Estes días non teño tempo para ser boa amiga. Aínda que cando teño tempo tampouco o son. Pero en fin, estes días síntome algo máis culpable de non ter tempo para demostrarlle á xente canto me importa...
Feliz aniversario, Elenita! Deséxoche moita saúde e menos horas de traballo, jejeje. E como di meu irmán: felicidades por completar unha volta máis ó sol. Xa van unha chea delas, eh? Quen o diría!! Porque non se che notan nadiña, jejeje.
Como agasallo aí van uns vídeos que me encantan e quero compartir contigo e cos milleiros de lectores/as deste blog, jejeje:
E aquí unha das miñas pelis favoritas de animación e o mellor personaxe:
Grazas por vir a Alemaña. En lembranza daquela viaxe, un cachiño pequechiño da mesma peli pero en alemán:
Quérote, Ele!! Botareite de menos cando xa non viva aquí...
Mariana
18.11.08
16.11.08
13 de novembro de 2002: PRESTIGE

e Muxía...

Aínda que sexa uns días despois quería lembrar o aniversario do Prestige. Para que non o esquezamos. Para reaccionarmos e actuar sen precisar outra catástrofe.
Grazas Viri pola canción. Puxen unha foto de Muxía por vós.
Benqueridas/os lectoras/es, recoméndovos un par de ligazóns ás novas destes días:
http://www.vieiros.com/nova/70256/galiza-non-esta-blindada-contra-outro-prestige
http://www.vieiros.com/nova/70243/galiza-non-se-vende-pechase-en-sedes-da-xunta-no-aniversario-do-prestige
http://www.vieiros.com/nova/70239/asi-contou-vieiros-o-prestige-hai-seis-anos
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=17821
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=17615
http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&&id_nova=8449
Bicos, dende a dor das lembranzas.
Mariana
7.11.08
Festa solidaria

O día 22 de novembro: Festa Solidaria da OCV (Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC), na Sala Boite do Playa Club. É unha festa para xuntar cartiños para os proxectos de voluntariado das Rañas, Bañobre e O Portiño. A entrada son só 3€, e eses cartos van íntegros a estes proxectos, así como o 50% das consumicións.
Avisádeme os que queirades ir para recoller as entradas na OCV. Nos vos podedes perder esta festa! Por fin os cartos derrochados na fin de semana serán ben empregados.
Biquiños!!
Mariana
29.10.08
Finalizar un traxecto
Que ganas teño de ver a luz ao final do túnel!! Que ganas de deitarme, durmir e espertar o 16 de decembro cun 5.0 no Proxecto Final... Canto tempo desexando rematar...
Tiven sorte de atopar boas compañeiras ao longo do camiño, non me podo queixar. Son as que me dan folgos para seguir. Grazas!
E cantos máis xornais e telexornais miro, máis ganas teño de vivir en Alemaña. Non é que alá non haxa problemas pero como non entendo o que din na tele, vivo tan ben, jejeje.
Hoxe houbo sesión de goberno e faltaron 190 deputados. Sen comentarios.
Hoxe tamén: xuízo contra un home que tentou matar a martelazos á súa muller. E eu só podo pensar que estamos creando monstros coma ese, que non son máis que froito do que sementamos. A continuación, un anuncio dun tipo que vai conseguindo cousas con só "chasquear" os dedos, entre outras que se lle caian as bragas a unha rapaza.
E mentres os estados "apadriñan" aos bancos e a xente anda a preguntarse se é oportuno ou non remexer nas fosas comúns (que total ben estaba a merda debaixo da alfombra), outros son xulgados por queimar fotos dos reis. Sorte que a xustiza se encarga de protexer aos máis indefensos. E sorte que vivimos en democracia e en liberdade neste país.
Para que viaxedes comigo a outro lugar durante uns minutos e esquezades as miserias humanas, póñovos un par de vídeos. Unha canción irresistible:
E, se tedes uns minutiños máis, un vídeo im-presionante dun tío que parece de goma!! O baile chámase popping, polo fulano que o inventou, pero eu nunca vira nada igual e parece que o xurado deste casting ou concurso tampouco. Flipade:
Que pasedes un bo día. Moitos biquiñooooos!!
Mariana
26.10.08
O que son e o que parezo
Levo días dándolle voltas a unha idea: que imaxe transmitimos aos demais? Que percibe a xente de nós? Alguén pode chegar a coñecernos de verdade?
O comentario de Olivia Newton Jonh no anterior post, sobre que nunca chegamos a coñecer a unha persoa de todo, fíxome reflexionar sobre a imaxe que damos/dou. Creo que se dúas persoas que me coñecen de lugares distintos falasen entre elas non coincidirían na miña descrición. Se cadra non saberían nin que falan da mesma persoa. Non sei se é un problema ou non, pero as persoas perciben de min cousas moi diferentes.
Estes días coñecín xente nova. Coñeceranme mellor que as miñas “amigas de toda a vida”? Saberán cousas de min que os/as que me queren non saben polo simple feito de ter outra perspectiva?
É curioso pero ás veces síntome unha estraña entre coñecidos. De súpeto alguén di que algo é “do meu estilo” ou que algo “me pega” e eu quedo sorprendida porque descubro que resulta que hai cousas que van comigo e outras non. Por que? Non o sei.
O ser humano tende a clasificar, a etiquetar ás cousas e ás persoas para poder “xestionar” mellor o seu mundo, para poder entendelo. Isto é una realidade. Non podemos vivir no relativismo absoluto. Pero ás veces esas etiquetas restrinxen o coñecemento da realidade, limitan a visión do mundo. Eses “post-it” que imos poñendo xunto á imaxe das persoas na nosa base de datos do cerebro, fan que as nosas relacións estean baseadas en estereotipos que a maioría das veces resultan falsos ou, cando menos, incompletos.
Algo que si que sei que me gusta facer é romper esquemas. Encántame ver a cara de sorpresa que se lles queda ás persoas que descobren algo de min que descoñecían e que non encaixa coa etiquetaxe que me asignaron. E é aínda mellor cando a persoa á que sorprendes é alguén que pensa que te coñece ben, aínda que só sexa polos anos que levades sendo amigos/as.
Lembro un cursiño no que un rapaz tarareaba unha canción polo baixo e eu, que estaba ao seu carón, continuei a canción. Era dun grupo de hip hop bastante coñecido. Non sei porque lle sorprendeu tanto. Flipou. Supoño que non sabía que, aínda que levo o tiro do pantalón no lugar estándar e non movo os meus brazos coma se tivese nacido no Bronx, escoito ese estilo de música dende hai moitísimos anos. Seguramente coñece ese grupo dende hai máis anos que el, por culpa do meu irmán. Pero polo visto iso no encaixaba no meu perfil.
Eu tamén etiqueto á xente. Pero nunca pecho o arquivo. Creo que nunca lle dixen a ninguén “en serio que che gusta isto? Pois non o imaxinaba” ou “isto non che pega nada”. É un problema á hora de mercar os agasallos de aniversario, porque nunca sei o que se supón que lle vai gustar a alguén ou cal é o seu estilo.
Un consello: botade ao lixo todos os “post-it” sobre min porque se ides seguir engadindo non vos vai chegar o espazo no cerebro, jejejeje. Non son unha friki. Simplemente teño un perfil moi amplo. Toda a roupa que ves nas tendas, TODA, é do meu estilo. Jejeje. E o Rockabilly é un tipo de música que me rechifla, xunto co pachangueo, a música coral, o hip-hop, o R&B, os cantautores e a copla. Houbo alguén que me dixo unha vez que parecía unha gramola. Jejeje. Pode ser…
Déixovos con outra canción que me gusta. Coñecín este cantante, que ten unhas letras divertidísimas, grazas á xenerosidade desinteresada de Moi. Que marabilla de xente!
Biquiños a centooooos!!

13.10.08
As posibilidades que dá YouTube
Que? Flipades con tanta actualización en tan pouco tempo eh!
Agora que descubrín como se meten vídeos creo que vou actualizar con máis frecuencia porque ás veces unha non ten ganas de escribir moito...
Graciñas a Rober e a Lore por comentar. Sen comentarios ás veces parece que escribes para nada, que non te le ninguén. E a palabra escrita sen lectores non ten sentido, non? Como a palabra falada sen oíntes, supoño.
Pois aquí, predicando no deserto, déixovos un par de vídeos que me parecen moi divertidos. O primeiro é dun grupo que me lembra á miña pre-adolescencia. Debía ter eu 12 ou 13 anos e escoitaba case todos os días un casete que puña "Rocky Sharpe Collection". Encantábame aquel casete. Pasáramo o pai da miña veciña. Era xenial. A min a música dos 60 sempre me toleou. A canción que vos poño é seguramente a máis coñecida e creo que non é deles, creo que é do ano 57 dos Edsels. Pero o video está moi gracioso. Atendede ao momento en que un dos cantantes quita os lentes e debaixo ten outros! E ese mesmo despois baixa ata o chan e volve erguerse cos xeonllos flexionados: unha pasada! Parece de goma!
E outro vídeo que me encanta é este de Miguel Bosé coa súa sobriña (se ve isto Roger mátame):
E outra canción bonita de despedida. Non hai vídeo, é imaxe fixa. Pero así podedes seguir traballando mentres escoitades a música...
Biquiños a centos!!

11.10.08
Todo o que digas pode ser utilizado na túa contra

Así é como me sinto, no eido privado e no público da miña vida. Todo o que diga e faga pode e vai ser empregado na miña contra.
No que levamos de mes descurbín demasiadas cousas que non me gustan deste mundo: que unha persoa é culpable ata que se demostre o contrario, que é máis doado roubar que poñer unha denuncia, que unha empresa defende ao ladrón antes que ao cliente honrado, que calquera persoa pode ter os teus datos e facer o que lle pete con eles, que estafar é máis sinxelo que atopar un lugar onde compulsar uns papeis e que hai certos cerebros que teñen a capacidade de almacenar información indefinidamente para sacala en calquera momento e facer dano. E descubrín ademais que a xente da miña idade tamén pode ter cancro.
Non pensedes que estou mal, pq estou feliz. É unha virtude estraña que posúo. Hai xente que é guapa, hai xente que é intelixente, hai xente que é detallista, hai xente que ten bo sentido da orientación... eu son feliz, pase o que pase. Unha sorte, a capacidade de sorrir fronte á adversidade. Unha virtude que tamén provoca envexas e desencadea conflitos, pero que polo de agora parece que non vai marchar. Oxalá dure toda a vida porque aprendín unha vez que toda situación, por mala que pareza, é susceptible de empeorar.
Para que reflexionedes sobre a privacidade na era da información déixovos aquí esta curtametraxe que se chama Remove:
E tamén esta ligazón a un blog que fala do controlados que estamos.
Algún pensará que toleei se non sabedes do que estou a falar. Para que vos fagades unha idea pinchade aquí.
