
Ola a todas/os!
Por fin, nevou! Comezou antonte pola tarde e non parou ata hoxe. A cidade está fermosa con tanta neve.Vai un poicp de frío pero paga a pena, porque agora sí que me parece vivir dentro dun conto! (exceptuando a parte en que esvaras pola rúa ou a parte en que chegas a casa coas botas cheas de lama... pero en fin, é o que hai).
A foto que poño é a da nosa rúa, coa nosa casa ao fondo. Sinalei cunha frechiña o noso balcón, para que vexades exactamente onde vivo. Que didáctica son, eh!
Pois nada, en cuestión de tres horas estaba todo cuberto de neve. O primeiro día foi guai porque podías ir pisando neve virxe, xa que a esas horas (10 da noite) pouca xente había pola rúa, por non dicir ninguén. Só atopei un par de pegadas de camiño a casa e unhas resultáronme curiosas porque eran de botas de punta con tacón. Parece que aquí as rapazas "antes muertas que sencillas", porque co frío que vai, ir con taconazo hai que ser... Pero bueno, é o que teñen os pijos e pijas do mundo, que son moito máis homeotermos que os demais. As pijas, en pleno inverno, cando ti levas tantas capas de roupa que case non podes camiñar e vas coas pernas medio abertas como o boneco de Michelín, elas con mini-saia. E os pijos, en pleno verán, cando estás dentro dun pub en camiseta de tirantes que xa non sabes que máis sacarte para deixar de suar, eles co xersei de Lacoste e se tal cunha cazadoriña posta, por se acaso. Pois sí, son unha raza superior, jeje, en todas partes!
A estas horas xa deixou de caer purpurina do ceo pero supoño que en breve voltará o señor/a (Deus ou quen sexa) e será precioso unha vez máis. Sinto que perderades este acontecementos os que viñestes visitarnos. O peor Carlos, que marchou xusto un par de días antes e papou frío sen máis, quero dicir, sen neve.
Bicos para todas/os as/os que comentastes o anterior Post. Aínda que poñendo as típicas excusas que xa esperaba... (quitando Gemmis, que falou con sinceridade, jeje). Espero que sigades participando. Aínda que non teñades nada que dicir, gustaríame que cando entredes poñades o voso nome e digades que lestes o Blog, sen máis, só para saber que estades ao outro lado desta pantalla.
Moitos bicos e apertas e cóidádevos moito!
PD: A ver se alguén de clase me responde e me manda apuntes ou algo de Viqui, que estou estresadísima e me estades ignorando!!! E por certo, cando hai que entregar o traballo da outra Viqui (a de Dereito da Información)???
6 comentarios:
Primeee!!! q ilu me hace jejeje.
qué bonito todo nevado, cada vez me da más ganas de ir a veros...
Mari y yo tb vamos a la nieve, a hacer snow, q te somos mu pijas, pero ya no sé si me acordaré, m voy a meter unas leches...
Hoy día triste y de bajón total, pero bueno, cosas q pasan, mañana será mejor.
Cuidaros mucho y abrigaros!!
Ya hablaremos guapa
bikiñosssssss
Hala que chulo!!!Abrigádevos ben e non collades frío. Biquiños!
Ola Mariana!!
Vas vir facer o exame de Diseño de producción?? Non tiña nin idea de que andabas a pedir apuntes. Eu pódoche mandar por mail uns que deixou ela na facultade. Ainda que non son gran cousa, polo menos podes ir estudiando un pouquiño.
Sobre o traballo de Viqui (a de Dereito) non teño nin idea de cando hai que entregarlo porque os que fumos a clase con entregalas prácticas que ía pedindo xa estamos aprobados. Case será mellor que lle mandes un mail preguntándolle.
Vouche mandar xa agora os apuntes de Deseño de producción por mail. É un documento de Word que pasounos ela dos Power Points que vimos na clase.
Ata pronto. Bicos.
Ola comentaristas!
1° Grazas por participar
2° Ana! de baixón nada eh! Quero verte feliz! Que con todo o que levas vivido, creo que este é un dos mellores momentos da túa vida, ou non? Disfrútao, que ti mais eu sabemos que duran pouco.
3° Rober: a ver se ves de visita cando eu estea. Bueno, primeiro saca a praza, jeje. Tranquilo que estamos ben abrigados.
3° Elena: mil grazas polos apuntes. Acabo de mandarche un mail e despois lin o teu comentario, así que ao mellor hai información repetida. Grazas outra vez e vémonos a semana que ven!
Bicos mil para todas!
ola pekeña!!!
asias xtus comentarios n l flog, se agradecen muxo!
state atenta xq n prox actualizaciones tndras tu huequin, xsupuesto!
ya keda mns paq vuelvas xaki, lo dla visitilla xmi parte aun va a tardar xq toy aorrando pa tunez y no ando tan forrada, sino dkabeza!!!
didactica siempre, sloq tien ser maestra!!! los mapas conceptuales y esas cosas... aprendizaje significativo... dcb... bla bla bla...
mañ mpiezo l practicumII n salesianos, aver qtal!
cuidat muxo pekeña!!
bsitos gigantes!
Así da gusto! é como un conto!!
Beijinhos!!
Publicar un comentario