Que ganas teño de ver a luz ao final do túnel!! Que ganas de deitarme, durmir e espertar o 16 de decembro cun 5.0 no Proxecto Final... Canto tempo desexando rematar...
Tiven sorte de atopar boas compañeiras ao longo do camiño, non me podo queixar. Son as que me dan folgos para seguir. Grazas!
E cantos máis xornais e telexornais miro, máis ganas teño de vivir en Alemaña. Non é que alá non haxa problemas pero como non entendo o que din na tele, vivo tan ben, jejeje.
Hoxe houbo sesión de goberno e faltaron 190 deputados. Sen comentarios.
Hoxe tamén: xuízo contra un home que tentou matar a martelazos á súa muller. E eu só podo pensar que estamos creando monstros coma ese, que non son máis que froito do que sementamos. A continuación, un anuncio dun tipo que vai conseguindo cousas con só "chasquear" os dedos, entre outras que se lle caian as bragas a unha rapaza.
E mentres os estados "apadriñan" aos bancos e a xente anda a preguntarse se é oportuno ou non remexer nas fosas comúns (que total ben estaba a merda debaixo da alfombra), outros son xulgados por queimar fotos dos reis. Sorte que a xustiza se encarga de protexer aos máis indefensos. E sorte que vivimos en democracia e en liberdade neste país.
Para que viaxedes comigo a outro lugar durante uns minutos e esquezades as miserias humanas, póñovos un par de vídeos. Unha canción irresistible:
E, se tedes uns minutiños máis, un vídeo im-presionante dun tío que parece de goma!! O baile chámase popping, polo fulano que o inventou, pero eu nunca vira nada igual e parece que o xurado deste casting ou concurso tampouco. Flipade:
Levo días dándolle voltas a unha idea: que imaxe transmitimos aos demais? Que percibe a xente de nós? Alguén pode chegar a coñecernos de verdade?
O comentario de Olivia Newton Jonh no anterior post, sobre que nunca chegamos a coñecer a unha persoa de todo, fíxome reflexionar sobre a imaxe que damos/dou. Creo que se dúas persoas que me coñecen de lugares distintos falasen entre elas non coincidirían na miña descrición. Se cadra non saberían nin que falan da mesma persoa. Non sei se é un problema ou non, pero as persoas perciben de min cousas moi diferentes.
Estes días coñecín xente nova. Coñeceranme mellor que as miñas “amigas de toda a vida”? Saberán cousas de min que os/as que me queren non saben polo simple feito de ter outra perspectiva?
É curioso pero ás veces síntome unha estraña entre coñecidos. De súpeto alguén di que algo é “do meu estilo” ou que algo “me pega” e eu quedo sorprendida porque descubro que resulta que hai cousas que van comigo e outras non. Por que? Non o sei.
O ser humano tende a clasificar, a etiquetar ás cousas e ás persoas para poder “xestionar” mellor o seu mundo, para poder entendelo. Isto é una realidade. Non podemos vivir no relativismo absoluto. Pero ás veces esas etiquetas restrinxen o coñecemento da realidade, limitan a visión do mundo. Eses “post-it” que imos poñendo xunto á imaxe das persoas na nosa base de datos do cerebro, fan que as nosas relacións estean baseadas en estereotipos que a maioría das veces resultan falsos ou, cando menos, incompletos.
Algo que si que sei que me gusta facer é romper esquemas. Encántame ver a cara de sorpresa que se lles queda ás persoas que descobren algo de min que descoñecían e que non encaixa coa etiquetaxe que me asignaron. E é aínda mellor cando a persoa á que sorprendes é alguén que pensa que te coñece ben, aínda que só sexa polos anos que levades sendo amigos/as.
Lembro un cursiño no que un rapaz tarareaba unha canción polo baixo e eu, que estaba ao seu carón, continuei a canción. Era dun grupo de hip hop bastante coñecido. Non sei porque lle sorprendeu tanto. Flipou. Supoño que non sabía que, aínda que levo o tiro do pantalón no lugar estándar e non movo os meus brazos coma se tivese nacido no Bronx, escoito ese estilo de música dende hai moitísimos anos. Seguramente coñece ese grupo dende hai máis anos que el, por culpa do meu irmán. Pero polo visto iso no encaixaba no meu perfil.
Eu tamén etiqueto á xente. Pero nunca pecho o arquivo. Creo que nunca lle dixen a ninguén “en serio que che gusta isto? Pois non o imaxinaba” ou “isto non che pega nada”. É un problema á hora de mercar os agasallos de aniversario, porque nunca sei o que se supón que lle vai gustar a alguén ou cal é o seu estilo.
Un consello: botade ao lixo todos os “post-it” sobre min porque se ides seguir engadindo non vos vai chegar o espazo no cerebro, jejejeje. Non son unha friki. Simplemente teño un perfil moi amplo. Toda a roupa que ves nas tendas, TODA, é do meu estilo. Jejeje. E o Rockabilly é un tipo de música que me rechifla, xunto co pachangueo, a música coral, o hip-hop, o R&B, os cantautores e a copla. Houbo alguén que me dixo unha vez que parecía unha gramola. Jejeje. Pode ser…
Déixovos con outra canción que me gusta. Coñecín este cantante, que ten unhas letras divertidísimas, grazas á xenerosidade desinteresada de Moi. Que marabilla de xente!
Que? Flipades con tanta actualización en tan pouco tempo eh!
Agora que descubrín como se meten vídeos creo que vou actualizar con máis frecuencia porque ás veces unha non ten ganas de escribir moito...
Graciñas a Rober e a Lore por comentar. Sen comentarios ás veces parece que escribes para nada, que non te le ninguén. E a palabra escrita sen lectores non ten sentido, non? Como a palabra falada sen oíntes, supoño.
Pois aquí, predicando no deserto, déixovos un par de vídeos que me parecen moi divertidos. O primeiro é dun grupo que me lembra á miña pre-adolescencia. Debía ter eu 12 ou 13 anos e escoitaba case todos os días un casete que puña "Rocky Sharpe Collection". Encantábame aquel casete. Pasáramo o pai da miña veciña. Era xenial. A min a música dos 60 sempre me toleou. A canción que vos poño é seguramente a máis coñecida e creo que non é deles, creo que é do ano 57 dos Edsels. Pero o video está moi gracioso. Atendede ao momento en que un dos cantantes quita os lentes e debaixo ten outros! E ese mesmo despois baixa ata o chan e volve erguerse cos xeonllos flexionados: unha pasada! Parece de goma!
E outro vídeo que me encanta é este de Miguel Bosé coa súa sobriña (se ve isto Roger mátame):
E outra canción bonita de despedida. Non hai vídeo, é imaxe fixa. Pero así podedes seguir traballando mentres escoitades a música...
Así é como me sinto, no eido privado e no público da miña vida. Todo o que diga e faga pode e vai ser empregado na miña contra. No que levamos de mes descurbín demasiadas cousas que non me gustan deste mundo: que unha persoa é culpable ata que se demostre o contrario, que é máis doado roubar que poñer unha denuncia, que unha empresa defende ao ladrón antes que ao cliente honrado, que calquera persoa pode ter os teus datos e facer o que lle pete con eles, que estafar é máis sinxelo que atopar un lugar onde compulsar uns papeis e que hai certos cerebros que teñen a capacidade de almacenar información indefinidamente para sacala en calquera momento e facer dano. E descubrín ademais que a xente da miña idade tamén pode ter cancro.
Non pensedes que estou mal, pq estou feliz. É unha virtude estraña que posúo. Hai xente que é guapa, hai xente que é intelixente, hai xente que é detallista, hai xente que ten bo sentido da orientación... eu son feliz, pase o que pase. Unha sorte, a capacidade de sorrir fronte á adversidade. Unha virtude que tamén provoca envexas e desencadea conflitos, pero que polo de agora parece que non vai marchar. Oxalá dure toda a vida porque aprendín unha vez que toda situación, por mala que pareza, é susceptible de empeorar.
Para que reflexionedes sobre a privacidade na era da información déixovos aquí esta curtametraxe que se chama Remove:
E tamén esta ligazón a un blog que fala do controlados que estamos.
Algún pensará que toleei se non sabedes do que estou a falar. Para que vos fagades unha idea pinchade aquí.
E hai xente que está peor ca min: << Hola compañero. Estoy en la misma situacion que tu compañero. Hace varios meses recibi a mi movil vodafone 5 sms que ponian lo siguiente: "Se ha realizado correctamente la transferencia de 9.85 EURO al telefeno 6xxxxxxxx", el telefono no lo conozco y yo nunca acepte esa transferecia. El caso que en un momento me volaron 50 EURO a un nº de movil que no conozco y sin mi consentimiento. Llame inmediatamente al telefeno de desatencion al cliente ya qu nunca te dan una solucion al problema para confirmar quela transferencia que habia hecho de 50 EURO a ese movil era cierta y no una broma. Pues si era cierta habia pasado 50 euroos de saldo a un movil que no conozco sin saberlo y segun vodafone e tenido que aceptar los 5 sms que me llegaron. Estando mucho rato hablando con el 123 la unica solucion qu me dio fue que pagara y entonces luego haga una queja. Pero en ningun momento me comento que este servicio de traspaso de saldo se podia desactivar.
Al dia siguiente en el trabajo me sono el movil otra vez. Volvian a seer otros 5 sms con la misma transferencia pero esta vez a otro numero de movil. Me habian robado 100 EURO de saldo en 2 dias y volvi a llamar a vodafone al 123 y me siguieron dando la misma solucion que lo pagase y luego me quejase pero que yo esa transferencia la e tenido que aceptar. Entonces pregunte si este servicio se podia desactivar y me confirmo que si, asi que lo desactive ya que me sentia totalmente desprotegido por parte de vodafone. Yo nunca pedi que se me activara este servicio de traspaso de saldo y nunca me mencionaron si se podia desactivar. >>
E xente que estafa o mesmo que come. É tan doado. Tiña razón miña nai... que inxenua fun sempre. Pero xa comecei a espabilar, non vos preocupedes.
Parabéns a Ana e a María polo seu 25º aniversario.
E tamén ao meu irmán e á miña nai que fixeron anos estes días.
Disfrutade do que queda de ano e sede felices mentres haxa saúde que despois é demasiado tarde.