13.10.08

As posibilidades que dá YouTube

Que? Flipades con tanta actualización en tan pouco tempo eh!

Agora que descubrín como se meten vídeos creo que vou actualizar con máis frecuencia porque ás veces unha non ten ganas de escribir moito...

Graciñas a Rober e a Lore por comentar. Sen comentarios ás veces parece que escribes para nada, que non te le ninguén. E a palabra escrita sen lectores non ten sentido, non? Como a palabra falada sen oíntes, supoño.

Pois aquí, predicando no deserto, déixovos un par de vídeos que me parecen moi divertidos. O primeiro é dun grupo que me lembra á miña pre-adolescencia. Debía ter eu 12 ou 13 anos e escoitaba case todos os días un casete que puña "Rocky Sharpe Collection". Encantábame aquel casete. Pasáramo o pai da miña veciña. Era xenial. A min a música dos 60 sempre me toleou. A canción que vos poño é seguramente a máis coñecida e creo que non é deles, creo que é do ano 57 dos Edsels. Pero o video está moi gracioso. Atendede ao momento en que un dos cantantes quita os lentes e debaixo ten outros! E ese mesmo despois baixa ata o chan e volve erguerse cos xeonllos flexionados: unha pasada! Parece de goma!




E outro vídeo que me encanta é este de Miguel Bosé coa súa sobriña (se ve isto Roger mátame):




E outra canción bonita de despedida. Non hai vídeo, é imaxe fixa. Pero así podedes seguir traballando mentres escoitades a música...




Biquiños a centos!!

Mariana

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Olivia Newton Jonh, said:
El refranero popular que es muy sabio ya lo dice: "Nunca se llega a conocer a una persona del todo." Rockabilly? Tú?
Que interesante.

sinimmeg odamrif.

Anónimo dijo...

Xa sabía que, no fondo, ti tamén tiñas un corazonciño friki por algún lado... Un biquiño!