Despois de mooooooito tempo sen actualizar, aquí estou! Pido perdón aos asiduos e incluso á xente qeu se fixo un "usuario" coma Montsiña. Durante febreiro estiven en Galiza cos exames e non tiven tempo de nada. E dende que volvín a Alemaña estiven enfermiña, así que saín da casa pouco e nada.
Pois nada, despois deste breve espazo para excusas, vouvos dicir que as rapazas taaaaaan guapas da foto somo Ari e eu. Ariadna é a lectora de catalán en Tübingen. Pero a foto é en Girona, a súa cidade. Un lugar precioso. Recoméndovolo, de verdade.
Con esta rapaza e dous tolos máis, Antón (lector de galego en Berlín) e o meu mozo, vou emprender unha estupenda viaxe o 21 de marzo. Iremos a Grecia, case 20 días! Como di Antón, en plan cutrería, durmiremos en albergues con carrachas e cascudas, pero de seguro que o pasaremos en grande.
Non teño moitas novidades. Estamos ben. Aitor coidándome estes días de enfermidade e os dous limpando e ordenanado a casa, que cada vez está máisbonita. Os que veñades de visita poderedes vela e os que non... teredes que conformarvos con algunha foto que colgue aquí.
Agardamos por Viri, Jose, Hadri, Adriana e o abuelo con impaciencia. Xa estamos planenado onde os levaremos e que lles ensinaremos...
Así que aviso: do 28 de abril ao 1 de maio a pensión Aitor e Mariana está ocupada. Ide reservando data que vos quedades sen sitio!
Ah! Notición! Por fin coñecín a Quim! É unha longa historia, xa o explicarei outro día. Pero agora podo putear a Javi con coñecemento de causa. Quim é moi simpático, claro, irmán de Ari, que podiamos esperar?
Ah! Outro notición, presenteime a 2 materias e teño un aprobado e un notable! Parece que o curso vai sair ben se sigo con este ritmo...
Ah! E esta fin de semana ao mellor ven Marian, a rapaza da foto anterior, a da dereita. Está en Venezuela pero xa ten o visado. A ver se hai sorte... Teño ganas de vela!
Biquiñooooooooos para todas/os!
11 comentarios:
Parabéns polas notas!Ai, quen puidera pillar esa viaxe maravillosa... Snif, snif!!Marcho esta tarde de exploración a outras illas, máis modestas e con exame incluido.Moitísimos bicos e cruzade os dedos!!
Petardilla!
Felicidades por esas notas, no me imaginaba otra cosa jeje ;-p
Por certo, q envidia m das, a grecia, aunq sea en plan cutrería, yo lo más lejos q sali de España fue a portugal, y lo + triste aun es q ni conozco oporto ni lisboa ni nada...
eno, a ver si soluciono pronto y voy a veros, q ya tengo ganas, coruña raya muxo!!!
bicos pa los 2 y cuidaros mucho!!!
OLA GUAPA!!
ALÉDOME MOITÍSIMO POLAS TÚAS NOTAS! ESPERO QUE O RESTO DOS EXAMES VAIAN AÍNDA MELLOR.
QUE ENVEXA DADES!!! TEÑO MOITÍSIMAS GANAS DE IR CON VÓS...
E DE FACERVOS UNHA VISITIÑA.
POR AGORA TEÑO QUE TRABALLAR. XA TEÑO PISO (UN ESTUDIO MOI XEITOSO PERO MOI PEQUENO) E HAI QUE PAGALO.
O BO É QUE ESTOU A TRABALLAR PARA GLOBALIA (OS DE VIAXES HALCÓN E AIR EUROPA), E XA ME INFORMEI DE QUE OS EMPREGADOS TEMOS ESTUPENDOS DESCONTOS E VIAXES "FREE". VIVA VIVA!!! CREO QUE O VOU PASAR MOI BEN NESTA EMPRESA...!
O MEU TRABALLO CONSISTE EN FACER RESERVAS DE VIAXES (ESTANCIAS, COMBINADOS, CIRCUÍTOS POR EUROPA, CARIBE, BRASIL, ETC...) A VERDADE É QUE É MOI ENTRETIDO, AÍNDA QUE DÁ UNHA ENVEXA...!
UN BICAZO ERORMEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEE!
