19.3.07

Sonche ben rara

Hallo leute!
Farei unha breve introdución das novidades destes días:
Hoxe fun ao dentista e ao volver da viaxe a Grecia teño que operarme para quitar as catro moas de xuízo. Mein Gott! (meu Deus!). Non quero nin pensalo. Ao mellor non volvo nunca de Grecia, pq co medo que me dan os médicos...
Comecei a colaborar en Campus TV, que é unha canle de tv da universidade que comezará a emitir por internet e por unha canle das de pago o 2 de Abril. Xa vos darei o enderezo. O primeiro día encargáronme que fixese a reportaxe e as entrevistas as directoras/es de cine e actrices/actores que veñan para o festival de Cine Latino en Abril. Que pasada, eh? Vou facer tele! E seguramente me meta nalgún curso dos que comezan no semestre de verán para aprender a empregar as cámaras, etc. En fin, aínda haberá xente que se pregunte que fago aquí...
Agora póñovos un texto que entreguei como presentación nunha materia nova que estou a facer na Coru. Vai en parte dedicado a Isaac, polo tema do feminismo (que se eu che contase as barbaridades que escoitei nos debates de clase en maxisterio... e pensar que esa xente van ser profesoras/es algún día. Dan ganas de chorar) e tamén dedicado a todas as raras e raros que andades polo mundo e sodes felices así como sodes. Quérovos!

<< O que máis me gusta da xente son as súas rarezas. Se cadra porque son rara, ou iso me gusta crer. Son rara dende que teño uso de razón. Ao mellor pensades que esaxero. Pode ser. Porque son rara pero tamén moi esaxerada. O que podo facer é pór uns exemplos para que vos fagades unha idea.

Non me gusta fumar, nin beber, nin as drogas, nin o fútbol, nin a velocidade, nin os coches deportivos, nin as cousas caras, nin a gomina, nin a nata, nin a crema pasteleira, nin o café de cafetería, nin os deportes de risco, nin os zapatos de punta.

Porén, gústame viaxar. Gústame moito. Podo soportar o peso da miña mochila por unhas escuras fragas en Croacia e mais a inquedanza de saber onde durmirei se teño como recompensa unha fermosa paisaxe na compaña dos meus amigos. Tamén me gusta falar con descoñecidos nos transportes públicos e intercambiarmos os teléfonos. Adoro mesturar as cousas doces coas salgadas e polas mañás, ben cedo, podería papar un prato de lentellas, porque é a hora do día na que máis fame teño.

Non son especialmente boa en ningunha actividade nin en ningún deporte, pero podo durmir case en calquera situación, e mesmo cheguei a facelo sen deixar de camiñar por todo o paseo marítimo de Santander unha vez (con soños incluídos).

Non teño grupo de música favorito nin ganas de coñecer a ningún famoso, pero tiven un móbil que saltou ao váter dende o meu peto, un tritón como mascota e amigos e amigas de máis de trinta anos cando eu era só unha adolescente.

Son muller. E para min isto non supón ningunha diferenza –máis alá das físicas–con respecto a un home. Pero socialmente, grazas a que tiven a sorte de recibir unha educación non sexista, resulta que non son moi “feminina” (segundo o pensamento popular). Non son observadora, nin detallista, nin delicada (só de saúde), non son rancorosa, non sei cociñar, non levo tacóns, non me maquillo, non me importa variar de peso, non me peiteo a maior parte dos días e non teño vergonza para facer o oficio do pallaso. Tampouco me identifico coas características que aparecen a seguir das frases “as mulleres son…” ou “as mulleres sempre…”, nin tampouco coas supostas preocupacións que debería ter, segundo din as “revistas femininas”.

Son arxentina, de nacemento e de corazón, pero falo galego. A maioría da xente que quero vive en Galiza, pero eu vivo en Alemaña.

Adoro as singularidades nas persoas: un xeito de moverse, unha palabra que alguén repite moito, a maneira de pronunciar un fonema, un xesto, unha manía, unha prenda, un lunar, unha gargallada… calquera particularidade que para min fai diferente a esa persoa. Esas anomalías son as que fan que cada día teña algo de insólito e pague a pena vivir.

