Ola xentiña!
Que tal esta super ponte que vos estades pegando? Ben, só algunhas, porque supoño que as miñas amigas enfermeiras están currando a tope coma sempre... E os que estamos no estranxeiro seguimos co ritmo normal. É o que ten estar fóra, que non che deixan celebrar os festivos do teu país, jeje. Aínda que o día da Constitución non me parece como para tirar foguetes, porque xa onde vai que había que reformala, pero...
Non me enrollo con bobadas que teño moitas novidades:
1º Xa rematei o traballo. Eva, acertaches seguro coa profe. En fin, é a tónica da nosa facultade. En xeral son tod@s uns impresentables e despois esixen coma se fosen os mellores.
2º Teño un Tandem. Non sei se sabedes o que é iso. Non me refiro ao das bicis. Aquí cando unha persoa sabe un idioma e quere aprender ou practicar outro que controla menos pon un anuncio dicindo a lingua que ofrece e a que pide, alguén chama e quedan, por exemplo, unha vez á semana, para falar e tomar algo, dúas horas, a primeira nun idioma e a segunda noutro. A que é unha boa idea? Pois eu non puxen anuncio e xa vou ter 2 tandems, jeje. Unha becaria encantadora que coñecín a través de Aitor propúxomo e aceptei. E a semana pasada escoitounos na cafetería un rapaz e quere tamén facer Tandem comigo. Estou aprendendo cousas do alemán que non se aprenden na escola de idiomas, collendo "soltura", e corrixindo a pronuncia... en fin, son como pasantías gratuitas e eu a cambio tomo un café falando en español unha hora. Mola!
3º En Tübingen celébrase estes días o festival internacional do Chocolate. Que? A que vos estades arrepentindo de non vir visitarme na ponte como vos dixen? Pois iso, que podo comer chocolate de todas partes do mundo e degustalo gratuitamente incluso nalgún stand. O outro día fun coas compis e os compis de clase de excursión ao festival e pasámolo moi ben. Hai ata unha exposición de obras de arte feitas con chocolate. E a fin de semana que ven é o mercado de Nadal. Todo un evento neste país. Chuni, Carmiña e Viri xa os coñecen, va que si?
4º E como puxen no título: aínda non nevou! Non entendo por que! Aquí a xente está contentísima porque normalmente nesta época do ano vai un frío de morrer, e agora temos sol e días un frescos, pero ben. Eu quero que neve!!! (volverei ler este post cando estea ata o cú da neve... jeje)
5º O día 22 vou para Galiza. Chego a Vigo porque viaxo con airfrance, pero supoño que ese mesmo día ou ao seguinte estarei na Coru. Pero non sei se me veredes moito o pelo porque meus pais están con "marianitis" e xa me avisaron que non me van deixar pisar a rúa sen eles, jeje. Dicídeme cando podemos vernos (cada unha e un de vós, quero un mail ou mensaxe dicindo cando podedes quedar! e quero saber cando é esa cea de clase!) e así organízome.
Creo que nada máis. Só lembarrvos que quedan 13 días... si, o 20 cumpro 23 aniños!!! Aviso para aquelas/es que sempre vos liades coas datas dos aniversarios.
Moitos bicooooooooos para todas/os!!! Quérovos!!!
Mariana
7.12.06
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
9 comentarios:
Hola Mariana!!
Me alegro de que, a pesar de las dificultades que en nuestra maravillosa facultad insisten en ponernos en el camino, hayas logrado acabar el trabajo. No me esperaba menos de ti.
Por fín, este lunes, subiremos para el campus de Elviña. Pero en estos momentos la asistencia a clase es casi tan escasa como en la época de CIA, porque la mayoría estamos de vacaciones. Por lo menos, todos aquellos que hemos decidido no escoger la asignatura del amigo Videla.
En cuanto a la cena de clase, espero que por fín la gente se anime un poco porque este año no parecemos los mismos. Con la marcha que teníamos el curso pasado... Que yo sepa por ahora no hay fecha para el evento en cuestión, pero en cuanto sepamos algo te decimos.
Ánimo con esas oraciones para que nieve!!