E hai xente que está peor ca min:
<< Hola compañero. Estoy en la misma situacion que tu compañero. Hace
varios meses recibi a mi movil vodafone 5 sms que ponian lo siguiente:
"Se ha realizado correctamente la transferencia de 9.85 EURO al telefeno
6xxxxxxxx", el telefono no lo conozco y yo nunca acepte esa
transferecia. El caso que en un momento me volaron 50 EURO a un nº de
movil que no conozco y sin mi consentimiento. Llame inmediatamente al
telefeno de desatencion al cliente ya qu nunca te dan una solucion al
problema para confirmar quela transferencia que habia hecho de 50 EURO a
ese movil era cierta y no una broma. Pues si era cierta habia pasado
50 euroos de saldo a un movil que no conozco sin saberlo y segun
vodafone e tenido que aceptar los 5 sms que me llegaron. Estando mucho
rato hablando con el 123 la unica solucion qu me dio fue que pagara y
entonces luego haga una queja. Pero en ningun momento me comento que
este servicio de traspaso de saldo se podia desactivar.
Al dia siguiente en el trabajo me sono el movil otra vez. Volvian a
seer otros 5 sms con la misma transferencia pero esta vez a otro
numero de movil. Me habian robado 100 EURO de saldo en 2 dias y volvi a
llamar a vodafone al 123 y me siguieron dando la misma solucion que lo
pagase y luego me quejase pero que yo esa transferencia la e tenido
que aceptar. Entonces pregunte si este servicio se podia desactivar y
me confirmo que si, asi que lo desactive ya que me sentia totalmente
desprotegido por parte de vodafone. Yo nunca pedi que se me activara
este servicio de traspaso de saldo y nunca me mencionaron si se podia
desactivar. >>
E xente que estafa o mesmo que come. É tan doado. Tiña razón miña nai... que inxenua fun sempre. Pero xa comecei a espabilar, non vos preocupedes.
Parabéns a Ana e a María polo seu 25º aniversario.
E tamén ao meu irmán e á miña nai que fixeron anos estes días.
Disfrutade do que queda de ano e sede felices mentres haxa saúde que despois é demasiado tarde.
Biquiños a mancheas para todas/os!
Mariana
7.9.08
vacacións
Ola a todas!
Hai moito que non escribo, pero tampouco vin que reclamase ninguén, así que non me agobio, jeje.
Que tal de vacacións? Sei que moitas estivestes traballando coma min (ou máis) así que imaxino que non hai moito que comentar. La juventú está echada a perder...
Eu aínda sigo esperando que veña o verán. Case non udei sandalias este ano, nin pantalóns curtos, e creo que todas as veces que estiven na praia, que non foron moitas, estiven vestida! Excepto unha vez, que me puxen en trikini e fliparon! jejeje.
En fin, a ver se chegan as vacación dunha vez. A min creo que ata xaneiro non me tocan, pero bueno, con que pasen rápido estes próximos días xa me conformo.
Este verán reafirmeime na miña idea de calquera traballo pode ser xenial se tes os compañeiros/as axeitados. Paseino en grande currando e rin tanto tanto durante os 15 días que estiven en Boiro que penso que vou vivir ata os 200 anos! jejeje.
Cos pequenos tamén moi ben, pero moi cansiña, a verdade. Aínda que agora bótoos de menos... onte lembrei eses momentos en que viñan onde min e apoiaban a súa cabeciña na miña barriga, como pedindo unha aperta. E ás veces soño con eles e sinto que chaman "Irana", "Irana"...
A foto de hoxe tenta representar as ganas que teño de sentar nun banco e non facer nada, só pensar e ler ou escoitar música. Ler cousas que me apetecen e escoitar música que me gusta e non ambientes de exterior e interior, jejeje.
Grazas a todos e todas as que fixestes deste verán uns meses marabillosos a pesar do cansancio e das obrigacións.
Quérovos!! Un bicaso!!
M.
PS: e deixo aquí a ligazón a dúas cancións coa que me divertín bastante este verán:
http://www.youtube.com/watch?v=sF84pIhP5UM
http://www.youtube.com/watch?v=Lt6o8NlrbHg
15.6.08
Traballo acumulado
Ola, amiguiñas!
Aquí estou, despois de moooooito tempo. Xa nin me lembraba de que tiña blog! Porque levo uns meses que non dou feito... e se me acumula o traballo como ao señor da foto que, por certo, é un "posado robado", jejeje, que lle tomei a un home no Brasil, cando fomos de paseo a un mercado.
Non teño tempo para poñervos ao día, porque son moitas cousas as que pasaron dende a última vez que escribín. Pero podo resumirvos a situación actual, que moitos xa coñecedes: estou cos exames da carreira, coas últimas materias que me quedan para rematar e tamén preparando o proxecto para poder presentlo canto antes. Os días 20 e 21 de xuño vou ás oposicións de maxisterio pero aínda non teño feita a programación nin lin unha soa folla do temario (grazas Viri por conseguirmo!). E se vos preguntades por que non presento o do ano pasado é porque este ano vou a outra espeialidade, á miña, Educ. Primaria. Non importa, porque non quero aprobar. Como escoitades: non quero! Porque vou traballar todo o verán para poder irme o curso que vén a Alemaña e pagarme os cursos de alemán que fagan falta e disfrutar de Tübingen con Aitor, que é o que levo 3 anos desexando.
Ao final enrolleime máis do que quería. Póñovos un anaco dun texto que me encantou. Saqueino dun artigo de opinión de Vieiros que podedes ler pulsando aquí. Eu non o lin enteiro, pq non teño tempo!! Pero o tipo cita a unha esritora e gustoume moito o que dicía. Despídome ata a próxima con este texto. Moitos biquiños e sede felices!!!
