhoto. Realmente marabilloso. Despois bailoteo e os que conseguimos chegar espertos ás 3 da mañá fomos á radio galega, ao programa de Mariajo, "Quedamos na galega", que polo visto é o programa de radio máis escoitado nesta terra. Vese que a xente en Galiza non durme, jeje. Alí falaron Aitor, unha alumna madrileña e un alemán. Tiñades que escoitar que ben falaban en galego. O alemán tamén falou en catalán, occitano, francés e retrorromanche, vamos, o típico, jejeje. E eu con Rober, na cabina co técnico de son, morrendo coa risa. Despois durmimos tres horiñas na casa de Mariajo e logo marchamos cada un para a nosa cidade.
O domingo eleccións. Votei co meu irmán e con Peti. Bueno, a él non o deixaron, jeje. E logo fomos de paseo. Por sorte o PSdG perdeu a maioría absoluta. Aínda que o PP gañou votos. Sempre unha de cal e unha de area... Unha vergonza porque non había un partido decente ao que votar. (En Vigo librástesvos da Porro, non si???)
Ben, pois nada. Non teño moito máis que contar. Seguirei estudando e poreivos fotos que teña no meu arquivo pq agora mesmo estou sen cámara, que ma ten o churri.
Biquiños para todas/os!!! E xa sabedes, se me queredes ver... estou na biblioteca da facul de socioloxía (agora tamén nosa) todo o día... q triste... jejeje
A coidarse! Saúde e amor para cada unha/un de vós!