Hoxe dedícolle o blog a unha das persoas máis importantes na miña vida: Elvira. Unha muller que como se adoita dicir: “se non existise habería que inventala”.
Non vou dicir de quen é nai, que xa o sabedes todas. E se hai algo que entendín dende o principio é que a Viri non se lle coñece por ser “nai de” senón por ser Ela.
Dedícolle hoxe estas liñas en compensación polo despiste destes días que foi o seu cumpreanos e non a felicitei. Foron os seus 2 cumpreanos, porque a xente realmente especial ten 2, jeje. E ademais ela non celebra o día que completa unha volta ao sol, non, ela celebra o día que un señor a anotou no rexistro. Éche así a Viri.
Pouco podo dicir que non saibades xa as que a coñecedes. É unha persoa única (un regalo do ceo, din) que non alberga no seu pequeno corpo máis que bondade. Xenerosa como ela soa, traballadora como a que máis e preocupada por todas e cada unha das persoas que entran na súa vida (e é moi doado entrar, así que imaxinade canta xente ten na cabeciña e no corazón esta muller!!). Dá sempre o máximo dela mesma, en todo, e nunca agarda recibir nada. Quen ten a sorte de cruzarse con ela no camiño queda abraiada por tanta bondade, xenerosidade e humildade xunta!
Elvira é unha das persoas coa mente máis aberta que coñezo e sorpréndome cada vez que falamos coa súa visión do mundo, que é do máis actual, do máis tolerante, do máis humana que vos poidades imaxinar.
Xunto co seu pai e os seus dous fillos son as persoas máis boas e con mellor corazón que atopei ata agora. Abríronme as portas da súa casa e acolléronme na súa familia dende o principio como a unha máis. Estarei eternamente agradecida por iso e creo que saben que me teñen aquí para o que queiran, SEMPRE.
Ela sabe canto a quero e sabe tamén que a querería moitísimo máis se ela mesma se quixese un pouquechiño e se fixese respetar e lle plantase cara aos conflictos da vida. Porque incluso as persoas de mellor corazón atopan obstáculos cara a súa felicidade e a Elvira ás veces hai que empurrala para que os salte. Gustaríame que se armase de valor e que saltase moi moi alto e que os obstáculos tremesen ao poñerse ao seu lado. Rozaría a perfección. Gustaríame tanto...
Eu seguirei estando ao pé dela e empurrarei cando haxa que empurrar. Porque as persoas que viven preocupadas por facer felices aos demais merecen que haxa xente que se ocupe da súa felicidade. Sei que hai moitas persoas que participan desta tarefa, cada unha á súa maneira. Hai persoas que a fan feliz a diario, hai persoas que lle axudan a saltar os obstáculos, hai persoas que lle ensinan camiños alternativos, máis doados... Eu, á miña maneira, tamén tento axudar. Berro ante a impasividade, turro contra ás inxustizas e discuto ás veces máis do que me gustaría.
Non lembro os cumpreanos, Viri. Se cadra porque para min tampouco son tan importantes. Preferiría saber as datas nas que perdiches seres queridos para lembralas e estar ao teu lado. Ou prefiro falar contigo na cociña e dicirche que estás facendo algunhas cousas mal e que mereces ser feliz máis que ninguén.
Sinto que onte che faltara unha mensaxe. Síntoo de verdade. O que che aseguro que non vai faltar nunca é a miña man para collerte e saltar un obstáculo, nin as miñas orellas para escoitar todo o que teñas que dicir, nin os meus ollos para dicirche coa mirada o contenta que estou de formar parte da túa familia. Cada parte de min vai estar aí para procurar a túa felicidade e a das persoas que máis queres, que tamén son as que quero eu.
Un bico enooooooorme e feliz cumpreanos!!
Foto: Virita en Alemaña. Se ata o boneco ficou namorado!!!
6 comentarios:
Felicidades para ella!
la verdad es q no puede negar que es madre de quien es, o bueno, su hijo no pueden negar que es su madre jeje, se parecen un montón!!
me alegro que por ahí todo bien, aunque te olvides de los cumpleaños de la gente jejeje, son cosas de la edad pequeña
tengo ganitas de verte, por aki no hay mucha novedad, ahora mismo sin trabajo asi q pa cuando llegues fiestuki no?
nos vemos
un besote para cada uno
nusky
Ola,
Elvira un biko enorme.
Parabens fondos.
Xa sabes que che se quere
Moitas grazas a ti e os teus por ser tan bos comigo.
Bikos a centos
Laura
Decir "GRAZAS" quédase moi curto para tanto como recibo, pero Mariana é así de boa e de xenerosa e ás veces tamén esaxera un pouquiño, je,je,je.
Dicía Don Bosco que aos alumnos, (eu digo que ás persoas) non basta con querelos, teñen que sentirse queridos. Por iso procuro decirlle á xente que é importante para min o moito que a quero, porque aínda que sei que o saben, gústame que tamén o escoiten.
Estou moi emocionada e non me saen as palabras, porque ás veces resulta díficil poder manifestar nun papel tantos sentimentos agradecidos.
O outro día lin nun libro esta frase: "A felicidade é coma un perfume que se leva enriba e non se pode evitar que unhas gotiñas se derramen sobre os que están preto".
Por iso, a miña felicidade está formada por moitas desas gotiñas que van derramando todas as persoas que teño ao meu carón e que me queren tanto. Son feliz cando sinto e vexo que vós sodes felices.
Grazas, Mariana, por quererme a min e sobre todo por querer e mimar tanto a Aitor.
Sodes o meu mellor agasallo.
Quérovos!!!
E para todas as amigas e todos os amigos vosos que tamén son os meus, moitos bicos.
Acabo de estar con Elvira (outro favor que me fai, graciñas de novo) e non tiña nin idea do cumple, así que parabéns (con retraso)e moitos bicos! Rober
Mariana, ímosche prohibir escribir dun xeito tan sincero. Pola túa culpa, agora todo o mundo vai querer descubrir o noso tesouro e imos ter que compartilo!!
Elvira, chegas ás nosas vidas como nai de amigo e convérteste en amiga. Estou desexando que chegue
a nosa cita do 9 de febreiro!!
Cóidate moito, que as persoas que pagan a pena non abundan nestes tempos.
Felicidades de novo e un monte de bicos!!
Montse
Felicitacións para Elvira polo seu aniversario e tamén moitas felicitacións para a súa "filla" Mariana por esa dedicatoria (por fin) tan emotiva e agradecida. Elvira ben merece a dedicatoria porque de verdade que "é un regalo do ceo".
Desexo que sigas escribindo cousas bonitas da boa xente que está na túa vida. O importante é ser feliz e facer felices aos demais.
Un bico.
José Antonio
Publicar un comentario