21.1.07

Sobrevivindo a un furacán...


Despois de moito tempo sen escribir aquí estou. Xa sei que algún me botou a bronca porque non actualizo, e é certo, pero non tiven moito tempo e cando tiven non tiña internet. Non son moi boas excusas pero son as que hai.
Como estou celosa dos fotologs das miñas amigas vou tentar poñer fotos con cada post, ok? Por pura envexa nada máis, non porque me gusten as fotos.
E para comezar, tendo en conta que estou en ordenador alleo e non hai demasiado onde escoller, vou colgar esta preciosa foto na que tres membras da puti-pandi aparecen tiradísimas despois de moito pasear no meu super salón con mantas e sabas de IKEA, jeje. Dígoo, por se alguén recoñece o atrezzo ou ás actrices.
A ver se as demais e os demais vides visitarnos porque tedes todos unha cruz negra enorme na lista de amiguiñ@s que aínda non fixeron visita!
Que máis? Por aquí todo ben. Sobrevivimos ao furacán. Aquí chámanlle vento a calquera cousa, jeje. En fin, no sur non chegou moito, ou non máis que calquera día de inverno en Galicia. Pero vése que no norte houbo moitos mortos e pérdidas materiais.
Aquí estamos ben, así que deixade de chamar e mandar mensaxes para preguntar. Ah, non, é certo, que NINGUÉN CHAMOU NIN MANDOU MENSAXE!!! Que pasa? Que como non saímos no telexornal amarrados a unha árbore xa vos quedastes tranquilos? Que vergonza! Que só se preocupasen as nais... parécevos bonito? Xa veredes, xa. A vinganza sírvese en prato frío! (ou algo así).
Pois nada, déixovos. Sen máis novidades. Vou facer como que estudo ou traballo un anaco e despois verei un capítulo de Prison Break, Anatomía de Grey ou House, que son os meus 3 vicios televisivos dos últimso meses.
Un bico enorme para todas e todos os que me len. E se vedes que tal poñede algún comentario finxindo que estivestes moi preocupados por nós vendo o xornal de Antena 3, que seguro que puxeron máis imaxes que ninguén de coches esmagados por árbores.
Quérovos! Incluso na solitaria distancia...

7 comentarios:

Unknown dijo...

Vaia oh!!!
Eu que pensaba que nos íamos a quedar sen país sustentador de cervexas e salchicas!!!?
Pois... si che digo a verdade, case non me enterei dese furacan que arrasou Europa. Tiveron que dicirmo por menssenger!

Bem. vou facer unha petición:
- poido por aquí unha queixa?!
- si, claro que si.
- ah! obrigada. Vaia merda de profesores que temos na Corunha que son uns vira-chaquetas. asi da gusto, con tanta seriedade!

Obrigada por deixarme desafogar nun lugar público.

Beijinhos e a cuidarse. que non vos pilhe a neve.
Vémonos en breve.

Anónimo dijo...

Anda esaxerada! Normal que se preocupen vosas nais, vén co posto de regalo! Pero non sabes que as malas novas chegan antes que as novas? Pois vendo iso, e non tendo malas novas de vós... sabíamos que andariades ben, esaxeradiños.
Biquiños
Vero

Anónimo dijo...

ola marianita!
xfin noticias tuyas!
yo no sq pasara dpreocuparme sq ya vi n l telediario q no era xtu zona lo más grave... jaja!

qntrañable la fotillo qhas puesto!
si tanta nvidia tdan nuestros flog s xq los miras d vz n cuando... pos ntnces comenta! jaja

wno, d sta vz la spra pa reencontrar a la putipandi s más corta asiq eso siempre ayuda no?

un bsito marianita!

Anónimo dijo...

No le hagáis demasiado caso. En el Norte de Alemania fue muy fuerte. No llego a huracán, pero se quedo en una ventisca. Por supuesto que en Galicia es más. Pero es que estamos a 1.000 Km. del norte. O sea es como si hay un huracán en Galicia y yo, que soy de Granada, que hay un poquito de viento.

Anónimo dijo...

nena! aqui estoy comentando yo jeje, oóyeme una cosa, pq no veo la foto? q está ocurriendo? algo falla y no me gusta un pelo, en fins...
siento no haber preguntado del huracán pero sinceramnt ando desconectada del telediario y todo aquello q me acerque un pokillo al resto del mundo, es lo q tiene currar a turnos, no me paro a estas historias jejeje.
ya sé q estoy en tu lista de amigas q deben visita, pero...a ver si en breves apaño ahi unos turnos y voy q la verdad es q me aptece veros y conocer todo eso
eno, sin mas q decirt, no hay muchas novedades, ya sabes, echando mucho de menos al pitu... pero me va a venir a ver esta semana!!! dios, toy deseando ya, ahora te entiendo eh...

corazon, a cuidarse vale? querovos moito!!!
bikiños

Anónimo dijo...

Hola guapa!Outro que se incorpora gracias o ordenador da biblioteca (todo sexa por non estudiar).Como no telexornal dicían que o gordo estaba no norte pensei que non vos iría tan mal.Por aquí poucas novidades e o enésimo rumor sobre as datas: parece que en marzo terei que darme unha volta polas Canarias e de paso facer o exame, así que as viaxes quedarán para mellor ocasión. Un biquiño!!

Anónimo dijo...

Oh!
MIIIERDA!!!
Que no te llevó el huracán??
Joder, "QUE CORTE DE NOTA"!!!
Bueno, mejor suerte pal próximo, je,je(mira que soy PUTI)

Tía me encanta la foto, ese "momentasso": Elenita sobando (aunque despierta pa la foto, eh? pillina)y nosotras en nuestra sesión de doblaje. Buenísimo.
Por cierto,cuando repetimos??

Bueno si más novedad, me despido ya. Bsos pa´los 2
PD:saludo de mi hermana Lucía.