15.6.08

Traballo acumulado


Ola, amiguiñas!
Aquí estou, despois de moooooito tempo. Xa nin me lembraba de que tiña blog! Porque levo uns meses que non dou feito... e se me acumula o traballo como ao señor da foto que, por certo, é un "posado robado", jejeje, que lle tomei a un home no Brasil, cando fomos de paseo a un mercado.
Non teño tempo para poñervos ao día, porque son moitas cousas as que pasaron dende a última vez que escribín. Pero podo resumirvos a situación actual, que moitos xa coñecedes: estou cos exames da carreira, coas últimas materias que me quedan para rematar e tamén preparando o proxecto para poder presentlo canto antes. Os días 20 e 21 de xuño vou ás oposicións de maxisterio pero aínda non teño feita a programación nin lin unha soa folla do temario (grazas Viri por conseguirmo!). E se vos preguntades por que non presento o do ano pasado é porque este ano vou a outra espeialidade, á miña, Educ. Primaria. Non importa, porque non quero aprobar. Como escoitades: non quero! Porque vou traballar todo o verán para poder irme o curso que vén a Alemaña e pagarme os cursos de alemán que fagan falta e disfrutar de Tübingen con Aitor, que é o que levo 3 anos desexando.
Ao final enrolleime máis do que quería. Póñovos un anaco dun texto que me encantou. Saqueino dun artigo de opinión de Vieiros que podedes ler pulsando aquí. Eu non o lin enteiro, pq non teño tempo!! Pero o tipo cita a unha esritora e gustoume moito o que dicía. Despídome ata a próxima con este texto. Moitos biquiños e sede felices!!!
Mariana

“Unha lingua é algo extraordinario, é un dos maiores logros da mente humana. Un logro colectivo. Asombra todo ese enxeño, esa creatividade, ese esforzo investido por unha comunidade durante milenios non só para crear unha ferramenta de comunicación eficaz, senón tamén para dar forma ós seus soños e ós seus medos, á súa maneira de ve-lo mundo. Unha maneira única, porque cada lingua é unha tradución da realidade. E todo iso, todo, xunto ás memorias dos antergos, os contos que as nais contaban ós nenos, as cancións e os rezos, desaparecen caladamente para sempre cando morre unha lingua, e ó pouco é como se ese pobo nunca tivera existido.”

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola!!
Pois hoxe dixen "a ver se Marianilla escribiu algo" e fíxate que super-texto nos tiñas preparado, que surprise!! Eu tamén ando algo liadilla, peo quería deixar constancia de que lin o escrito, para que vexas que o tempo que investiches nel é agradecido por outras persoas!!
Bicos a centos e sorte coas opos (ou non, mellor: que obteñas os resultados que máis desexes!!)

Montse