7.11.08

Festa solidaria




O día 22 de novembro: Festa Solidaria da OCV (Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC), na Sala Boite do Playa Club. É unha festa para xuntar cartiños para os proxectos de voluntariado das Rañas, Bañobre e O Portiño. A entrada son só 3€, e eses cartos van íntegros a estes proxectos, así como o 50% das consumicións.

Avisádeme os que queirades ir para recoller as entradas na OCV. Nos vos podedes perder esta festa! Por fin os cartos derrochados na fin de semana serán ben empregados.

Biquiños!!

Mariana

1 comentario:

Unknown dijo...

Ola guapa!
Hai moito que non escribo, pero aquí vai o meu recordo do 13 de novembro do afundimento do Prestige. Para todos os amantes das terras da Costa da Morte.
A letra é da canción "Memoria da noite" de Luar na Lubre.
Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz
as redes baleiras, sen gaivotas.
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar
quererán pechar cunhas moedas,
quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Nos imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.
Bicos a centos.