Despois dun tempo sen actualizar o blog, volvo para dicir que o 2009 será outro ano sen ColaCao porque...
XA SON LICENCIADAAAAAA!!!!!
Rematei. Por fin. Parecía tan lonxe este día... Parecía tan inalcanzable, sobre todo ultimamente. Este último mes foi moi duro e de feito aínda non me creo que xa rematase. Aínda esperto ás 7 da mañá cunha sensación de angustia, e penso que teño que traballar, pero despois dígome a min mesma que xa rematou todo e volvo durmir pracidamente.
O final non foi o que agardabamos, pero foi, que é o que importa. Sentinme como Truman, nesa escena final:

Pois os que moven os fíos puxeron enormes ondas e unha terrible treboada para que nos botásemos atrás. Pero non o conseguiron. Remamos, contra vento e marea, caimos e volvemos erguernos, e chegamos ata a parede que separa a ficción da realidade, a hipocrisía da liberdade e subimos as escaleiras e atravesamos a porta. Como Truman. Que sensación... que liberación! E ao mesmo tempo que indignación, ao saber que levamos tanto tempo enganadas, manipuladas. Ata o último momento quixeron mexar por nós. Pero non saben que a peor parte vanna levar eles porque quedan, como na película, sen show, sen programa. Unha pena. Un espectáculo patético.
En fin, este luns comecei unha nova vida. Saín pola porta e sorrín con hipocrisía por última vez diante deles, como Truman. O martes 16 espertei dun mal soño e agora comeza unha etapa gloriosa e ansiada. Podo presentilo. En xaneiro volverei a Tübingen, xunto á persoa que máis quero no mundo e que me fai feliz. E comezará outro marabilloso ano sen ColaCao pero con moito Spätzle, moita Apfelstrudel e moitísimos Butterbretzel!!
Estades todas/os convidadas/os á nosa casiña en Tü! Agardámosvos!
Déixovos cunha preciosa canción de Nadal:
Un bico enooooorme!! Bo Nadal para todas/os!!
Mariana
1 comentario:
Parabéns. E xa sabes que na terra do bo viño tamén sodes ben recibidos. Bicos
Publicar un comentario