Mariana
“Unha lingua é algo extraordinario, é un dos maiores logros da mente humana. Un logro colectivo. Asombra todo ese enxeño, esa creatividade, ese esforzo investido por unha comunidade durante milenios non só para crear unha ferramenta de comunicación eficaz, senón tamén para dar forma ós seus soños e ós seus medos, á súa maneira de ve-lo mundo. Unha maneira única, porque cada lingua é unha tradución da realidade. E todo iso, todo, xunto ás memorias dos antergos, os contos que as nais contaban ós nenos, as cancións e os rezos, desaparecen caladamente para sempre cando morre unha lingua, e ó pouco é como se ese pobo nunca tivera existido.”
25.2.08
Os problemas da cidadanía

Ola amiguiñ@s!
Como vai? Xa sei, levo máis dun mes sen actualizar. Son un desastriño. Pero é que despois do éxito da última actualización... non sabía que poñer. Non podo facer un blog sobre Virita, por moito que algúns queirades!! jejeje. Porque hai moitos temas que tratar nesta vida...
E aproveitando que hoxe é o super debate entre o señor ese que precisa un foniatra e moitas clases de educación para a cidadanía e o señor que compra-vende votos pola tele, voulle dedicar o post ás eleccións e aos probemas que realmente nos preocupan á xente da rúa.
Parece ser que o debate de hoxe pode ser decisivo para o resultado das eleccións. Pese a ser un debate absolutamente pactado, preparado e que vai amosar unicamente as posturas dos dous partidos maioritarios, porque todos sabemos que o que importan son as maiorías. As minorías mellor ignoralas, facer coma que non existen e, se é posible, aplastalas. Para que ter 10 opinións se podemos reducilas a dúas. Do mesmo xeito que para que imos falar dúas linguas se podemos falar só unha.
Por sorte para todas e todos os cidadáns existen xa un par de plataformas que se ocupan polos verdadeiros problemas dos ciddáns. Por fin alguén fala claro e defende ás persoas discriminadas da sociedade, ás persoas que ven día a día como se vulneran e se pisotean os seus dereitos: os castelán falantes en Galiza.
Realmente debe ser difícil falar castelán neste país, educar a un fillo/a en castelán, intentar empregar o castelán en todos os ámbitos (no traballo, na administración pública, na escola, na universidade, no Corte Inglés...). Debe ser moi duro. Debe ser unha loita continua contra prexuízos e discriminacións porque o castelán é de toda a vida a lingua mal vista e peor valorada neste país. Imaxino aos pobres que van a calquera sitio e tentan expresarse en castelán e reciben sempre a resposta en galego e notan que os miran mal ou que comentan polo baixo "este seguro que vota ao PP". Pobres... Basta xa de discriminación!! Liberdade lingüística xa!! Que cada un fale o que queira!! Pode falar castelán e ser boa persoa igual!! Non sexades cabróns e non obriguedes a esa pobre xente a escolarizar aos seus fillos cun 50% de aulas en galego!! Que aberración!
En fin, non sei onde imos parar. Sorte, como dicía, que xa hai plataformas en Galiza que protexen os dereitos de todas e todos nós e reivindican un país máis xusto e igualitario. Oxalá chegue un día en que calquera poida falar castelán en calquera sitio e non sexa discriminado nin sinalado pola lengua empregada. Oxalá...
Por certo, hoxe estiven a ver os spots publicitarios dalgúns partidos. Hainos graciosos, hainos ben feitos, hainos cutres e hainos que dan medo. Gustoume o de Esquerda Unida (que podedes ver se pinchades aquí). Gustoume máis que nada porque resume a súa ideoloxía sen necesidade de nomear a ningún outro partido. Os do PP e os do PSOE non parecen ter ideas propias para amosar nos seus spots, nin sequera unha mensaxe clara. Pobres... como se anunciaría cada un se non existise o outro partido??
A próxima actualización tardará menos dun mes, prometido.
Coidádevos moito e pensade que ides facer o día das eleccións que, como escoitei por aí, algún día os vosos fillos/as preguntaranvos que fixestes para mudar as cousas que non vos gustaban.
Moitos biquiños!! E até outra!
Mariana
16.1.08
Por algunhas non pasan os anos…
Hoxe dedícolle o blog a unha das persoas máis importantes na miña vida: Elvira. Unha muller que como se adoita dicir: “se non existise habería que inventala”.
Non vou dicir de quen é nai, que xa o sabedes todas. E se hai algo que entendín dende o principio é que a Viri non se lle coñece por ser “nai de” senón por ser Ela.
Dedícolle hoxe estas liñas en compensación polo despiste destes días que foi o seu cumpreanos e non a felicitei. Foron os seus 2 cumpreanos, porque a xente realmente especial ten 2, jeje. E ademais ela non celebra o día que completa unha volta ao sol, non, ela celebra o día que un señor a anotou no rexistro. Éche así a Viri.
Pouco podo dicir que non saibades xa as que a coñecedes. É unha persoa única (un regalo do ceo, din) que non alberga no seu pequeno corpo máis que bondade. Xenerosa como ela soa, traballadora como a que máis e preocupada por todas e cada unha das persoas que entran na súa vida (e é moi doado entrar, así que imaxinade canta xente ten na cabeciña e no corazón esta muller!!). Dá sempre o máximo dela mesma, en todo, e nunca agarda recibir nada. Quen ten a sorte de cruzarse con ela no camiño queda abraiada por tanta bondade, xenerosidade e humildade xunta!
Elvira é unha das persoas coa mente máis aberta que coñezo e sorpréndome cada vez que falamos coa súa visión do mundo, que é do máis actual, do máis tolerante, do máis humana que vos poidades imaxinar.
Xunto co seu pai e os seus dous fillos son as persoas máis boas e con mellor corazón que atopei ata agora. Abríronme as portas da súa casa e acolléronme na súa familia dende o principio como a unha máis. Estarei eternamente agradecida por iso e creo que saben que me teñen aquí para o que queiran, SEMPRE.
