1.2.07

Mafalda

Ola amigas/os!

Aquí estou, tentando actualizar o blog máis a miúdo para agradecer dalgunha forma ás fieis lectoras/es que entran sempre que poden a ver se escribín algo novo.


Hoxe decidín poñer esta viñeta de Mafalda porque, ademais de que me encanta Quino e como boa arxentina adoro as súas bandas deseñadas, acabo de atopar un fotolog de alguén que pon cada día unha viñeta diferente de Mafalda. Pareceume unha idea estupenda, que non vou copiar, agás hoxe. Fíxome moita graza esta e quero poñela. Non van ser sempre fotos miñas e de Alemaña, non si?


En fin, este mundo está cada vez máis violento. A xente di "non á guerra" pero en canto poden lle pegan o veciño. Estamos en contra do maltrato das mulleres pero cando un nos chama "fillo de puta" hai que pegarlle!! Porque insultou á miña nai (gran excusa. Seguro que a túa nai está contentísima de que defendas así a súa honra, aínda que despois te cagues todo o que queiras nela ou fagas exactamente o contrario do que che tentou ensinar...).


Neste mundo hipócrita ás veces vai ben un pouco de humor, para decatarnos de como funcionan as cousas, para pinchar á xente e que reaccione ante as inxustizas. Pero non só ante as inxustizas evidentes e lonxanas. Esas son moi doadas de ver. As que hai que cambiar, se realmente queremos facer algo (porque polo de agora ningún de nós ten o poder de deter guerras, catástrofes naturais, hambrunas, enfermidades...), son as inxustizas que ocorren ao noso redor.


Bueno, deixovos con esta pequena reflexión. Non sei porque me puxen tan seria hoxe, pero como sempre escribo chorradas tiña ganas de dicir algo serio. Tamén para felicitarvos o día de Don Bosco, que foi onte. Noraboa a todas/os as que tivestes a sorte, coma min, de coñecer a algún salesiano que vos ensinou a ser máis humanas/os. E síntoo moito por todas/os as que estudastes nun colexio de curas ou monxas e por iso deixastes de crer en Deus. Unha pena. E unha gran contradición, non?


Quérovos! Un bicaso!!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois sí, sempre está ben o humor vendo como está o panorama (e que o mesmo tempo estou lendo un xornal dixital, e mete medo), pero ademáis de Mafalda, que me encanta, eu son de Calvin e Hobbes (que lle imos facer). Un bico!

Anónimo dijo...

Fíxate! Un comentario con humor e reflexión. Deses fan falta moitos neste mundo de tolos. Moita sorte cos exames!!
Muacs.

Anónimo dijo...

Por cero, que o anónimo anterior son eu.
Montse

Anónimo dijo...

Que grande é Quino!!!!!!!
Sempre fico sem palabras ao ler calquera cousinha de Mafalda. Sen palabras si, mais com moitas risas!!

Douche a razón Mariana. Mais tamén me gustaria dicir que hai máis violencia que aquela que vemos ou sentimos cando nos insultan ou nos pegan directamente. Hai unha forte violencia que non identificamos como tal, unha violencia máis simbólica que nos impide ser mínimamente libres. Nesa tamén é preciso pensar! e tentar parar a quen a xera!

Beijinhos!!

Raquel

Javi dijo...

Toda la música de Anatomía de grey
http://abc.go.com/primetime/greysanatomy/music?pn=mguide

Mariana dijo...

NON PODO ACTUALIZAR O BLOG!!!
Levo días intentando pero meu irmán puxo mil antivirus no ordenador e non me deixan facer case nada!
Gracias por comentar Rober, Montse, Raquel (aínda máis filosófica ca min...) e Javierín (con buenas recomendaciones musicales).
Biquiños nos fuciños para todas!