22.12.08

Unha volta máis ao sol completada!!

Pois si, 25 voltas van xa. Cada unha foi unha aventura distinta. Por sorte cheguei ao mundo froito do amor e do pracer de dúas persoas e cheguei sen producir dor, sen causar traumas nin angustias, nin máis sentimento que alegría e satisfacción. Contraccións indoloras, epidural... en fin, fun coma un soño feito realidade, jejeje.

Grazas a todas e a todos por acompañarme nesta viaxe que comeza cada ano. Grazas aos que vos lembrastes de min o día 20 cunha mensaxe ou cunha chamada, pero grazas sobre todo ás persoas que vos lembrades de min os outros días do ano, os importantes, os días que vos preciso, os días que me precisades, os días que quero compartir algo, os días que marcan a diferencia e que case nunca coinciden co aniversario. Eses días son os que contan, así que non vos sintades mal se non mandastes un sms. Non levo unha lista, jejeje. E de feito moitas/os de vós, que sodes persoas imprescindibles na miña vida, non me felicitastes ou fixéstelo un día despois e non me importa en absoluto porque, como digo, estades os días que contan de verdade e iso vale máis que mil sms de aniversario.

Hai un tempo Rober mandou por mail unha canción preciosa e lembreime dela estes días. É unha canción que me pon a pel de pita e Rober é o home máis detallista da historia, así que, como regalo para el e para as outras lectoras e lectores deste Blog, aí vai unha versión dun rapaciño que se gravou coa webcam e que me gusta igual ou máis que a orixinal. É o marabilloso de internet e de Youtube, que a xente comparte o seu talento co mundo...



Moitos biquiños e felices festas!!

Mariana

No hay comentarios.: