28.5.07

Peti, o novo integrante da familia

Ola xente!

Como vai ese final de mes? Eu ando agobiada preparando exames e oposicións. En fin, que non dou feito e estudo todos os días mais non avanzo nos apuntamentos. Será unha paranoia miña, pero teño a sensación de estar atascada nos primeiros temas...

Póñovos a foto aquí dun canciño que dende hai uns días entrou no meu corazón para non saír nunca. É o novo integrante da familia e chámase Peti. Adoptouno meu irmán haberá como un mes nunha clínica veterinaria que recolle cans abandonados. Calculan que ten un ano e debéronlle pegar bastante os seus antigos donos porque anda con medo e asústase cos movementos bruscos ou cos ruidos. Pobechiñoooooo... Canta mala xente anda por aí solta. Pero agora xa está nun bo fogar onde o imos coidar e querer moito. Máis ben a miña familia, porque eu só o verei as fins de semana cando estea en Galiza.

É o can máis tranquilo e bo que vin nunca. Non ladra, non molesta e en xeral obedece, sobre todo ao meu irmán, claro. Só mexa e caga no campo e non se pon coma un tolo cando pasa outro can. É unha marabilla. Dígovos que é educadísimo e creo que por iso pode convivir coa miña nai, que agora xa o acaricia incluso por pracer (o nunca visto!).

E cambiando de tema... hoxe estiven con Carliñoooooos!!! O noso enviado especial en Milán. Non o vira dende que marchara para alá, así que me fixo moitísima ilusión!!! Foi un dos primeiros en visitar este blog e escribiu algunha experiencia dende Italia. Aínda que só ven por uns días e estamos liadísimos tod@s coas historias da facul, espero que quedemos coma hoxe e botemos unhas risas. No xantar: Raquel, Lu, Carlos e máis eu. Logo chegaron Erika e Jose. Como nos vellos tempos! (vaaaale, o ano pasado, pero é que o tempo pasa tan rápido... jejeje). Foi xenial. E hoxe ata conseguimos falar con Pepelu sen facer o idiota (unha longa historia...).

Máis cousas: O sábado chegou o meu querido mozo cos seus alumnos/as alemáns a Santiago. Pasearon cun bo guía turístico (Rober) e disfrutaron da gastronomía galega. Pola noite concerto de Adriana Calcanhoto. Realmente marabilloso. Despois bailoteo e os que conseguimos chegar espertos ás 3 da mañá fomos á radio galega, ao programa de Mariajo, "Quedamos na galega", que polo visto é o programa de radio máis escoitado nesta terra. Vese que a xente en Galiza non durme, jeje. Alí falaron Aitor, unha alumna madrileña e un alemán. Tiñades que escoitar que ben falaban en galego. O alemán tamén falou en catalán, occitano, francés e retrorromanche, vamos, o típico, jejeje. E eu con Rober, na cabina co técnico de son, morrendo coa risa. Despois durmimos tres horiñas na casa de Mariajo e logo marchamos cada un para a nosa cidade.

O domingo eleccións. Votei co meu irmán e con Peti. Bueno, a él non o deixaron, jeje. E logo fomos de paseo. Por sorte o PSdG perdeu a maioría absoluta. Aínda que o PP gañou votos. Sempre unha de cal e unha de area... Unha vergonza porque non había un partido decente ao que votar. (En Vigo librástesvos da Porro, non si???)

Ben, pois nada. Non teño moito máis que contar. Seguirei estudando e poreivos fotos que teña no meu arquivo pq agora mesmo estou sen cámara, que ma ten o churri.

Biquiños para todas/os!!! E xa sabedes, se me queredes ver... estou na biblioteca da facul de socioloxía (agora tamén nosa) todo o día... q triste... jejeje

A coidarse! Saúde e amor para cada unha/un de vós!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que can máis lindo tedes!! É incrible e sangrante que a xente compre un can para mallar nel!!!!!
En fin, que seguro que atopou un bo fogar.
O domingo estivemos con Aitor e cos alemáns. A verdade é que é un grupo ben xeitoso!!
Marianiña, así que andas a estudar como unha tola. Se che serve de consolo, penso que a maior parte da xente que coñezo, nestes momentos, está contigo. De todos os xeitos, xa sabes o que din: mal de moitos...
E falando de resultados electorais: en Salceda pasou algo incrible: despois de 30 anos cun mesmo alcalde (do PP, por suposto), cambiou o goberno e haberá alcaldía do BNG. A ver que pasa. Despois de tanto tempo, supoño que os novos aires non virán mal.
E mais nada.
muacmuacmuacmuacmuacmuacmuacmuacmuac!!!!!!!!!!!!!!
Montse

Anónimo dijo...