Gústame saír da normalidade pero son moi feliz coa monotonía. Atráeme o insólito pero tamén gozo co predicible. Creo que a miña maior peculiaridade é que son feliz con facilidade e que teño unha capacidade infinita de amar. Se cadra son dúas cousas moi normais –pode que non–, pero para min son o meu “lunar”, as que me fan especial. >>

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Prime otra vez jejeje.
¿Qué es eso de poner el sfcado de gas, flatulencia y demás reacciones orgánicas en mi fotolog?tia, comenta bonito...


Yo de ti si q me qdaba en Croacia, no hay cosa q me dé más miedo q el dentista, sólo fui una vez en mi vida pero me llegó, que horror!


Joder, haz muxas foticos pa dp explicarnos, ya q no vamos por ahi de viaje...


Me gusta tu explicación de ti misma, es realista, jaja, raros hay por todos lados, di q sí!

Bicos neni, y a cuidarse

Montse dijo...

Niña! Xa te quería, pero despois da túa definición, acabo de namorarme de ti.
Vivan as raras, os raros, os/as que saben ver máis alá do que está a simple vista e as/os que gozan coas cousas máis pequenas.
Bicos.

Anónimo dijo...

Grande descripción de ti mesma!
pásao moi ben por Grecia e xa me contarás como foi todo!

P.D
isto vai a ver si o publican nunha desas "revistas femeninas"!!


son mulher

non sou perfeita
non me importa
non uso 90-60-90
son feliz
non caminho con tacóns
non me perseguen os tipos nas discotecas
non me vendo
non me deixo compar
non me ponho roupa cara
non me maquilho
non me preocupo polo aspecto
non me depilo
non tenho o rostro perfeito todas as manhás
non me importa
son feliz

son mulher

son corpo
son mente
son sentimentos
son pensamento
son vida
son berro
son siléncio
son luz
son oscuridade
son sexo

son mullher

Anónimo dijo...

Hola!Da gusto empezar o día lendo estas palabras e disfrutando unha vez máis da marabillosa persoa que eres (por se non cho dixen nunca, e estas cousas hai que dicilas de vez en cando, porque eu síntome afortunado de ser amigo teu).Hai tempo que descubrín que para algúns tamén serei raro de carallo, pero mira, son feliz coas miñas cousiñas, e para min é suficiente, no mundo hai sitio para todos e demasiada beleza por descubrir. E non me fales do dentista que acabo de salvar catro moas de milagre (seguramente caerán dentro de pouco e terei que quitalas, pero mentres tanto vou tirando), e a próxima semana volvo cunhas radiografías porque dixo algo dun problema na mandíbula que teño que arranxar (non sei como)para que non se debilite o óso e se me caian todos os dentes ou algo así. Bicos, moitísimos e boa viaxe!!

Anónimo dijo...

jOOOO! é verdadeiramente bonito o que escribeches, qrazón tes e q atinado é a forma que escolliches para expresalo... im-pre-si-o-nan-te!

despois de ler os tes coments no meu flog sobor dos gases e das flatulencias e podo darme conta desa combinación de contrastes da que falas... jajjaa

non sei se serás rara, non sei se eu tamén o serei... supoño qdependerá de con que o compares...

mais teño unha cousa clara, rara ou non eres marabillosA!!

un bico forte, forte!

pD: sorte co dentista, a min me quitaron dúas moas, sei o q é!

Anónimo dijo...

JO, COMO MOLA ESO DE SER "RARA", TÍA.
Jopelines, yo de mayor quiero ser "rara" como tú.
Aunque mi pudor todavía me impida tirarme un pedo en una tienda de campaña cuando fuera está lloviendo...


PD: Gemminis reflexión: como saber si tu eres "rara" o si realmente eres normal y los demás son los "raritos"??
Eh? Dilo, di, dilo ya.

Anónimo dijo...

Ola Marianita!

grazas polo teu coment, acabo de decatarme q me tes nas tuas ligazóns, qprivilexio!!!

xsuposto q n xuño ainda lembrarei o marabillosa q foi esta viaxe, non m canso d falar dela.

qsaibas q o resto da puti pandi xa ten o complemento de moda, impostado dende Tunisia, só faltas ti!!! Gardareino como ouro en pano ata a túa chegada!

alégrome de que o pasaras ben na semana sta, eu fun a pascua e todo! jajaja

un bico forte!