29.1.09

O mellor das viaxes

Ola, xentiña!

Hai moito que non escribo, pero é que dende que rematei a carreira estiven ocupada con tanto tempo libre, jeje. E despois viñeron todas as festas e por fin o reencontro con Aitor e agora: VIVO EN TÜBINGEN, outra vez! Así que comezou OUTRO ANO SEN COLACAO (e agora en serio, porque xa se me acabou o Colacao e estou a tomar a imitación chunga do super do lado. así que se alguén vén de visita que me traia Colacao de regalo!! Menos LicorCafé e máis Chocolate! jeje).

E para comezar esta nova etapa da miña vida qué mellor que facer unha pequena viaxe? Pois así foi, nada máis chegar recolléronme e leváronme de paseíño. E o mellor das viaxes, sen dúbida algunha, é a compañía:



E así é. Bélxica é incrible. E iso que o primeiro día choveu a cachón, pero cando vas coa compañía axeitada, con ese tipo de xente que ao mal tempo ponlle boa cara... dá igual que caian chuzos de punta! E non só levaba boa compañía, senón que alí me presentaron máis xente e iso xa foi o colofón. Alessandra, Adriana e Serafín. Sen palabras. Paseino tan ben que me parecía coñecelos de sempre. Canta xente boa. Como me dixo un home sabio hai ben pouco: "ás veces coñeces persoas que che devolven á esperanza na humanidade. E incluso cando sabes que é posible que non volvas ver a esas persoas, paga a pena". E que razón tiña...

Pois nada, recoméndovos coñecer Gante, Bruxas e Bruxelas. Preciosas!! E sobre todo, ide ben acompañadas/os, porque é o que marca a diferencia.

Aproveito para agradecer aos meus compañeiros de viaxe eses 3 marabillosos e intensos días (incluída a incursión en carreiros belgas ou luxemburgueses, non sei moi ben, pero foi grazas a María Jôao, iso seguro, jeje).

E de despedida póñovos un vídeo moi interesante que alguén me mandou estes días. Pasa como coas persoas, de cando en vez recibes un mail que che devolve a fe no correo electrónico (aínda que por desgraza é menos frecuente que coas persoas, jeje.).



Un bico enoooorme!!

Mariana

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Desfrútao!! Un biquiño, Rober

Anónimo dijo...

Isto de ter tempo libre é horrible!! Poder ir de viaxe, coñecer xente, estomballarte no sofá... non llo desexo nin ao meu peor inimigo!!
Gozade moito e viaxade máis!!
Montse

Renano dijo...

Xenial estivo!! E agora xa sabemos as horas as que hai que pasar o ferro de 18:00 a 20:00 dos domingos. E eses carreiros dis...máis ben eran carredoiras belgas que nin para un raid de terra. Bicos