NENNNNNNNNNNNNNNNNIIIIIIIIIIIIIII¡¡¡¡bueno...primero perdón por no haberte ni llamado pa darte la BIENVENIDAAAAAAAAAAA¡¡¡¡¡p te aseguro q no eres la única q ta liadísima...ya ves...prefiero ni contarte mi semana anterior..y esta va por el mismo camino...ASI Q TUVISTE ENVIDIA DE LA MI NE Y LE BUSCASTE UN NOVIO...EEHH??????Q MEJOR PERRITA Q LA MI NE??aaayyy...ya se la presentaré en cto la lleva a la pelu...ayer la bañé...q estaba...q ni se veía..en fin..AAAAHHH...te recomiendo q no le digas a gemminis q llevas a PETI a mear a la calle..OYE...Q YA QUEDAREMOS PA PASEAR A LOS ANIMALES..NOOO???JAJAJA..por fin alguien me va entender...besosssssssssssssssssssss enormesssssssssssssss¡¡¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Pero como podían mallar nun canciño tan guapo? Se ten unha pinta de bo que non pode con ela... Biquiños para todos, especialmente para o novo da familia

Anónimo dijo...

QUE FUERTE!!!!
Muri me has decepcionado.
Sabes que no me gusta crear polémicas, pero esto ha sido una puñalada por la espalda, q creo que no merezco.Así que sintiendolo mucho:

"MEAR EN LA CALLE: PERRO vs GENTE"

Es curioso la doble moralidad de alguna gente q no se priva de llamar guarro a un joven meando en la calle, cuando ellos sacan a mear a su perro a la calle TODOS LOS DIAS.Al menos el joven la mayoría de los días mea en un orinario (lo q tampoco lo hace mejor pq al fin y al cabo va a parar al mismo lugar).

Como no me quiero extender, termino con la siguiente conclusión.
"Gente meando en la calle = guarra?
Gente q enseña a su perro a mear en la calle = GUARRISIMA"

PD: Si no quieres que me entere, NO LO ESCRIBAS EN EL BLOG.
PD´: Tranquila, puede q un día tenga un perro y consiga entenderte, o no?

Anónimo dijo...

q lindo peti!!!
a ver un dia q qdemos lo bajas y asi tenemos 2 perros en la pandi, q la Ne genera discusiones entre las putis y eso no puede ser jejeje

y muri, no creo q mariana entienda eso de levantarse a las 3 pa abrirle la puerta y q salga el perro a echar un pis, lo dudo muchisisimo...


bicos puti

Anónimo dijo...

HASTA LUEGOOOOOOOOOO..¡¡¡como diria la lo....ay dios..como se os pira...no sé a quien mas..si a gemminis o a mi neni...besissssssss...ENVIDIA...q vos no teneis ni una mi ne ni un peti..verda???
muaaaaaaaaaaaaa...

Mariana dijo...

Que super-polémica, ou mellor dito: PUTI-polémica!
Non vos enfadedes. que xa teredes tempo de coñecer a Peti e sacalo a pasear. El só mexa no campo, pero non nos xardíns, non. El quere monte! Pq é de caza e tíralle o monte. Unha sorte non? que xa veña educado, jeje. Así que Gemminis non me pode odiar por iso, que teño un can civilizadísimo! jeje.
E Muri, sabes q? Aínda non coñezo a "TU NE!". Q atraso! En fin, a ver se despois dos exames...
E as moi PUTIS mándanme mensaxe en tetas dende a praia e eu na biblio chapando... a vinganza sérvese en prato frío (ou algo asín).
Bicooooooooos!!!