O luns comecei as clases de alemán. Xa sabedes que me custa facer amigos, así que… jejeje, estouno pasando xenial!! Cóntovos dende o comezo: o 1º e importante é que vou en bici a clase. Ir en bici en Alemaña non é como ir na Coru, onde eres un hippie-alternativo (ou multiculti-antiglobi, como di Santi F.). Aquí as vellas de 70 anos adiantante a toda leche!! (pq eu vou lentísima, claro). Polas mañás a rúa parece un tour de Francia pero como se a meta estivese en moitos sitios diferentes, pq hai mil bicis en todas as direccións, correndo, cruzando, nenas con mochilas, xente de todas as idades… E alí vou eu, no medio, tentando non esnafrarme co 1º bordillo. O que máis medo dá é cando tes que ir pola rúa, por onde van os coches, e hai un bus pisándote os talóns. Por sorte debe notárseme que son principiante ou aquí respetan moito ás bicis pq non te adiantan, e os coches só o fan se hai sitio de sobra.
Chego a clase (ás 8:30 da mañá!!! Sabedes o que me custa madrugar, non? Pois imaxinade…), empapada en suor pq aínda non vai moito frío e a bici… é o que ten. Sorte que aquí os desodorantes son baratos (a que sí, Muri?).
As miñas compañeiras/os proceden de: Nova Zelandia, Venezuela, Thailandia, Senegal, Cuba, Kenia, Australia, Corea, Brasil e Turquía. Hoxe incorporouse unha señora de Kosovo. Como podedes imaxinar é divertidísimo intentar comunicrase con toda esta xente. Tantas nacionalidades diferentes e conseguimos chorar da risa nas clases. Tocoume un grupo ben divertido, ou cun humor ben parecido ao meu, non sei. Pasámolo en grande!! Son xente moi interesante e estou aprendendo moito, así que non só vou saír falando algo de alemán. Sairei con algunhas nocións de xeografía, antropoloxía e espero que con algunha amiga. Son xeniais, de verdade!
Mirade cantas persoas diferentes e resulta que somos 3 casi-Marianas en clase: hai unha Marian (Venezuela) e outra Mariama (Senegal). O resto xa saben distinguirnos, pero as profes teñen un lío… hoxe senteime ao lado de Marian e para mandarnos ler eran as risas. O coreano chámase Eun Hong Choi (polo que dixo “Choi” é o apelido), pero dixo que podemos chamalo Paul, jeje. E onte cantou o abecedario en alemán acompañado da percusión que facía coas unllas! Non o podedes imaxinar… Cos que mellor me levo é con Justin (New Zeland), Robert (Brasil) e Marian. Rímonos moito, o que pasa é que teño que andar cambiando do galego-portugués ao español e ao inglés, pero é moi divertido. En canto saibamos algo máis de alemán será mellor, porque xa nos puteamos entre nós sen dominar a lingua do outro… imaxinade cando falemos o mesmo, jeje!
Remato xa, contando o da pisci. Fomos onte Aitor e eu e é ben diferente ás de alá (Ana iba flipar…). Para comezar non hai rúas, co cal cada unha nada por onde quere, chocas con todo o mundo… en fin, que iso de que os alemáns son organizados é un mito máis. Non levan gorro, van co pelo solto (super guarrada, pq vas comendo os pelos da xente) e vin a unha rapaza maquillada!! Dentro da auga!!! Os vestiarios son mellores que os de alá. Nas duchas podes regular a temperatura e sae con moita forza e auga abundante.
Outra curiosidade [non ten q ver coa pisci, (ou sí…) pero acabo de lembrarme]: aquí non hai tampóns con aplicador! Non existen, non os coñecen. Xa sei que hai xente que prefire “sen”, pero que non haxa “con”... E polo de agora só vin “o.b.”, non debe haber outra marca…
Outro día cóntovos máis.Voume facer os deberes de alemán que senón mañá…
Máis nada: bicos a todas as guapas!!! (ás feas non, pq non coñezo ningunha que entre neste blog) e a todos os guapos!!
Coidádevos moito e botádeme de menos! Muaaaa!!
Mariana
15.11.06
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
6 comentarios:
Ciao
Soy Carlos el cantante de Opa!
Pues estos italianos me cansan.
A ver si ahora con mi pareja de proyectos italiana aprendo mas italiano pq si no... mal me veo. Ahora palabras mexicanas se un juevo.
