Ola xente!
Hoxe voulle dedicar o meu blog a dúas persoas ás que quero moito e coas que teño pasado moi bos momentos. O outro día tivemos unha conversa moi divertida por internet con cámara web incluída. O lado máis positivo das novas tecnoloxías: a comunicación con calquera parte do planeta. Sentirte aínda máis preto da xente á que queres e botas de menos.
Esta parella son Juanjo e Montse e escollín esta foto porque me encanta e porque no fondo son boa persoa e non quería poñer as que nos sacamos o outro día en pixama, jeje. Perdón, Montsiña (como di Aitor) en bata, que é unha señora, jeje.
Montse e Juanjo son unha proba de que existe o amor e de que dúas persoas poden complementarse de tal xeito que sexan aínda mellor xuntas que por separado. Son o equipo perfecto e para min un exemplo de parella. Quérense, respétanse e cóidanse un ao outro, como deberían facelo todas, aínda que por desgraza moitas veces non sexa así. Teñen unha relación sa (que xa é moito dicir nestes tempos) e ademais relaciónanse co resto do mundo (que tamén é raro, jeje).
Por sorte cada vez atopo máis parellas deste tipo. Máis relacións igualitarias, nas que ningún membro somete ao outro. E máis relacións maduras nas que non hai discusións diarias por calquera chorrada de adolescentes de tipo “que facías falando con esa?” ou “como non te lembraches de que hoxe é San Valentín?? Non me queres??”.
Alégrome de ver que a hai xente que quere, que sabe querer e que ademais se deixa querer. Nunha sociedade que tende ao individualismo (no sentido negativo da palabra), ao egocentrismo e ao egoísmo, dá gusto atopar xente que dá sen esperar recibir e que ama sen medo, sen inseguridades, sen barreiras.
Dende aquí un bico moi grande a este par de dous, cos que seguramente coma as uvas un ano máis (con piscina climatizada incluída, espero!!)
Coidádevos moito e seguide queréndovos tan ben!
Apertas a centoooooooos,
Mariana
PS: Recoméndovos unha canción preciosa que fala do amor a primeira vista. Pedro Guerra e Chico Cesar: http://mx.youtube.com/watch?v=aSAjaDCLRtI
2 comentarios:
Ola guapísima!
Eu case nunca escribo aquí ningún comentario, pero hoxe, cando abrín o blog e vin esta foto tan fermosa apeteceume escribir. Non só pola foto, senón polas persoas e pola descripción tan boa que fai Mariana deles, descripción que eu afirmo totalmente (e que Mariana faino case todo ben, e eu case sempre estou dacordo con ela) Bueno, isto digo porque, para os que non o saibades, eu son a nai do seu mozo, así que non fai falla que vos explique porque o digo.
Sei que teño unha cea pendente con Juanjo e Montse, pero como son tan boas persoas, ata que sei que me perdoan. A ver se nos vemos no Nadal.
Biquiños
Ola!!
Vaia sorpresa abrir o blog e atoparnos cunha foto tan coñecida!!
Graciñas Mariana polos teus comentarios, pero, se cadra, é mellor que busques a outros de modelo, que iso é moita presión.
Elvira, cando queiras solucionamos o da cea!!
Biquiños a todos!!
Juanjo e Montse
Publicar un comentario