Ola guapas! (bueno, e algún guapo, que tamén haberá...) jeje
Antes de nada, grazas a todas por escribirme. Faime moita ilusión atopar comentarios novos cada vez que me conecto. Non é necesario que fadagades o de "identifícome: maripuri". Chega con que o final poñades o voso nome ou, se tedes máis tempo, creades un usuario en blogger.com e xa poderedes identificarvos en todos os blogs!
Respondendo á xente brevemente:
Viri: que alegría ver dous comentarios teus. Bótote de menos. Aínda hai prazas na nosa pensión para a ponte. Oxalá veñades. Trae ao abuelo!!! E a Hadri!! E non te preocupes, que Aitor e eu coidamos moi moi ben o un do outro.
Montsiña: grazas tamén por escribir. Neste blog aceptamos filóloga como animal de compañ..., ups! perdón, como amiga, jeje. Que remedio! Sodes unha plaga! Incluso en Alemaña! Isto está cheo! En fin, sinto non ter estado cando viñestes de visita. Unha mágoa! Tería disfrutado moito indo por aí de viaxe con vós. Aitor non para de contar anécdotas dos días que pasastes aquí. As miñas amigas preguntaban: "pero cantos días estiveron Montse e Juanjo???", jejeje!!
Marquiños: alégrome de que che gustase o libro. É moi empregado nese tipo de actividades. Os CD's dese home son estupendos, entre a voz, o acento e as historias que conta... dá para reflexionar e relaxarse ao mesmo tempo, non si? PD: Anima aos compis a participar no blog!
Lore: aínda non entrei no teu. O outro día non me deixaba pq dicía que estaban en obras, reparando non sei que e non volvín ter tempo. En canto poida... Ei! Por que escribes tan estraño? No móbil vale, pero aquí non cobramos por caracteres! jeje. QT!
Raquel: as túas colaboracións como enviada especial en Portugal son esenciais! Grazas por escribir. Bótote de menos!
Mónica: grazas polo mail. Puf! Non tiven tempo de respostar, pero fareino. Sorte nas prácticas!
E ás demais... só dicirvos que me lembro moito de todas e que agardo a vosa visita. Aquí xa comeza a facer moito moito frío. Todo se prepara para a neve. Eu case teño ganas de que chegue... É tan bonita, tan bucólica a paisaxe... snif, snif...
Estes días ando algo cansa e algo depre. Cousas hormonais... así que non teño moito máis que contar ou, mellor dito, non teño moitas ganas de escribir. Así que ata o vindeiro post.
Bicos a centos, incluso para os cheirentos! (a rima da semana patrocínaa... Afri-Cola!)
Mariana
11.11.06
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
5 comentarios:
Resulta que en Siberia-Gasteiz xa vai un frío carallo (que por algo son os nomes) e a sopa entra ben. E eu pregunto se alguén se decatou de que dende o día 11 de novembro o mundo é máis xusto e máis fermoso. E non o digo polo concerto de Muguruza no BEC de Barakaldo a prol dos procesados no xuízo 18/98. Eu anuncio a quen non o saiba que o 11 de novembro o quince arxentino DERROTOU (18-25) á rosa vermella dos Tudor en Twickenham por vez primeira na Historia. E é por iso que vai frío en Euskal Herria que digo (vozdepoeta): QUE FERMOSO SER ARXENTINO EN GRAN MALVINA QUE COUSA GRANDE O PUMA NAS LEIRAS DE TWICKENHAM
Aquí tamén vai fresquiño, pero aínda non neva.
Xa quedaremos para o partido do día 28 en Riazor.
Falamos un día destes.
Apertas e biquiños para a dona do Blog.
INDIGNADA! Estou indignada! A primeira vez que escribe Aitor e é para contestar a Isaac!! En fin, Isaac 25 - Mariana 18.
A Isaaquiño ímoslle permitir non firmar os seus post porque como algún día será un poeta famoso supoño que non quere que eu saque cartos co que escribe no meu blog...
Envío express de mil bicos dende Tübingen a Gasteiz!!! E a ver se vés ver o teu mozo que te bota moito de menos!!!
Mariana
Olitas dende o paraíso do bo tempo!! E non é por darvos envexa (vale, un pouco si) nin aos alemáns nin aos vascos reconvertidos en arxentinos, pero aquí case se pode ir á praia (incluso haberá quen se bañe...).
Mariana: non te enfadas con estes dous, que hai cousas que non cambian; se no fondo son uns soles.
Biquiños para os tres!!!!!!!!
Elvira: o da cea, cando ti queiras. Ti só avisa e metemos o pulpo na pota!!
Montse
Aitor:
eu non sei se chega a Tübingen pero aquí xa arrecende a androlla que non podo máis. Se esta situación non cambia vou saír correndo sen para até chegar a Navia de Suarna.
Mariana Petitti:
25-18 non é moita paliza (xa ves, un ensaio e a transformación)...houbo tempos mellores!
Montsiña:
ide asustando ao pulpo XA!
Publicar un comentario