CHUNI
Jo, que sortes tedes algúns! Eu por aquí, toda agobiada coas opos que serán xa en breve, sen vacacións, sen tempo libre... espero que polo menos pague a pena e cando sexa unha parasitaria (ups! funcionaria) poida levar unha vida máis viaxeira pois teño gana de vervos a casa, e tamén o novo micropiso de solteira de Chuni.
Moitos bicos, e alá vou
PD. Parabéns polas notas!
Pois eu non te vou felicitar polas notas: só un aprobado!! A ver se nos deixamos de viaxar tanto e nos poñemos a estudar!!
Que envexa (sa) o de Grecia: pasádeo moi ben e facede moitas fotos para ensinárnolas.
E estou pensando que se estades facendo tantos cambios e poñendo tan bonita a casa, imos ter que ir de novo a vela, a ver se é certo que está tan chula!!
E mais nada. Recordos de Juanjo (está moi ocupado vendo un partido de balonmán) e moitos bicos aos dous!!
asiq tuviste malita?? ls kmbios d clima s lo qtiene...
malegro dq to ste saliendo bien, enorabuena xlas notas!!!!
tas exa 1a viajera, no paras eh! vaya vidilla!
ojala pueda ir a hacrt 1a visitilla, xo creoq hasta dntro d 1a tmporada m va a sr imposible. dtoas formas trabajaremos en ello! jajajaja
un bsito mu gordo marianita!
lore
Boas! Eu tamén me lembrei de vos, porque seguro que vos gustaría o sitio. Que pena que as vacacións non durasen máis... Do pouco que vin de Tenerife pareceume noxento, un pelotazo con nome de cidade e turistas perdidos por todas partes, pero La Laguna xa é outra cousa, o hotel (é o edificio de columnas brancas), edificios e rúas antigos, mercados, boa comida, librerías, cafés, teterías, montañas e praia a un paso, e sobre todo uns patios incribles onde deixar que pasara o tempo... E do exame, pois non teño nin idea, durísimo para una oposición D (por enriba de nivel de licenciado, está chunga a cousa), eu fixen todo o que puiden e xa está, dependerá do nivel dos demais... Pero non era mal sitio para sacar unha praza e vivir unha tempada, pisos máis baratos que en Vigo, boas comunicacións, universidade (non sei se terán un lectorado por alí, pero era cuestión de propoñelo) e moita tranquilidade. Unha aperta!
acabo de lembrar que non tes as fotos porque sigo sen o teu e-mail... se queres mira o correo de Aitor, que andarán por aí. Biquiños!
Ola Rober!
Espero que todo saíse ben. Nós pensamos en ti e mandamos boas vibracións o domingo. Eu acabo de enterarme da cantidade de prazas que saen de educación infantil. Ao mellor as preparo e todo.
O meu correo: cyberchiu@hotmail.com
Xa vin as fotos. Fermosas. Iremos facerche unha visita cando che dean a praza, iso seguro!
Bicos!
Ola guapísima! Acabo de abrir o teu blog despois de moito tempo sen facelo, xa sabes: unha que non domina moito esto das novas tecnoloxías e non ten costume de entrar nestes sitios. Bueno, sei que non hai excusas... a verdade é que agora no "tempo libre" adicome a facer "sudokus", je, je, je.
Supoño que xa estarás ben de todo e espero que Aitor te coidara moito.
E para os visitantes do teu blog, moitos biquiños. A Rober, moita sorte nas opos (xa verás, seguro que aprobas) A propósito das opos, saen moitas prazas este ano, así que facede o favor de preparar polo menos algo.
Bueno, dicirvos que por aquí xa estamos preparando as maletas para esa viaxe tan esperada. E vós disfrutade moito, moito nesa viaxe a Grecia. E sede felices!
Moitos biquiños para os dous. Quérovos máis.
Agora que o Mareantes mantivo a categoría, preocúpame a última xornada do Seis Nacións. Porque nestes tempos é difícil pensar seriamente nalgunha cousa cotiá sen atopar a pegada do humano. Lembreime de ti (e de tantas mulleres con certo compromiso que coñezo) o outro día no euskaltegi ao descubrir que eu era o único feminista da clase. As mulleres mantiñan que o feminismo é simplemente o contrario do machismo...que derrota máis grande! É por iso que me preocupa Irlanda e a sorte do balón ao botar no chan. DANNY BOY
Publicar un comentario