Como al final no me movi de aqui desde septiembre pues me voy a pisa, siena y la toscana el fin de semana. Ala. Talogo milan. Nos vemos el lunes.
Por lo demas sigo igual resignado en esta caca de casa cara. Unha aperta atodos. Saudos.
Aqui la bici podria entenderse como quererse suicidar, los coches van a la caza del peaton y si le das a una bici te dan puntos en vez de quitartelos. Aún asi, En primavera a lo mejor busco una baratita, aun caliente.
Ya descubri unos canales pa pescar y unas tiendas de pesca donde ya les di la brasa a base de preguntas en itañolo. Preciso da miña droja!!!
ala!!!! que bem o das bicicletas... eses é o meu paraiso!
xa está!... xa está decidido que vou ir a visitirte! si me contas iso das bicis pois non hai dúbida algunha!!
beijinhos
Que marabilla atopar a tantos compañeiros na diáspora neste blog!! Tedes que saber todos que vos botamos de menos.
Polo de agora seguimos por Riazor porque a alguén se lle ocorreu cortar todo o cableado de rede na primeira planta de socioloxía (que é donde nos acollerán). Mentres e tanto, todo anda patas arriba. Isto é o máis parecido ao desastre total. Podedes crerme, é unha desesperación.
A principal novidade é que comezamos as clases de Deseño de Producción. Xa sabedes, con Viqui a "amiga" de Olga. Pois ben, non deixamos de ver os mesmos exemplos de pelis que vimos o ano pasado en Narrativa. Por que será??? Como traballo da asignatura (entre outros) vainos tocar facer unha marabillosa maqueta dacordo co guión que escribimos pa Teresa (por certo Mariana, deixaches ao pobre Felipe soíño!!).Así que volta ás clases de plástica do colexio,jeje. Pode ser moi divertido ou moi desesperante.Xa vos contarei.
Unha aperta moi forte desde Coruña Town, miña e do resto (permitireime a licencia)
Hola Mariana!!!
Primera vez que entro en tu blog y me ha llevado un rato ponerme al día porque ya habeis escrito mucho mucho.
Ciertamente esto del blog es una buena idea porque me estoy enterando de las aventuras de nuestros enviados especiales por Europa adelante.
Qué bien!! Carlitos con su pesca, Raquel con su portugués y viendo a Videla por la facultad, y tú con tus aventuras piscineras y en la bici. Por cierto, lo de la bicicleta es genial!! Ya me gustaría a mi poder ir en bici a clase, pero igual me mato por Alfonso Molina adelante... Por países como Alemania, Holanda y Suiza lo de la bici es de lo más normal: menos contaminación, más ejercicio, y hasta los 80 años con la bici...
Bueno, ya he visto que el Delegado hace comentarios a menudo. La verdad es que no me extraña demasiado porque, no sé como lo hace, pero está en todo. Así que procuraré entrar de vez en cuando para enterarme de vuestras aventuras y para que el pobre Marcos no sea el único de clase (de los que continuamos en nuestro país) que comente aventuras audiovisuales.
A ver cuando subimos para Elviña!!
En cuanto a nuestra nueva asignatura y su profa: Kivi (algunos llamamos así a Vicky) sólo decir que es una especie de imitación cutre de Olga. Como ya ha dicho Marcos: los mismos ejemplos. Además, el mismo estilo a la hora de dar clase, el último día dimos la clase en el Salón de Actos, películas para comentar... es decir, sólo le falta sentarse "a modo rana" como hacía Olga.
Bueno, por ahora nada más.
Se os echa mucho de menos a todos. La verdad es que se hace raro ver a Lucía sin vosotros, pero procuramos cuidarla entre todos. Suele hacer los trabajos con Alfonso y Jose, así que está bien cuidada, jeje.
Moitos bicos!!!
ola mariaaaaaanaaaaaaa!!!!!!!!!
ola mariana!!! son eu de novo 1 rapaz moi guapo e moi simpático do sur de Pontevedra, je, je.
Alédome saber que te estás integrando moi ben na Xermania. Eu aquí coma sempre traballando e rematando o curso de MTL de pontevedra e estouno pasando moi ben. A único pega é que son fins de semana intensivo, asi que suma: pola semana traballando + o curso = pouco tempo pa min e pouca vida social. Pero o esforzo vale a pena.
Coidate moito e dalle recordos a Aitor e que te coide moito.
Senxiño.
Publicar un comentario