7.11.06

Bisbal e outras cousas...

Hallo Freundinen!! Ola amigas!
Que alegría ver todos os comentarios! Que éxito o primeiro día! Supoño que dentro duns meses só quedaremos as mellores, jeje!
Ei! Pídovos un favor! Firmade os comentarios, que senón teño que adiviñar quen escribiu cada un. A única que firmou foi Lore. A que escribe en portugués é Raquel e o que fala de Italia sei que é Carlos, pero non mola que teña que andar deducindo quen me escribe! Cunde que firmedes as intervencións, vale? Tamén para que o resto da xente saiba quen fala. Por certo, quen é a de "ola neni!", pq é o típico que diría Muri pero ela xa estivo aquí así que non poría o que pon... IDENTIFICAIVOS!!!
Ben, cóntovos. Onte descubrín que aquí se despiden dicindo "bis bald!" que é como "ata logo!", e claro, tendo a cultura televisiva española que teño eu respostei "Busta!!!", jejeje. E partinme de risa eu, Javi (de Graná) e Fernando (de Valencia). É unha parvada, pero creo que é a primeira palabra alemá que non se me vai esquecer, pola graza que me fixo! Terei que aprender rápido alemán para facer chistes, porque é un rollo que só os pillen dúas ou tres persoas! Javi dí que debería montar un clube da comedia en canto saiba falar ben, que seguro que ten éxito.
Xa teño número de teléfono alemán, fixo e móbil no mesmo aparatiño, así que se queredes chamarme só tedes que pedirmo. Daréivolo por mail, que é algo máis privado, e senón despois acósanme admiradores secretos e non teño tempo para tonterías, jeje!
Aquí a xente en xeral é encantadora. Iso de fríos e serios non sei de onde o sacaron, porque non paran de sorrir, pola rúa, as veciñas, os dependentes, as camareiras... dá gana de abrazalas a todas! Estoume contendo porque o de fríos si que son un pouco, é dicir, non se soban tanto como alá e tampouco vou facer amigas/os sobando á xente á forza, non? Xa cando cheguei de Arxentina tiven que facer exercicios de autocontrol porque a xente é menos cariñosa, pero aquí vou ter que facer un autocontrol moi grande! jeje.
Pois nada. Por hoxe xa chega. Mañá cóntovos máis. Por certo, non sei se sabedes que o 8 de novembro, ou sexa mañá, van parar as aulas nos institutos galegos para pedir que o ensino sexa en galego. Por se vos interesa fixeron un video que xa está colgado en youtube. Chámase "dillo a Laura" (este é o enlce: http://www.youtube.com/watch?v=x9D4ofmwXhk)
Disfrutade do día a día e tentade facer felices ás demais! Quérovos!!!
Biquiños mil!!!
Mariana

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Ola Chuliña!!
A ver, antes de nada, identifícome, para que logo non me botes a bronca. Son Montse, acabo de falar con Aitor e díxome que tiñas un blog. Así que, como aínda que si teño que facer pero non me apetece facelo, decidín entrar e ver que se coce nel. Estiven lendo os comentarios dos teus amigos e vexo que todos (ou a maioría) son de clase. Espero que non me restrinxas a entrada por ser unha simple filóloga (he, he!!).
Así que estivestes facendo turismo polo sur do país? Créoche ben que non puideses mover as pernas. Cando estivemos nós Aitor tamén se encargou de mostrarnos as belezas do país da cervexa e das salchichas, ademais das do país dos reloxos. Por certo, puidestes procaticar turismo nocturno? Recoméndocho encarecidamente: non hai multitudes coas que teñas que pelexar para facer a foto. E relación co do alemán: paciencia. Juanjo e eu quedamos moi contentos cando conseguimos ir a panadaría e saír co que queriamos. O malo foi ao chegar á casa e ver que os croisants que compraramos eran de chocolate e non normais, pero... estábanche bos.
E mais nada, que non quero ser pesada. Que vos coidedes e gocedes moitisísimo o un do outro.
Bicos a manchea e Bisbal!!!

Anónimo dijo...

Identifícome: Virita. Haberá moitas??? Como son novata nisto dos blogs, escribín o primeiro no de onte, bueno, no do día 7, e agora vexo o de Montsiña e tamén quero escribir e mandarlle moitos biquiños, e que non se esquezan desa cea q temos pendente.
Outra cousiña: cómo vai o tema da reserva da pensión? Xa está completa ou aínda quedan prazas? Bueno, máis biquiños. Que sexades felices.

Anónimo dijo...

Que bo, Mariana!! Non sabes o que me pasou hoxe...Comecei un curso de afrontamento da ansiedade ante os exames e, claro está, inclúe a aprendizaxe dunha serie de técnicas de relaxación. Pois ben, mentres estábamos prácidamente tumbados facéndonos conscientes da nosa respiración abdominal a psicóloga púxonos unha cinta na que un home con acento porteño nos contaba un conto. Adiviña quen...Exacto!: Jorge Bucay. Obviamente só puiden lembrarme de ti. Grazas por ese fantástico regalo.
Por certo, o outro aínda non me atrevín a lelo. Teño medo de escandalizarme, jeje!

Anónimo dijo...

Olaaaaa!

Qwno loDe BisBaL! Sabes qSe Cortó los RiZos? Muuy FueRRRte!!

Yo tB huBieSe conTestao igual, Fijo! O Quien MLo iBa a DciR, o BuleRía BuleRíA o alGo aSí!

JaJaJa

QBoNita la Taza qNs trajeroN ElE Y GamiNis (jaja) dAllí!
Xo Mtocó laD CoraZón PartíO... No seRá 1a PremoniCión No?

Uyuyuyuy

Ami Mda la EspiNa qLa d Ola NeNi s Ana..

Aún noT pasasT xMi FotoloG!!!!

CuídaT muXo!

Bsos PeDoRRoS!

Bis-Bal!

Jajajaja

LoreTaNa

Anónimo dijo...

pois falando de cantantes estúpidos, aquí em Portugal din moito a expresión de:
OH PA'!!
e a min non hai quen me quite da cabeza cada vez que o escoito a Carlos cantando: O Pa'! quiero hacer um corra... pasa minino... pasa minina... (ou como sexa)

raquel

Anónimo dijo...

Soy Carlos. Ok, ahora todo el mundo piensa que Carlos es un cantante estupido. Arréglalo, ou non!
Un saludo a todos, sigo luchando con el italiano. Tengo una compi de trabajo rubia, italiana de ojos azules q flipas...

Anónimo dijo...

Ola pequena!
Xa vexo que te estás a adaptar moi ben. Quen ía dicir que nun par de semanas xa poderías contar chistes en alemán!
Eu estou percorrendo o país dando cursos de galego... Verín, Baltar, Baltar, Verín, Vigo... e fins de semana en Pontevedra... tirando ovos polas fiestras e bailando na rúa...
Estou desexando rematar con todo, que estrés! Aínda que vou botar moito de menos tanta actividade!
Dálle un bicazo a Aitor da miña parte.
Estou desexando vervos.
Muaaa