O luns comecei as clases de alemán. Xa sabedes que me custa facer amigos, así que… jejeje, estouno pasando xenial!! Cóntovos dende o comezo: o 1º e importante é que vou en bici a clase. Ir en bici en Alemaña non é como ir na Coru, onde eres un hippie-alternativo (ou multiculti-antiglobi, como di Santi F.). Aquí as vellas de 70 anos adiantante a toda leche!! (pq eu vou lentísima, claro). Polas mañás a rúa parece un tour de Francia pero como se a meta estivese en moitos sitios diferentes, pq hai mil bicis en todas as direccións, correndo, cruzando, nenas con mochilas, xente de todas as idades… E alí vou eu, no medio, tentando non esnafrarme co 1º bordillo. O que máis medo dá é cando tes que ir pola rúa, por onde van os coches, e hai un bus pisándote os talóns. Por sorte debe notárseme que son principiante ou aquí respetan moito ás bicis pq non te adiantan, e os coches só o fan se hai sitio de sobra.
Chego a clase (ás 8:30 da mañá!!! Sabedes o que me custa madrugar, non? Pois imaxinade…), empapada en suor pq aínda non vai moito frío e a bici… é o que ten. Sorte que aquí os desodorantes son baratos (a que sí, Muri?).
As miñas compañeiras/os proceden de: Nova Zelandia, Venezuela, Thailandia, Senegal, Cuba, Kenia, Australia, Corea, Brasil e Turquía. Hoxe incorporouse unha señora de Kosovo. Como podedes imaxinar é divertidísimo intentar comunicrase con toda esta xente. Tantas nacionalidades diferentes e conseguimos chorar da risa nas clases. Tocoume un grupo ben divertido, ou cun humor ben parecido ao meu, non sei. Pasámolo en grande!! Son xente moi interesante e estou aprendendo moito, así que non só vou saír falando algo de alemán. Sairei con algunhas nocións de xeografía, antropoloxía e espero que con algunha amiga. Son xeniais, de verdade!
Mirade cantas persoas diferentes e resulta que somos 3 casi-Marianas en clase: hai unha Marian (Venezuela) e outra Mariama (Senegal). O resto xa saben distinguirnos, pero as profes teñen un lío… hoxe senteime ao lado de Marian e para mandarnos ler eran as risas. O coreano chámase Eun Hong Choi (polo que dixo “Choi” é o apelido), pero dixo que podemos chamalo Paul, jeje. E onte cantou o abecedario en alemán acompañado da percusión que facía coas unllas! Non o podedes imaxinar… Cos que mellor me levo é con Justin (New Zeland), Robert (Brasil) e Marian. Rímonos moito, o que pasa é que teño que andar cambiando do galego-portugués ao español e ao inglés, pero é moi divertido. En canto saibamos algo máis de alemán será mellor, porque xa nos puteamos entre nós sen dominar a lingua do outro… imaxinade cando falemos o mesmo, jeje!
Remato xa, contando o da pisci. Fomos onte Aitor e eu e é ben diferente ás de alá (Ana iba flipar…). Para comezar non hai rúas, co cal cada unha nada por onde quere, chocas con todo o mundo… en fin, que iso de que os alemáns son organizados é un mito máis. Non levan gorro, van co pelo solto (super guarrada, pq vas comendo os pelos da xente) e vin a unha rapaza maquillada!! Dentro da auga!!! Os vestiarios son mellores que os de alá. Nas duchas podes regular a temperatura e sae con moita forza e auga abundante.
Outra curiosidade [non ten q ver coa pisci, (ou sí…) pero acabo de lembrarme]: aquí non hai tampóns con aplicador! Non existen, non os coñecen. Xa sei que hai xente que prefire “sen”, pero que non haxa “con”... E polo de agora só vin “o.b.”, non debe haber outra marca…
Outro día cóntovos máis.Voume facer os deberes de alemán que senón mañá…
Máis nada: bicos a todas as guapas!!! (ás feas non, pq non coñezo ningunha que entre neste blog) e a todos os guapos!!
Coidádevos moito e botádeme de menos! Muaaaa!!
Mariana