11.4.07

Don’t worry, we want to pay!

Ola amiguiñ@s!
Xa estou aquí. Volvín de Grecia hai uns días, pero non puiden escribir até hoxe.
Paseino realmente ben na viaxe. E supoño que escribirei máis dun post sobre ela. Pero para comezar póñovos unha foto do máis coñecido de Grecia, o Partenón, que resulta que é tal e como sae nos libros de historia. En dúas palabras: IM – PREZIONANTE! Toda a Acrópole é incrible. Moito me lembrei de Chelo paseando polo medio daquelas pedras caídas… En fin, en Grecia teñen todo así, a medio caer, pero émoi bonito de ver eh!
Estivemos 4 días en Atenas e despois fomos de illa en illa, descubrindo a Grecia profunda. En Atenas durmimos nun albergue. Bastante ben, quitando que as duchas ían con moedas de 50 céntimos e duraban 7 minutos, así que tiñas que correr en pelotas dende a máquina das moedas ata a ducha para que che dese tempo a lavar o pelo, jeje. Tamén foi interesante descubrir que hai xente á que nunca lle ensinaron que nos albergues hai que usar chanclas nos baños ou ver como unha parella de canadienses que durmían na nosa habitación pasaron 3 días sen moverse da cama. Hai que estar tolo para quedar na cama en ATENAS!!! Da cidade non vos conto nada porque xa o estudiastes todo BUP e porque calquera cousa que vos diga non é nada comparado con estar alí, diante do Erecteion ou paseando pola Ágora Antiga…
A primeira parada nas illas foi en Paros, precioso e diminuto paraíso deserto (porque en marzo non hai un alma neset bendito lugar) no que atopamos un aloxamento estupendo, cunha caseira que falaba inglés con acento de Cambridge. Alí foi onde Antón pronunciou unha das frases da viaxe. Chamou á señora por tlf para dicirlle que lle queriamos pagar e ela dixo que tardaría uns minutos en chegar porque estaba na casa pero que xa saía para alí. Antón, moi amable, quixo tranquilizala, dicirlle que non se preocupase, que non se apurase, que non había présa, pero o que lle saiu foi: “Don’t worry, we want to pay”. A señora estaba aí en menos de 2 minutos! Jejeje.
Despois fomos a Naxos, unha illa un pouco máis grande pero tamén desértica. En Grecia cada ano montan as cidades para os turistas, así que todos estaban con reformas, pintando e levantando outra vez as casas que nalgúns sitios parecían de mentira. En Naxos vimos montañas de mármore, impresionantes, e alugamos un minicoche co que percorrimos toda a illa. Taén vimos unha manifestación, moi divertida, contra a ampliación do porto, e metímonos no medio e repetimos os cantos (que a saber que dicían…) ata percorrer media vila.
A seguinte parada foi Santorini. Supoño que agora tod@s a coñecedes dende que afundiu un ferry de turistas hai unhas semanas. Por sorte nós non estabamos. Pero por pouco… En Santorini estivemos “pechados” 4 días, porque non había barcos ata o venres e chegamos un martes. Alugamos un coche, tamén pequeño, no que pasamos unha noite (e NUNCA MÁIS! Jeje). E visitamos praias de diferentes cores: negra, vermella, branca… e algunha con pedras lilas. En fin, supoño que non me credes pero xa veredes as fotos. O último día fomos de excursión ao volcán e saltamos dende o barco ao mar e fomos nadando a unhas supostas augas termais. Xa vos contarei noutra ocasión, con fotos e tal…
E finalmente Creta. Ten moito que contar, é espectacular. Só dicir que estiven en praias que pensei que só existían nas fotos retocadas con photoshop e disfrutei moito da idiosincrasia grega.
Comemos de marabilla en todos os restaurantes (exceptuando un chamado “Faca” en Hania, que xa avisaba coa carta dos prezos que puña “timocatálogo”, jeje). E tamén comemos ben cando cociñabamos no apartamento, pq Antón é un artista. Grazas a Ariadna tivemos unha dieta equilibrada os días de bocadillo, con moita froita e pasas enerxéticas.
Foi xenial. Teño moito que contar pero non quero facer post tan longos así que vou rematar cun “to be continued…”.
Efjaristó aos compis de viaxe por 19 días incribles. Sodes xeniais.
Bicos para tod@s!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Iasas!

Que vergoña... E para iso paso un mes en Londres practicando inglés...

É que a min agora, sácasme do alemán e...

En fin, efgharistó a vós, que valedes o voso peso en ouro.

Bicazos!

Anónimo dijo...

Nena!!!

Joé, acabo de leer y que envidia me das perrilla... eno, en todo no, lo de tener q correr pa lavarse el pelo no me mola demasiado, ya sabes que eso me lo tomo con calma jejeje, y lo de no usar chanclas tampoco, pq puede haber hongos saltadores y... tipo aquel campamento t acuerdas? jajaja

Quiero ver las fotos!!!

Cuidate muxiño wapa

Bicos pa los 2

Anónimo dijo...

Alégrome de que o pasarades taaaan ben. Fáiseme a boca mel lendo as vosas voltas polo mundo adiante!!Biquiños e apertas!!

Anónimo dijo...

JOooooooooooooo! Que envexa! e eu aquí, encerrada no meu cuarto, chapando, castigada sen vacacións de semana santa.... Parezo unha monxe xa! Mariana non me contes estas cousas...
Vero

Anónimo dijo...

ola Marianiña!!! Alédome que esteas ben que o pases tamén ben. Eu por aquí liado coas eleccións do 27, onde hai un pouco de choio, pero espero que valla a pena tanto esforzo. Xa che contarei. Este fin de semana estivemos (vero e eu) con Isaac en Gasteiz, foi un encontro moi divertido.
Dalle recordos a Aitor e un bico moi enorme pa ti.
Serxiño.