Ela sabe canto a quero e sabe tamén que a querería moitísimo máis se ela mesma se quixese un pouquechiño e se fixese respetar e lle plantase cara aos conflictos da vida. Porque incluso as persoas de mellor corazón atopan obstáculos cara a súa felicidade e a Elvira ás veces hai que empurrala para que os salte. Gustaríame que se armase de valor e que saltase moi moi alto e que os obstáculos tremesen ao poñerse ao seu lado. Rozaría a perfección. Gustaríame tanto...
Eu seguirei estando ao pé dela e empurrarei cando haxa que empurrar. Porque as persoas que viven preocupadas por facer felices aos demais merecen que haxa xente que se ocupe da súa felicidade. Sei que hai moitas persoas que participan desta tarefa, cada unha á súa maneira. Hai persoas que a fan feliz a diario, hai persoas que lle axudan a saltar os obstáculos, hai persoas que lle ensinan camiños alternativos, máis doados... Eu, á miña maneira, tamén tento axudar. Berro ante a impasividade, turro contra ás inxustizas e discuto ás veces máis do que me gustaría.
Non lembro os cumpreanos, Viri. Se cadra porque para min tampouco son tan importantes. Preferiría saber as datas nas que perdiches seres queridos para lembralas e estar ao teu lado. Ou prefiro falar contigo na cociña e dicirche que estás facendo algunhas cousas mal e que mereces ser feliz máis que ninguén.
Sinto que onte che faltara unha mensaxe. Síntoo de verdade. O que che aseguro que non vai faltar nunca é a miña man para collerte e saltar un obstáculo, nin as miñas orellas para escoitar todo o que teñas que dicir, nin os meus ollos para dicirche coa mirada o contenta que estou de formar parte da túa familia. Cada parte de min vai estar aí para procurar a túa felicidade e a das persoas que máis queres, que tamén son as que quero eu.
Un bico enooooooorme e feliz cumpreanos!!
Foto: Virita en Alemaña. Se ata o boneco ficou namorado!!!
7.1.08
Outro ano sen Colacao
Feliz 2008 a todas! Outra volta ao sol completada. Ben por nós!
Estiven desaparecida pero...xa estou aquí. Hoxe breve. De verdade.
Foto: eu en Berlín, cando axudei a deconstruír o muro.
Lin hai pouco no fotolog dunha amiga:
"Harta de no estar ni con quien ni donde yo quiero, ir a donde no me apetece, escuchar lo que no deseo, ver aquello que me desagrada (...)".
Eu tamén estou farta. Farta de que o bo acabe. De ter que deixar de estar con quen quero e onde quero e ir onde non me apetece a escoitar o que non desexo e a ver cousas que me desagradan. Pois si, "que pare el mundo que yo me bajo".
Uf, que razón tiñas Cuchu... "Si la envidia fuera tiña, cuánto calvo habría..." Canta envexa hai no mundo. Canta xente apodrece por dentro. Como fede! ggrrrrr....
E xente que consideraba intelixente, sorpréndeme actuando con violencia. Pensei que a violencia era a resposta cando non hai palabras. Pero non.
Os capullos seguen a ser capullos, pero os listos fan o capullo máis a miúdo do que adoitaban...
Non quero saír da bóla de neve. Non quero. Non axites que caio. Voume amarrar forte a ver se o consigo...
Para rematar, algo gracioso: unha cita bíblica modificada unha noite no Antonio "de risas, nenooooooo", jejeje:
"El que esté libre de argot que diga la primera movida".
Si, si. Discusión da noite: a ver se aprendemos a falar, que é vergonzoso escoitar como falan as profesoras/es da Universidade por non falarmos das alumnas/os.
Coa pandilla fala como queiras pero para levantar a man e preguntar en clase... pensa o que vas dicir antes e compra un dicionario de sinónimos.
Un bico para todas!! Coidádevos e que todo vos vaia ben neste ano que comeza!!
Mariana
13.12.07
Mensaxe de esperanza, porque estamos en Nadal
Ola xente!
Hoxe voulle dedicar o meu blog a dúas persoas ás que quero moito e coas que teño pasado moi bos momentos. O outro día tivemos unha conversa moi divertida por internet con cámara web incluída. O lado máis positivo das novas tecnoloxías: a comunicación con calquera parte do planeta. Sentirte aínda máis preto da xente á que queres e botas de menos.
Esta parella son Juanjo e Montse e escollín esta foto porque me encanta e porque no fondo son boa persoa e non quería poñer as que nos sacamos o outro día en pixama, jeje. Perdón, Montsiña (como di Aitor) en bata, que é unha señora, jeje.
Montse e Juanjo son unha proba de que existe o amor e de que dúas persoas poden complementarse de tal xeito que sexan aínda mellor xuntas que por separado. Son o equipo perfecto e para min un exemplo de parella. Quérense, respétanse e cóidanse un ao outro, como deberían facelo todas, aínda que por desgraza moitas veces non sexa así. Teñen unha relación sa (que xa é moito dicir nestes tempos) e ademais relaciónanse co resto do mundo (que tamén é raro, jeje).
Por sorte cada vez atopo máis parellas deste tipo. Máis relacións igualitarias, nas que ningún membro somete ao outro. E máis relacións maduras nas que non hai discusións diarias por calquera chorrada de adolescentes de tipo “que facías falando con esa?” ou “como non te lembraches de que hoxe é San Valentín?? Non me queres??”.
Alégrome de ver que a hai xente que quere, que sabe querer e que ademais se deixa querer. Nunha sociedade que tende ao individualismo (no sentido negativo da palabra), ao egocentrismo e ao egoísmo, dá gusto atopar xente que dá sen esperar recibir e que ama sen medo, sen inseguridades, sen barreiras.