Bicos
Hay que ver. Encima que me utilizas como escusa para los escenarios y como modelo ni siguiera un mínimo agradecimiento
Ola Marianiña!!!
Acabo de chegar a casa e antes de comer decidín ver o teu bloj. Ánimo que só quedan 10 días para que volvas a casa como o Almendro.
Polo da neve non te preocupes, xa te fartarás, nesas zonas soe nevar moito. Só que este ano a neve está un pouco vaga.
O curso de MTL estase acabando, xa só queda 1 fin de semana e despois as prácticas. O outro día foi a cea e pasámolo moi ben (con borracheira incluída). Xa che contarei detalles cando nos vexamos, se non é en Vigo será na Coru.
Moitos bicos e ata a próxima. Sáudos a Aitor.
SERXIÑO
Aiii, Marianiña!!!Acabo de ler o teu último post preguntando pola cea de clase. Que lástima!Non podes vir un día antes?Dígocho porque como xa lerás no mail que mandei hai uns momentos, estase a programar para o día 21. O motivo é que o 22 dannos as vacacións e os que non somos da Coruña estamos desexando marchar para as nosas casas. Ben, se chegas o 22 cedo seguro que algún aínda andamos por aí, jeje!!
De todos xeitos, presente ou ausente, teremos un especial recordo para ti e o resto de colegas na diáspora. Ocórreseme que me enviedes unha mensaxe de felicitación e eu estaréi encantado de lela no voso nome. Sempre haberá unha copa preparada para brindar por vós.
Xa me contarás e, se non, xa che contarei vivencias e experiencias. Un bico e Bo Nadal!!!!
Ola marianita!
Q ilu o comentario no meu flog!!!
Chocolate pola cara?????? Qsorte!!!
Entendo q queras neve, eu tamén a estaría esperando!! Encántame a neve!
Eu en Nadal estarei bastante dispoñible, asiq adáptome. Xa queda menos pa verte!!
Eiquí tamén te botamos moito de menos!!!!!!!
Bicos fortes, fortes, qnin diola!!!
Hola corazón!!!
Soy anita, en el 1º comentario q t hice se me olvidó ponerlo y claro luego tuviste q andar deduciendo jeje.
Tía, q guarrada lo de las piscinas eh!!
Y de la nieve, ya te digo, nosotros ibamos a ir como el año pasado, pero como no sea atirarse a rolos por la ladera abajo, está algo complicado.
Bueno, te podría contar muchas cosas, hay alguna q otra novedad importante en mi vida, y q seguro q a ti te alegrará saberla...¿t puedes imaginar por donde van los tiros? no t preocupes q t mandaré un mail pa explicarte todo.
Decirte q pa navidades en ppio cuando tu puedas pq yo trabajo todos los dias asiq... quérote wapa! ya hablamos vale?
Bicosssssss pa Aitor
P.D: nos hemos hecho un fotolog mari y yo, es www.fotolog.com/gemelas_live asiq a comentarnos eh!
Ola nena, por fin entrei no teu blog, despois de todos estes meses... En nada xa estamos xuntos e poderemos ir tomar un dos nosos bocatas aos vellos. Tráenos chocolate, non te esquezas (hehehe)!!!!
Un bico enorme aos dous.
Ola Mariana!!!
Moitas felicidades!!! Xa tes 23 aniños, xa es toda unha muller!! je, je.
Aproveito esta felicitación para recordarche que só che quedan 2 días para voltar a terriña. E 2 para volver a vernos.
O curso de MTL xa rematou e xa comezo a votar de menos a xentiña que compartiu moitos fins de semana de risas e de novas experiencias.
pois o dito pásao ben no día de hoxe e ata dentro duns días.
Bicos pa ti e pa Aitor.
SERXIÑO
Guapa!!
Que aproveito o teu "caderno" para felicitarche o aniversario: Que fagas moitos máis!!!
(Íache cantar, pero como isto igual o ve moita xente case vou pasar, non vaia ser que me descubra alguén dunha discográfica e queira ficharme!!!)
Bicos.
Montse
Publicar un comentario