1.8.07

CARNEIRO AO ESPETO

Amiguiñ@s!!
Xa estou de volta. E vou facer unha breve actualización só para contarvos q este domingo pasado estivemos na festa do Carneiro ao Espeto en Moraña e que o pasamos xenial.



Como vedes na foto, puxémonos como o kiko!!! jeje. Pasámolo en grande. 21 amiguiños e amiguiñas xuntos ao redor dun xantar riquísimo. Espero que repitamos.
E despois bañámonos no río/estanque que había preto. Todas e todos en roupa interior porque non levabamos bañador, pero foi moi divertido. A intrépida de Gemma foi a primeira que conquistou o teito dunha casa afundida no río e despois fomos tod@s nadando ata alí. Toda unha aventura.
Peti, o can do meu irmán, disfrutou como nunca. Nadou, retozou na herba e xogou todo o que puido.
Rober: manda máis fotos coma esta!!! Quéroas todas!! As do baño incluídas!!! (Rober foi o reporteiro gráfico oficial da festa).
O ano que ven iremos preparados, con neveiras, tortillas, ensalada, crema de augardente (para que non teñan que regalárnola os da mesa do lado - que riquiños!!-) e con bañador e toalla, para botar uns largos no río!!!
Un bico para todas/os e a ver se o ano que ven vos animades e imos 40!! Que non sabedes o que perdestes!!!
Especial mención e agradecemento @s da Coru que viñeron: Gemma, Anita, Peti e meu irmán, que son @s que sempre se apuntan a un bombardeo e non me deixan quedar mal, pq se non nunca levaría amiguiñ@s aos eventos!!!

PRÓXIMAMENTE: Post dedicado ao Licenciado en Dereito máis guapo e simpático con bolsa Post-doutoral en Tübingen que coñezo!!! JAVIERÍN, PREPÁRATE....

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas! Estou pensando se gardo as fotos do baño para publicalas no Tomate cando sexades ricos e famosos (hai que ter alternativas por se as oposicións se resisten, e como sempre fun un paquete xogando ó fútbol...). Xa en serio, moitas gracias a tod@s por unha boa comida e mellor compañía!Biquiños

Anónimo dijo...

Olitas!!
Realmente xenial. Debía haber carneiro cada mes. O único pero: o sol de xustiza (ou mellor, de inxustiza). O mellor: a compañía. Con xente así podemos ir á fin do mundo!!
Bicos a todos os carneiraos!!
Montse

Anónimo dijo...

olas,
tiña que estar traballando, pero...
a verdade que foi xenial. espero que non teña que pasar outro ano para xuntármonos todos.
bikiños a centos para todos e todas
laura

Churracatina dijo...

holaaaaaaaaaaa guapos esto lo estas viendo ahora y no tiene muxa gracia pro asi aprendo
os kieroooooooooooo

Mariana dijo...

Churrakatinaaaaaaaaaa!!
Benvida!!! Despois de dedicarle un post a Javi déboche un a ti e a Peti (o orixinal, non a copia en pequeno que ten meu irmán, jeje).
Un bicooooooooooooo!! Cóidate!!