Dende aquí un bico moi grande a este par de dous, cos que seguramente coma as uvas un ano máis (con piscina climatizada incluída, espero!!)
Coidádevos moito e seguide queréndovos tan ben!
Apertas a centoooooooos,
Mariana
PS: Recoméndovos unha canción preciosa que fala do amor a primeira vista. Pedro Guerra e Chico Cesar: http://mx.youtube.com/watch?v=aSAjaDCLRtI
9.12.07
Visitas e descubrimentos
Ola amiguiñ@s!
Como andades? Eu ben. Cansa, pero feliz. Estes días tivemos visita. Primeiro Rober, que xa repite. (A ver se algúns e algunhas vos aplicades o conto! Que xa hai xente que está na segunda ronda!!). Pasámolo ben aínda que a visita foi algo accidentada porque Aitor estaba moi liado e tiven que ensinarlle eu soa Alemaña. En fin, para os que me coñecedes isto xa non precisa máis aclaración. Sentido da orientacón nulo, torpeza, mala memoria e pouco dominio do idioma, jeje... así que houbo varias confusións de trens e non sei nin que lle ensinei de cada cidade. Pero Rober é moi abnegado e non protestou nada. Incluso cando se borraron as fotos da súa cámara... Síntoo Rober... Está visto que os aparatos eléctricos me odian así que non sei que fago en Comunicación Audiovisual...
Despois a miña familia veu coñecer Tübingen. E moi ben. Gustoulles todo. Marcharon contentos sobre todo porque viron que estou ben e que é verdade todo o que lles contaba. Alemaña é un gran país.
E a semana que vén: Simposio sobre Rosalía de Castro, así que estaremos atendendo aos convidados/as.
Vida social intensa neste mes.
Sigo na burbulla. Na bóla de neve. Ás veces alguén axita e caen as folerpas. Voan sobre as casas. E sobre min. E ninguén pode romper o cristal. Ninguén. Iso espero...
E nestes días descubrín algunhas cousas. Que dá medo ser tan feliz. Que boto de menos a algunha xente. Que necesito a outra. Que o teléfono marca case sempre os mesmos números. Que podes mirar a alguén sen roupa e desexar pintalo. Que rir deitada presta máis ca rir de pé. Que podo facer que a alguén lle saia o zume de laranxa polo nariz e que é moi desagradable (o que demostra, como di a nai de Santi, que o nariz é un burato só de saída e non de entrada). E que a poesía pode ser divertida. Moi divertida. Déixovos cuns poemas do Colectivo Ronseltz:
Neotrovadorismo (II)
(cantiga de amigo, escarnio e mal dizer)
Antes eras un colega
pero agora
me cago en tu puta madre
me cago en tu puta madre
Teño na miña man escreber
as palabras máis sublimes.
Teño na miña boca pronunciar
as palabras máis fermosas.
Pero ti... ti nunca me miras,
ti nunca me escoitas.
(Último poema de Maiquel Llordan antes de adicarse definitivamente
ao baloncesto).
Suicidio
Colles o teléfono
Marcas o teu número
Falas contigo mesmo:
Decididamente, non te podes ver.
Antes de discutir
Prefires colgarte.
Galiza
Todo na miña terra é paisaxe
Menos traxe,
paxe
e garaxe.
Bicos e apertas para tod@s!!
Coidádevos moito e que vos coiden!!
Mariana
Foto: con Rober (das poucas que sobreviviron) nun restaurante elegantísimo en Baden Baden, osea!
PS: As putis xa teñen fotolog!!! Estades todas/os convidadas/os.
30.10.07
Gemmis Geburtstag

Puxen o título en alemán porque hoxe lle dedico o blog a esta muller de mundo, esta muller internacional (polo menos de corazón e mente, que é o que importa): GEMMA. Ten moitos ouros alcumes pero hoxe non me quero enrollar. Esta preciosidade que tedes na foto cumpre hoxe 24 anos. E está feliz, ceando nalgún restaurante de Madrid, con novos e vellos amigos. Celebrando o seu aniversario na emigración, jeje.
Gemmis: só quero desexarche feliz cumpreanos e ogallá fagas todas esas cousas que sempre quixeches facer e que disfrutes todo o que poidas (e te deixen) e que o pases ben.
En fin, non che queda nada para os 30, e xa se sabe, en breve: voda, fillos... así que vai planeando. Xa sabes que vestido vas levar ese día tan especial?? jejeje! Quérote moito e estou moi orgullosa de ter unha amiga coma ti, aínda que agora sexas madrileña... jeje.
Cambio de tema:
Non quero estragar este momento tan emotivo pero... levo tempo querendo facer unha protesta: en que mundo putrefacto vivimos??? Por que teño que escoitar na miña clase que lle chamen "conguito" ou "chimpancé" a Hamilton e ao seu pai? Por que teño que apoiar a Alonso? Por que teño que preocuparme de que o fulano que máis cobra en toda España sexa ben tratado ou mal tratado no seu traballo?? Que lle dean! A el e a todos os que cobran máis cartos dos que nunca poderán gastar. Dame igual esa xente. Como se se espetan Alonso, Hamilton e todos os da fórmula 1 contra un muro!!
Quero preocuparme e indignarme pola xente que non sae na tele. A xente que ten problemas reais. E quero que lle dean os papeis aos inmigrantes pobres tan rápido coma lla dan aos ricos (futbolistas). E quero que alguén lle diga a todos eses que chaman "conguito" a Hamilton que Ronaldinho e Etoo son da mesma cor e que despois non se sorprendan cando vexan que un IMBÉCIL coma eles lle dá unha patada na cabeza a unha ecuatoriana no tren, porque eles tamén son violentos cos seus comentarios e hai un paso moi pequeno da violencia verbal á física.
