Aquí estou, despois dunha dura loita contra o antivirus, para que me deixase entrar en Blogger e meter unha foto... buf, un lío.
Hoxe escollín esta, que amosa o que era a miña pandi na Volkshochschule (escola de idiomas, onde estudei alemán ao chegar). Aínda non puxera ningunha e quería poñérvola para que coñecerades a unha parte dos meus compis, cos que eu máis andaba. Comezando pola esquerda, despois de min (facendo a paiasa, coma sempre) está Justin (New Zeland), despois Yama (ou Mariama, de Senegal), Robert (Brasil) e Marian (Venezuela). A que son todas/os guapísimas/os?
Coa que máis sigo en contacto é con Marian e ao resto teño que escribirlles un mail, pero non sei ben en que idioma facelo, porque entre nós falabamos nunha mestura de todo o que sabiamos, jeje. A ver estes días se me poño con iso. A verdade é que as/os boto de menos... paseino moi ben con elas/es durante o curso e quedamos algunhas veces en horario "extra-escolar", jeje, para tomar algo. De feito Aitor deume unha sorpresa e tróuxome a Marian o día do meu cumpre. Estivo guai, non o esperaba... Justin creo que aínda anda pola súa terra e do resto non sei… teño que escribirlles.
Agora vexo moito a Leo, que non sae na foto, pero é o italiano. Moi divertido. Traballa comigo e cando se enterou de que marchaba un mes case chora, jeje. Pobre, é que o pasamos realmente ben traballando xuntos.
Pouco máis. Despois do exame con preguntas de trivial que fixemos o luns e do non-exame que fixen onte (ao final non me presentei. Unha longa historia…), esto á espera de que a señoriña de dereito me resposte o mail para quedar e que me dea as sentenzas para comentar.
Malas novas: non podo pedir o erasmus para o ano que ven. Polo visto a facultade de Tübingen de Comunicación Audiovisual non ten ese convenio e ademais hai unhas probas de selección que nin en OT! Así que nada, teño que buscar outra solución, porque non sei canto máis vou aturar os mamoneos da Coru. Non quero acabar aquí a carreira, a menos que esgote todas as outras posibilidades, así que xente: A BUSCAR! Que alguén averigüe se hai medienwissenschaft en Stuttgart ou calquera cidade preto de Tü. E se non, estou disposta a aprender catalán e rematar a carreira pola UOC. Se entrades na páxina e ledes o programa de estudos… en fin, aí si que parece unha carreira seria. Seguro que non preguntan por CSI e House en ningún exame, ou pola elfa do señor dos aneis. Unha verghonsa!
Sorte a todas/os as que estades con exames e moito ánimo! Se queredes verme chamádeme antes do 24! Eu andarei por aquí, facendo trámites, falando con profes e vendo á xente.
Biquiños a centos!!! Quérovos!!!
10 comentarios:
olaaaaaaaaaaaaa!
vaya foto más multicultural, como mola!
asinq not presentast? wno, not agobies...
joer, ya no sabes q hacer pa alejart d nosotras! conmig no cuentes pa q tbusque 1a university xai, lejana! jajajaja
tpreg xhouse n los examens??? joer pos drisas no? jajaj
bsotes!
ns vms aora n 1ratito!
Ola marianiña!!!! Despois de moito tempo volvín a entrar no teu bloj e púxenme ao día sobre as túas novidades e anésdotas. Por aquí tó igual, sperando o antroido con ilusión e con moitas ganas de disfrazarse.
Como che dixen a neve sempre aparece tarde ou cedo.
Alédome seber que estás ben. Deixote que vou cear pa ir para cama que mañán hai que levantarse as tres.
Bicos pa ti e pa ese salesiano que vive contigo.
Noutra ocasión esplallareime máis.
Abur.
Senxiño.
No deberías perder el contacto con la senegalesa. Es importante
jejejeje. Vale Javi, valeeeeeeeee. No te llega con la página que te recomendé, de la argentina cachonda?
Grazas a Lore e Serxiño por comentarme. As amigas e amigos de verdade sempre sacan tempo para as/os demais. Grazas.
Ánimo no traballo Serxio. E recupérate de todo Lore, q se non no entroido...
Bicos mil!
Hola!!!A cousa marcha... Xa estoy sacando os billetes para Canarias: 4 días facendo turisteo e de paso preséntome ó examen.E comparto a opinión sobre o contacto coa senegalesa!Bicos e vémonos por aquí un día
Niña!!!
Con isto de escoller nomes para a prole o outro día non nos contaches que nos exames che preguntan por House e por CSI. E aínda te queixas?!!!Aprobarías, non? Se precisas axuda para estudar, quedamos cando queiras para ver a tele!!!
Muacs.
Montse
Por certo,
Rober: moita sorte coas opos!!!!
Montse (outra vez)
Isto é unha proba, que estou tentando deixar de ser anónimo (como o autor do Lazarillo!!!).
Viva, viva!! Xa teño identidade!!
Muacs
(e xa non asino porque xa sabedes quen son, he, he!!)
Qué tal se está por Barcelona? O chou das opos é o domingo 11 ás 8 da mañá, así que se a túa nai ten ganas, que poña todas as velas que lle apeteza, que nunca estarán de máis. Dalle as gracias da miña parte, e moitas tamén para Montse, se les este post, que de sorte non me viñan mal un par de toneladas. Bicos para todos/as!
Publicar un comentario