Cada día teño menos ganas de ser mestra, só con pensar que todos estes idiotas poden reproducirse e que terei que coeducar aos seus fillos.
Resulta que os máis racistas no van coa cabeza rapada e pantalóns pitillo senón co pelo engominado e aspecto impecable. Que noxo de sociedade!
En fin, sinto ter estropeado a felicitación de aniversario. Pero estou cabreada co mundo e isto é a miña vía de escape. O paso previo antes de poñerme a berrar na rúa, jeje.
Un bico para todos e todas!!
E a ver se somos felices e DEIXAMOS SER FELICES AOS DEMÁIS!
Mariana
8.10.07
Cumpreanos e despedidas
Hoxe quero dedicar o meu blog a algunhas das persoas que saen nesta foto. Non é a mellor foto da historia nin na que mellor saiamos pero é a máis recente que teño delas e na que mellor saen.
Ben, comecemos polas irmás Yáñez, que dentro dunhas horas están de cumpreanos. (Na foto, a da esquerda de todo é María e a que está ao outro lado do barbudo é Ana, jeje, bueno e o barbudo é Carlos, pero el non é Yáñez). Deséxovos o mellor para este ano que comezades e espero que se cumpran todos os vosos desexos e plans. Sei que estades ben porque de cando en vez entro no voso fotolog e me entero dalgunha novidade, aínda que non podo comentar por non formar parte desa “selecta comunidade”. Afortunadamente en blogger aínda deixan comentar a todo o mundo, incluso sen identificarse, así que cando queirades vide por aquí e deixádeme un saúdo para saber que todo vos vai ben.
Alégrome de que o esteades a pasar ben, polo que vin nas fotos, e de que ampliedes o grupo de amigos incluso internacionalmente. Sempre se dixo que canta máis xente mellor, así que veña, a disfrutar ata que o corpo aguante!! Que aínda somos novas rapazas!!
Sabedes que vos quero moito e que aínda que ao estar aquí non poida facer un bo seguimento das vosas vidas máis que polo fotolog, porque mails non escribides, ejem, ejem, jeje, pois estou presente en espíritu e lémbrome a cotío de vós.
Espero que sexades moi moi felices e que cumprir anos non vos cambie se non é para mellor. Disfrutade todo o que poidades e reservade algo de festa porque a semana que vén estou aí e quero celebralo!! Chego o 13 de outubro.
Aproxímanse épocas de cambio na Puti Pandi. Xa somos tres as putis emigradas que marchamos por distintos motivos da Coru. Os cambios case sempre son difíciles, sobre todo se un estaba contento coa situación anterior. Pero de todos os cambios se aprende e se enriquece unha/un. Estou segura de que este será un bo cambio para todas. Sobre todo porque é un cambio desexado, polo menos pola protagonista. Estoume a referir ao novo traballo de Gemma (na foto, a que está entre Ana –a mulata– e eu) en Madrid. Gemmis emigrou hai uns días á capital para traballar do que quería. Como dicía Xabi: “valente, Gemma!”.
Gémminis: que dicirche? Xa sabes o que penso. Alégrome un montón de que te botases á aventura. Deséxoche tamén o mellor e estou segura de que todo che vai ir ben. Creo que Madrid é un pouco mellor dende hai uns días porque ten a unha auténtica pofesional currando, vivindo, paseando e disfrutando desa gran cidade.
Un bico moi moi grande para as tres!!! As do cumpreanos vounas ver dentro duns días e xa lles dou o bico en persoa. E a madrileña xa llo darei en breve cando vaia visitala.
Coidádevos moito, sede felices e seguide facendo felices aos que vos rodean!! E nos esquezades que vos quero moito!!
Mariana
PS: Moitos biquiños tamén para outras dúas madrileñas recientes ás que xa lles dedicarei un post: Chuni e Dolo. Noraboa polos respectivos traballos e polo cambio de vida!! Moita sorte en todo o que fagades e oxalá nos poidamos ver pronto! Quérovos!
26.9.07
Despedidas
Hoy le quiero dedicar el blog a Javi porque hace tiempo que se lo prometí y porque el viernes regresa a Graná, su tierra, y es probable que no volvamos a vivir en la misma ciudad JAMÁS (que trágicoooo), aunque nunca se sabe…
Le conocí en Tübingen, no sé muy bien hace cuanto tiempo, a veces me parece que le conozco de toda la vida. Ocurre cuando encuentras gente con la que conectas. Con Javi tengo ese tipo de relación basada en un “puteo mutuo” muy sano y muy divertido, que permite que hablemos de cualquier tema y aunque opinemos de forma muy diferente no nos enfademos.
Es una de las personas más trabajadoras e inteligentes que conozco. Rompe con el estereotipo popular de español: madruga sin problema para trabajar, incluso cuando ha salido de fiesta la noche anterior, es muy puntual y responsable. En fin, un partidazo!!
Es la primera persona que conocí, junto con Ana, con una beca post-doctoral. Debido a mi edad no tengo muchos amigos doctores, pero post-doctores menos! Jeje.
El doctor Valls es, además de todo esto, un pedazo de pan, siempre dispuesto a echar una mano y a dar una oportunidad a aquellos que le decepcionan una y otra vez. Es sincero, de buen corazón, generoso, de ideas firmes y con mucho carácter. Algunas personas detestan que siempre esté haciendo bromas y chistes de contenido sexual o que emplee lenguaje más o menos vulgar en determinadas ocasiones. Para mí esa es una de sus virtudes: saber emplear el lenguaje adecuado a cada tipo de conversación. Porque es importante saber hablar con corrección pero también lo es saber decir un taco bien dicho, jeje.
Sé que después de esta super descripción tan requete aduladora, estaréis todas deseando conocerle. Pues os informo de que en la actualidad tiene novia, que si la conocéis veréis que también dice mucho de él y de su forma de ver la vida.
“Yo soy yo y mis circunstancias”. Javi forma parte de mis circunstancias actuales y espero que lo siga haciendo en el futuro, aunque sea en la distancia.
Javierín: te esperamos en Galicia, para descubrir muchas cosas que seguramente te quedaron por ver y probar en esa tierra maravillosa. Y te esperamos en Tübigen o en donde sea que vivamos siempre que quieras.
Foto: Javi y persona anónima en el Ammerschlag, un bar de Tübingen

Próximamente: Gémminis emigra a Madrid!! Este ano imos ter case máis amigos en Madrid que en Galicia!! Ej que…

1.8.07
CARNEIRO AO ESPETO
Amiguiñ@s!!
Xa estou de volta. E vou facer unha breve actualización só para contarvos q este domingo pasado estivemos na festa do Carneiro ao Espeto en Moraña e que o pasamos xenial.

Como vedes na foto, puxémonos como o kiko!!! jeje. Pasámolo en grande. 21 amiguiños e amiguiñas xuntos ao redor dun xantar riquísimo. Espero que repitamos.
E despois bañámonos no río/estanque que había preto. Todas e todos en roupa interior porque non levabamos bañador, pero foi moi divertido. A intrépida de Gemma foi a primeira que conquistou o teito dunha casa afundida no río e despois fomos tod@s nadando ata alí. Toda unha aventura.
Peti, o can do meu irmán, disfrutou como nunca. Nadou, retozou na herba e xogou todo o que puido.
Rober: manda máis fotos coma esta!!! Quéroas todas!! As do baño incluídas!!! (Rober foi o reporteiro gráfico oficial da festa).
O ano que ven iremos preparados, con neveiras, tortillas, ensalada, crema de augardente (para que non teñan que regalárnola os da mesa do lado - que riquiños!!-) e con bañador e toalla, para botar uns largos no río!!!
Un bico para todas/os e a ver se o ano que ven vos animades e imos 40!! Que non sabedes o que perdestes!!!
Especial mención e agradecemento @s da Coru que viñeron: Gemma, Anita, Peti e meu irmán, que son @s que sempre se apuntan a un bombardeo e non me deixan quedar mal, pq se non nunca levaría amiguiñ@s aos eventos!!!
PRÓXIMAMENTE: Post dedicado ao Licenciado en Dereito máis guapo e simpático con bolsa Post-doutoral en Tübingen que coñezo!!! JAVIERÍN, PREPÁRATE....

8.7.07
En veran: Festichan + Rapa das Bestas

Ola amiguiñ@s!
Había tempo que non actualizaba. As opos téñenme aillada do mundo real. E total pá ná, pq entreguei unha programación sen "arcoiris" na portada así q non creo q aprobe, jeje. Os de infantil teñen a fama q teñen por algo...
Prometín actualizacións frecuentes e breves. O primeiro non o cumprín moito pero tentarei cumprir o segundo.
O venres estivemos no Festichán no Chan da Arquiña (Península do Morrazo). Escoitamos a "Los Remendaos", "Dios que te Crew" e a "Obrint Pas". Estivo guai, pero ao final non quedamos a durmir. Había moitísima xente. Supoño que todos e todas as que non foron a Ortigueira.
A foto é da Rapa das Bestas en Sabucedo. Estivemos onte no primeiro curro Laura, Dolo, Carlos, Rober, Aitor e mais eu. Unha pasada!! Xa vos digo que o plan para o ano que vén é ir alí e acampar para pasar uns días en Sabucedo, pq había un ambientazo. Paga a pena ir ver unha rapa. En serio, é incrible!! Se queredes saber máis entrade en
http://www.riasbaixas.org/
Outras novidades:
- só me queda un exame das opos.
- Gemmis abandonou o seu encerro (pero aínda non a vin).
- Olalla está en Uganda, de misión humanitaria. E como di David, o do antiguo Moncho, "vuestra amiga salvando vidas y vosotras aquí, trujeando". Pozí. Enviémoslle ondas positivas a Lali para que todo saia ben por alá e esperemos que sexa unha experiencia que lle cambie a vida.
- Aitor está por aquí uns días para facer a defensa das opos.
Na pandi de Vigo tamén hai algunhas novidades pero non sei se estou autorizada a facelas públicas así que deixámolo para máis adiante.
E nada, hoxe domingo estaremos na casa, de preguiceiros, e ao mellor imos ao cine. Sen máis déixovos até o próximo post, desexándovos un feliz mes de xullo e que disfrutedes do voso tempo libre, por escaso que sexa para algunhas e algúns.
Biquiños a centos!!! Coidádevos!!!
14.6.07
Teatro + circo
A compañía Pistacatro coproduce co Centro Dramático Galego "Kamikaze", que supón a primeira incursión do ente público no espectáculo circense. Segundo aseguraba onde a directora do CDG Cristina Domínguez, esta proposta é "histórica". A obra poderá verse a partir do vindeiro xoves no Salón Teatro de Compostela, e pretende ser, segundo os seus intérpretes, "a punta de lanza de todo o movemento do novo circo que existe en Galicia".
Estarán de xoves a domingo. Haberá que ir velos!! Un deles é curmán de Rober! (si, o partidaso) jeje.
Máis información pinchando aquí!
Biquiños!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)